Una asociación solicitó a la Dirección Xeral do Patrimonio Cultural la consulta y copia de expedientes ya concedidos, alegando demoras en el acceso efectivo. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por falta de objeto, ya que no se impugnaba la resolución sino su ejecución, aunque señaló que la Administración erró al afirmar que no existen plazos para el acceso.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es inadmisible por carecer de objeto, ya que no se cuestiona la falta de resolución ni el contenido de la misma, sino la dilación en la ejecución del acceso efectivo a la información.
2
Se rechaza el argumento de la Consellería de que la normativa no establece plazos para el acceso a la información pública.
3
Según el artículo 22.1 de la Ley 19/2013, cuando no sea posible dar acceso en el momento de la notificación, este deberá otorgarse en un plazo no superior a diez días.
4
El derecho de acceso implica que, al concederse la información, esta debe estar ya preparada para su entrega, salvo oposición expresa de un tercero.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vistas as reclamacións presentadas por
, mediante escrito do 28 de marzo de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.
presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o
28 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a demora na consulta e copia de varios
expedientes relacionados con 4 denuncias realizadas pola ante a Dirección Xeral
do Patrimonio Cultural, concedidos por resolución da dita Dirección Xeral do 21 de decembro
de 2021.
En resumo a interesada indica que con data do 23 de novembro de 2021 solicitou
consulta e copia de varios expedientes relacionados con 4 denuncias realizadas pola
ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, das que se lle foi concedido o acceso,
previa coordinación co Servizo. Con data do 15 de febreiro e 1 de marzo de 2022 a
solicitou coordinar a data de consulta, solicitude que foi reiterada con data do 24 de marzo á
que se lle contestou que a solicitude será atendida o antes posible, na medida das
posibilidades deste Servizo.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada con sinatura electrónica de
asociación, e do DNI do representante.
Segundo. Con data 29 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 1 de abril de 2022.
Terceiro. Con data do 28 de abril de 2022 a Consellería de Cultura, Educación e Universidade
contesta a petición remitindo informe.
Neste informe se indica que con data do 21 de decembro de 2021, ditáronse varias resolucións
da Dirección Xeral Patrimonio Cultural, de concesión de acceso a expedientes relacionados
con catro xacementos da provincia de Lugo, solicitados pola reclamante, nas que
se lle concederon acceso a 67 expedientes, que se atopan en diferentes formatos e en
distintos arquivos, que é necesario solicitar e agrupar e dixitalizar. Dende o departamento
correspondente indicóuselle á que a súa solicitude sería atendida no momento en
que toda a documentación á que se lle concedeu acceso estivese dispoñible e sempre tendo
en conta que a normativa non establece prazo algún para o acceso. Considera que non se
estivo dilatando o acceso dado que das múltiples solicitudes de acceso á información pública
realizadas por todas foron atendidas na marxe de 10 días dende a
solicitude de data de acceso.
Indica que con data do 25 de abril de 2022 envióuselle un correo electrónico á para
concertar a día de acceso á documentación, que foi acordado coa mesma.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O obxecto dunha reclamación en materia de transparencia, é a falla de contestación a unha
solicitude de acceso á información ou a desconformidade coa resolución pola que se resolve
a mesma, segundo establece o artigo 24 da Lei 19/2013 citado.
No presente caso, o obxecto do escrito de reclamación, é o que se considera dilacións
indebidas no acceso efectivo a unha información sobre a que se ditou resolución expresa
concedendo o mesmo. Non existe por tanto reclamación contra a falla de resolución, nin
contra a resolución expresa, polo que procede a inadmisión da reclamación presentada, ao
carecer esta de obxecto.
O escrito presentado pode considerarse un escrito de queixa por retraso na execución da
resolución ditada, é dicir, no acceso efectivo á información, polo que faise necesario facer
constar que non se pode compartir a afirmación feita no informe remitido pola Consellería,
de que a normativa non establece prazo algún para o acceso. Respecto dos prazos de
contestación a unha solicitude de acceso á información, o artigo 20.1 da Lei 19/2013, sinala
que a resolución na que se conceda ou denegue o acceso deberá notificarse ao solicitante e
aos terceiros afectados no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órgano
competente para resolver, prazo que pode ampliarse por outro mes no caso de que o volume
ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e previa notificación
ao solicitante. O artigo 22.1, establece que cando non poida darse o acceso no momento da
notificación da resolución, deberá outorgarse en calquera caso, nun prazo non superior a dez
días. O anterior implica que no momento de terse concedido o acceso á información, esta
debe estar xa preparada para a súa entrega ao solicitante nese prazo, agás nos casos nos que
exista no período de audiencia, oposición expresa dun terceiro (artigo 22.2 da Lei 19/2013).
Na maior parte das ocasións o auténtico valor do dereito de acceso á información reside en
que os solicitantes de acceso poidan obter con inmediatez unha información que só lles
outorga unha vantaxe exclusiva se non se dilata a súa entrega. Por este motivo, a excepción
ao principio de executividade inmediata dos actos administrativos e de accesibilidade máxima
que inspira a transparencia establecida no artigo 22.2, esixe un requisito fundamental, que é
a existencia de oposición dun terceiro cuxos dereitos ou intereses poidan resultar afectados
pola concesión da información, circunstancia que neste caso non consta que existira.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por
contra a Reclamación contra a demora na
consulta e copia de varios expedientes relacionados con 4 denuncias realizadas pola
Asociación ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, concedidos por resolución da dita
Dirección Xeral do 21 de decembro de 2021.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:53:29 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.