Se solicitó a la Consellería de Cultura de Galicia la geolocalización y delimitación de yacimientos arqueológicos (2018-2019). El solicitante alegó que solo se le facilitaron memorias técnicas sin datos de geolocalización. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando a la Consellería a dictar una resolución expresa sobre la solicitud.
Puntos clave de la argumentación
1
La información pública comprende contenidos o documentos, independientemente de su formato, elaborados o adquiridos en el ejercicio de las funciones públicas.
2
El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición.
3
Se considera que la información técnica fue proporcionada correctamente mediante la entrega de memorias y la facilitación de un enlace al visor de aprovechamientos forestales de la Xunta.
4
La administración omitió dictar y notificar una resolución expresa sobre la solicitud de acceso a la información, incumpliendo el procedimiento establecido en la Ley 1/2016.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vistas ás reclamacións presentadas por
mediante escrito do 21 de marzo de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.
presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 21
de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra o contido da documentación á que se
lle deu acceso polo Servizo de Arqueoloxía da Consellería de Cultura, Educación e
Universidade en resposta á súa solicitude de consulta da xeolocalización e delimitación dos
xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de Galicia (25 lotes),
elaborada nos anos 2018-2019 pola empresa Locis Sigtech Soluciones Sostenibles, S.L.L para
a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Lote 8, lote 9, lote 10, lote11.).
A no seu escrito de reclamación, en resumo expón que con data do 26 de outubro
de 2021, o xefe do Servizo de Arqueoloxía, comunicoulles que debían concertar unha cita para
poder consultalas, cita que se fixou o 3 de marzo de 2022, na que no Servizo de Arqueoloxía
se lle deu acceso a 4 breves memorias técnicas que considera que non é o traballo de
Xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade
Autónoma de Galicia elaborada nos anos 2018 -2019 pola empresa Locis Sigtech Soluciones
Sostenibles, S.L.L e adquiridos no exercicio das súas funcións pola Consellería de Cultura, xa
que nesas breves memorias técnicas non aparece ningunha xeolocalización de ningún
xacemento arqueolóxico.
Tras a súa consulta manifestaron que non se lles estaba dando acceso á documentación
solicitada, feito este que manifestan que recoñeceu o xefe do Servizo, e que xustificou
argumentando que, en virtude do Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a
actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería de Cultura non
tiña obriga de facilitarlles máis que as 4 memorias técnicas.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada con sinatura electrónica de
, e do DNI do representante.
Segundo. Con data 28 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 31 de marzo de 2022.
Terceiro. Con data do 26 de abril de 2022 a Consellería de Cultura, Educación e Universidade
contesta a petición remitindo informe.
Nese informe, en resumo, se indica que o contrato de servizo denominado Xeolocalización e
delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de
Galicia (25 lotes), consistía, na realización dunha prospección arqueolóxica, segundo un
proxecto técnico que cumpría desenvolver e que acompañaba aos pregos do contrato, e que
é accesible na plataforma de contratos públicos de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se
regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma, dunha actuación arqueolóxica,
unha vez depositados os materiais arqueolóxicos e presentada a memoria correspondente da
actuación, quedarán a disposición do público en xeral co fin de facilitar outros estudos e
investigacións.
O alcance do contrato era a execución dos traballos de xeolocalización e delimitación dos
xacementos arqueolóxicos que se coñecen na comunidade autónoma de Galicia, segundo as
determinacións do proxecto arqueolóxico, do Pregos de cláusulas administrativas e
prescricións técnicas que rexe a contratación, entrega das delimitacións, información
patrimonial e documentación gráfica en soporte dixital, e entrega dunha Memoria Técnica ao
rematarse a intervención (en soporte papel e dixital) na que se recolla o ámbito de traballo,
metodoloxía e resultados acadados (número de xacementos xeolocalizados e delimitados por
concellos, indicación das modificacións de datos, baixas ou novos xacementos localizados),
segundo as instrucións que se diten pola Dirección Xeral.
Cada xacemento debía ser convenientemente localizado e identificado e o sitio debería ser
delimitado en campo mediante o emprego dun GPS de precisión submétrica (mínimo) e cada
ben arqueolóxico debería delimitarse en gabinete mediante o emprego de software de SIX a
partir dos datos tomados en campo co GPS, os datos PNOA25 (fotografía aérea, datos LiDAR,
etc.) e a información histórica do ben, e a captura dos elementos arqueolóxicos debía facerse
mediante a dixitalización dun polígono pechado.
Para a memoria técnica o servizo estableceu un modelo común de memoria para todos os
lotes.
As empresas debían entregar en formato dixital os ficheiros brutos do(s) GPS co(s) que se
tomaron as coordenadas de todos os xacementos arqueolóxicos, tanto orixinais como
exportados a formato de folla de cálculo e/ou formato compatible con software SIX (SHP),
ficheiro SHP ou Geodatabase de Esri coas delimitacións dos bens arqueolóxicos e o modelo de
datos cuberto, ficheiros de texto (formato TXT) coa descrición textual e dimensións dos bens
arqueolóxicos, a totalidade das fotografías obtidas durante o proceso de traballo en formato
JPEG e/ou TIFF e as fichas históricas dos bens arqueolóxicos en formato PDF para cada
xacemento arqueolóxico.
Para nos lotes solicitados (8, 9, 10 e 11) que comprendían 43 concellos nos que se revisaron
un total de 3.777 sitios arqueolóxicos, a empresa adxudicataria entregou 43 ficheiros brutos
cos datos de GPS (un por concello), 43 ficheiros de delimitación dos xacementos arqueolóxicos
en formato SHP (un por concello), 3.777 carpetas dentro das que hai un ficheiro de texto coa
descrición do sitio arqueolóxico, 17.321 fotografías en formato JPEG, 5.417 fichas históricas
do ben en formato PDF.
Os ficheiros de delimitación dos xacementos arqueolóxicos xa son de consulta pública a través
do visor de aproveitamentos forestais da Xunta de Galicia a través do link que indica, tal e
como se lle indicou á no escrito de resposta.
As fichas históricas en formato PDF que son documentos que xa obraban en poder do Servizo
de Arqueoloxía eran e seguen a ser de consulta pública para toda a cidadanía, pero non son
en realidade froito do traballo da empresa adxudicataria do contrato, como xa ten
comprobado a en numerosas ocasións.
O servizo de Arqueoloxía xa puxo a disposición da
as memorias técnicas das catro intervencións arqueolóxicas, que son os documentos
elaborados a partir do contrato de servizo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Non consta que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ditase resolución expresa
sobre a solicitude, senón un oficio do Xefe do Servizo de Arqueoloxía, tras o que, con data do
3 de marzo de 2022, os representantes da acudiron a consultar a documentación
obxecto deste recurso, polo que procede admitir a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou acceso á xeolocalización e delimitación dos xacementos
arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de Galicia elaborada nos anos 2018-
2019 por unha empresa contratada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria.
Tal e como figura no informe da Consellería, as empresas adxudicatarias do contrato, debían
entregar unha memoria Técnica, segundo un modelo elaborado polo servizo, que foi o que o
servizo de Arqueoloxía puxo a disposición da solicitante, correspondente ás catro
intervencións arqueolóxicas, que son os documentos elaborados a partir do contrato de
servizo que se solicitou.
Como se lle indicou á no oficio remitido polo Xefe do Servizo de Arqueoloxía, os
ficheiros de delimitación dos xacementos arqueolóxicos son de consulta pública a través do
visor de aproveitamentos forestais da Xunta de Galicia, e nese oficio, se lles indicou o link para
acceder aos mesmos.
Non consta, por non manifestarse por parte da reclamante, que tentaran acceder
á información solicitada a través do dito link e non lles fora posible, polo que considérase que
a información se lles proporcionou correctamente, mediante o acceso ás memorias
correspondentes aos lotes solicitados, resultado do contrato de Xeolocalización e delimitación
dos xacementos arqueolóxicos e indicación do link para o acceso aos ficheiros de localización.
Porén, non consta que pola Consellería se ditase e notificase resolución expresa sobre a
solicitude de acceso á información, polo que procede, de conformidade co disposto no artigo
27 da Lei 1/2016, que polo órgano competente, se dite resolución expresa polo órgano que
corresponda, segundo o parágrafo 4 do dito artigo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
ACORDA
Único: Estimar a reclamación presentada por con
data do 21 de marzo de 2022, debendo a Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ditar resolución expresa sobre a solicitude de acceso á información presentada pola dita
con data do 1 de outubro de 2021, de consulta da xeolocalización e delimitación
dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de Galicia
elaborada nos anos 2018-2019.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:49:39 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.