Una ciudadana solicitó al Concello de Vigo copia de la documentación y actas del Pleno relativas a la aprobación y rectificación del Inventario municipal de bienes (2012-2021). Tras el silencio administrativo y un requerimiento de concreción, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y obliga al Ayuntamiento a facilitar la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La remisión genérica al portal de transparencia no es suficiente; es necesario proporcionar el enlace exacto y preciso que lleve directamente a la información solicitada sin necesidad de búsquedas sucesivas.
2
No es admisible requerir al ciudadano que concrete la información cuando la solicitud ya define perfectamente la documentación, siendo responsabilidad de la Administración localizarla o ampliar el plazo de resolución por complejidad.
3
La documentación sobre modificaciones del inventario de bienes debe constar en el propio inventario o en el expediente administrativo del departamento de Patrimonio, no pudiendo trasladarse la carga de búsqueda al solicitante.
4
La entrega de información en expedientes de reclamación distintos no constituye causa de denegación para una nueva solicitud de acceso a información diferente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 28
de febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio
de 2022, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 5 de abril de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o
Concello de Vigo, de acceso a copia da dilixencia, resolución ou documento relativo ás
aprobacións, rectificacións e comprobacións do Inventario municipal de bens do Concello
levadas a cabo desde o ano 2012 a 2021, e copia das actas do Pleno da Corporación Local
desde o ano 2012 a 2021 nas que se adoptou o acordo de aprobación, rectificación ou
comprobación do inventario municipal de bens.
A reclamante indicaba que solicitou información en relación ao cumprimento da legalidade
vixente respecto do inventario de bens municipal, concretamente ao cumprimento dos
trámites e requisitos que esixe o Regulamento de Bens das entidades locais, sen recibir
contestación algunha.
Con data do 20 de abril de 2022, a interesada remite escrito no que comunica que o Concello
de Vigo, requiriulle para que aclare a súa solicitude, alegando que a solicitude formulada
abarca a revisión das actas desde o anos 2012 ao 2021.
Considera que o requirimento non é máis que unha forma de dilatar a contestación á súa
solicitude posto que as dilixencias que reflicten as actas de aprobación, rectificación ou
comprobación do inventario municipal de bens deben constar unidas no propio inventario
municipal de bens, ou no seu caso, no expediente administrativo que para o efecto figure no
departamento de Patrimonio do Concello de Vigo, e no que se recollan todas as vicisitudes
relativa ao devandito inventario, polo que non é o cidadán o que ten que sinalar os
documentos no que a administración municipal dea cumprimento ao que vén obrigado pola
Lei.
Segundo. Con data do 11 de abril de 2022 déuselle traslado da documentación achegada pola
reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de abril de 2022.
Con data do 21 de abril de 2022, remitíuselle ao Concello o escrito remitido pola interesada
con data do 20 de abril de 2022.
Terceiro. Con data do 26 de abril de 2022 o Concello de Vigo contesta a petición remitindo
informe sobre a reclamación presentada.
Neste informe, en resumo, indícase que a interesada solicitou acceso a copia da dilixencia,
resolución ou documento relativo ás aprobacións, rectificacións e comprobacións do
Inventario municipal de bens do Concello de Vigo levadas a cabo desde o ano 2012 a 2021 e
no seu caso, informe relativo á inexistencia dos devanditos documentos e copia das actas do
Pleno da Corporación Local nas que se adoptaron acordos nese senso.
En informe do 25 de marzo de 2022, o servizo de Patrimonio sinala que xa se ten facilitada en
diversas ocasións á información sobre o IMBD e o estado dos traballos de revisión e
actualización deste que se levan a cabo na actualidade. Os acordos ou resolucións que na
tramitación de expedientes polos distintos servizos municipais, no período interesado,
puideron dar lugar a unha actuación puntual sobre determinados datos do IMBD
(alta/baixa/rectificación), figurarán nos libros de actas dos órganos de goberno municipal que
constan na secretaría municipal, actas que están dispoñibles para a súa consulta no portal de
transparencia do Concello.
En data 18.04.2022 a través do rexistro electrónico municipal requiriuse ao abeiro do artigo
68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común e a vista da
amplitude da solicitude que concretase a información solicitada.
Indica que no expediente de reclamación , xa se informou á reclamante e
facilitóuselle o acceso os datos que, sobre determinadas vías da rúa Milladas constan no
inventario.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Vigo non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que
polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou o acceso á documentación administrativa existente no Concello sobre
as modificacións do Inventario municipal de bens do Concello nos anos 2012 a 2021, e ás actas
do Pleno nas que se adoptasen os ditos acordos, documentos que deben constar unidas no
propio inventario municipal de bens, ou no seu caso, no expediente administrativo que para
o efecto figure no departamento de Patrimonio do Concello de Vigo, polo que non é o cidadán
o que ten que sinalar os documentos no que a administración municipal dea cumprimento ao
que vén obrigado pola Lei.
O Concello no informe remitido, non nega que esa documentación administrativa deba
constar no propio inventario municipal.
Carece de relevancia neste expediente o informe do servizo de Patrimonio ao que fai
referencia o informe do Concello, no que se sinala que xa se ten facilitada en diversas ocasións
a información sobre estado dos traballos de revisión e actualización do inventario, xa que o
contido da solicitude refírese ás modificacións, actualizacións e rectificacións que se fixeron,
non as que se están a facer na actualidade.
Non pode por outra banda admitirse como pretende o Concello, que a interesada revise as
actas dos órganos de goberno municipal no portal de transparencia na busca de aqueles nos
se adoptou algún acordo sobre o inventario. Si os acordos, como é o lóxico, constan no propio
inventario municipal de bens, deben proporcionárselle á interesada polo concello. En caso de
non ser así, a resolución que se dite, debe indicar o link concreto para acceder directamente
á información, xa que se ben o artigo 22.3 da Lei 19/2013, establece que se a información xa
foi publicada, a resolución que resolva a solicitude de acceso poderá limitarse a indicar como
pode accederse a ela, como establece o criterio interpretativo 9/2015, do Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno, en ningún caso é suficiente unicamente a remisión xenérica
a portal ou á sede ou páxina web, senón que é necesario que se concrete sinalando
expresamente o link que accede á información e, dentro deste, os epígrafes, capítulos, datos
e informacións exactas que se refiran ao solicitado, sendo requisito que a remisión sexa
precisa e concreta e leve, de forma inequívoca, rápida e directa á información sen necesidade
de requisitos previos, nin de sucesivas procuras.
Por tanto, o órgano reclamado pode elixir entre ofrecer a información solicitada por vía do
exercicio de dereito de acceso exposto, ou ofrecer o link ou ligazón exacta que ofreza de forma
directa a información de que se trate.
Por outra banda, non pode considerarse acorde coa normativa en materia de transparencia o
requirimento remitido á interesada de que concrete a información solicitada por considerar
que a mesma é moi ampla, xa que na súa solicitude, concreta perfectamente a documentación
á que solicita o acceso. Se a dificultade do Concello é localizar a información da que afirma
que figura na súa web, debería terse ditada resolución de ampliación do prazo para resolver,
de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 19/2013, motivándoo adecuadamente xustificado
no volume ou complexidade da información que se solicita, comunicándollo á interesada.
Por último, respecto da información que se lle proporcionou á interesada no expediente de
reclamación desta Comisión ( ), dado que a información solicitada nese
expediente non é a mesma que no presente, non pode considerarse como causa de
denegación da mesma, como parece deducirse do informe do concello.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o Concello de
Vigo, de acceso a copia da documentación administrativa aprobación, rectificación e
comprobación do Inventario municipal de bens do Concello levadas a cabo nos anos 2012 a
2021, e copia das actas do Pleno nas que se adoptaron os ditos acordos.
Segundo: Instar a Concello de Vigo, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Concello de Vigo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:50:13 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.