El ciudadano solicitó a la Consellería de Facenda e Administración Pública información sobre denuncias de juego, responsabilidad patrimonial y bienes del titular. Alegó que la administración mintió al negar la existencia de denuncias y ocultó cargos empresariales. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación porque el recurrente no fundamentó la nulidad del acto, sino que cuestionó la veracidad de los datos.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se limita a aquella información que esté efectivamente existente y disponible en poder del organismo en el momento de la solicitud.
2
La información solicitada debe haber sido elaborada o adquirida por la administración en el ejercicio de sus competencias.
3
Las reclamaciones contra resoluciones de acceso a la información deben fundamentarse en motivos de nulidad o anulabilidad previstos en la Ley 39/2015.
4
La mera afirmación de que la información remitida es falsa, sin acreditar que la resolución sea contraria a derecho, no es motivo suficiente para estimar la reclamación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por
mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 29 de marzo de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día Haga clic aquí para escribir una fecha.,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.
presentou, mediante escrito con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 29 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo
do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e
Administración Pública do 21 de marzo de 2022, pola que se resolve a súa solicitude de acceso
á información sobre denuncias en materia de xogo, reclamacións de responsabilidade
patrimonial iniciadas pola Consellería e actividades e bens patrimoniais do titular da mesma.
A interesada en resumo, alega que recibiu a resolución na que se indica respecto do
número de denuncias contra os grandes operadores do Xogo de Galicia dos últimos tres anos
non se ten constancia de ningunha denuncia presentada non ámbito dás competencias da
Consellería de Facenda e Administración Pública e considera que é falso e remite varias
denuncias e procesos administrativos e xudiciais nos que a propia Consellería ofrece
documentos e resolucións con claros e evidentes indicios de delitos (denuncia de maquina
comecartos nun local sen licenza, denuncia de furto dentro dun salón de xogo). Sobre as
declaracións de actividades e de bens patrimoniais do titular da Consellería considera que se
está a ocultar o seu cargo nunha empresa
Segundo. Con data do 11 de Abril de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de abril de 2022.
Terceiro. Con data do 22 de abril de 2022, a Consellería de Facenda e Administración Pública
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que o interesado indica na súa reclamación que na
Resolución do 21 de marzo de 2022 se conteñen datos presuntamente falsos ou se lle oculta
información, achegando para demostralo numerosa documentación do máis diversa, confusa
e inconexa.
Respecto á información sobre o número de denuncias contra os grandes operadores de xogo
en Galicia, presenta, entre outra documentación, unha denuncia privada por un furto nun
establecemento de xogo, unha resolución de actuacións previas da Axencia de Protección da
Legalidade Urbanística por denuncia de obras realizadas nun local de hostalería sen licenza e
unha denuncia presentada ante a Agencia Estatal de Administración Tributaria por fraude
nunha máquina operadora de apostas, que nada ten que ver coas competencias da consellería
respecto da información solicitada.
No que se refire información referente á declaracións de actividades e de bens patrimoniais
do titular da Consellería o interesado alega a existencia de ocultación do cargo do titular da
Consellería como conselleiro dun grupo enerxético e remite entre outra documentación, un
informe sobre as retribucións individuais dos conselleiros desa sociedade anónima, entre os
que non figura o titular da Consellería
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 67 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 67.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 67.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que a resolución contra a que se recorre ten data do 21 de marzo de 2022 e a
reclamación presentouse con data do 29 de mesmo mes, debe admitirse a mesma por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A reclamante solicitou da Consellería de Facenda e Administración Pública
información sobre o número de denuncias en materia de xogo (grandes operadores,
inspectores de xogo), reclamacións de responsabilidade patrimonial, e informe sobre falla
dunha información nunha declaración de compatibilidade.
A Consellería resolveu conceder o acceso á información solicitada, indicando na mesma que
sobre non se ten constancia de ningunha denuncia presentada, no ámbito de competencias
da Consellería, contra os grandes operadores do xogo en Galicia nos últimos tres anos, non
ten constancia de ningunha actuación disciplinaria contra ningún funcionario que ocupe
postos de inspección de xogo na Xunta de Galicia, nin ten constancia de reclamación de
responsabilidade patrimonial pola Consellería contra actuacións dos seus responsables.
Respecto das declaracións de actividades e bens patrimoniais do titular da Consellería, é a que
figura da páxina web, da que se indica como acceder a el na resolución.
De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información existente e dispoñible,
en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce a
solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio das súas
competencias.
De conformidade co disposto nos artigos 28 da Lei 1/2016 e 24 da Lei 19/2013 en relación co
disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas, as reclamacións que se interpoñan contra as resolucións
en materia de acceso á información poderán fundarse en calquera dos motivos de nulidade
ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 desta Lei. No presente caso, o interesado non
combate os motivos de inadmisión da resolución que impugna, nin fundamenta a súa
reclamación en ningún motivo de nulidade ou anulabilidade da resolución impugnada, senón
que se limita a afirmar que a información remitida e falsa, achegando documentación non
relacionada coas competencias da consellería respecto da información solicitada.
De acordo co anterior, ao non alegarse motivos que acrediten que a resolución ditada pola
Consellería non é axustada a dereito, procede a desestimación da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por
con data do 29 de marzo de 2022, contra a Resolución da Secretaría Xeral
Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública do 2 de marzo de
2022, pola que se resolve a súa solicitude de acceso á información sobre denuncias en materia
de xogo, reclamacións de responsabilidade patrimonial iniciadas pola Consellería e actividades
e bens patrimoniais do titular da mesma.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 12:59:24 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.