Una ciudadana solicitó a la Consellería do Mar documentación sobre planes de explotación marisqueira, informes biológicos y concesiones. Tras recibir acceso parcial y alegar que la información era obsoleta o incompleta, la Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación, obligando a entregar la información actualizada y los informes técnicos.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso implica recibir respuestas documentadas, completas y actualizadas, por lo que no basta con remitir listados obsoletos o caducados.
2
La denegación basada en el carácter 'auxiliar o de apoyo' de los informes biológicos es improcedente, ya que estos son documentos básicos y obligatorios para la aprobación de los planes de gestión según la Circular MA-01-2021.
3
No se acredita el carácter abusivo de la solicitud basándose solo en el volumen de documentos (260 planes), especialmente cuando están digitalizados en sede electrónica y su entrega no paraliza la actividad administrativa.
4
La respuesta de la Administración es correcta únicamente respecto a las resoluciones de explotación en exclusividad, ya que se ha comunicado debidamente que dicha información no existe.
5
La solicitud se considera concretamente identificada al haber enumerado la interesada las entidades (confrarías, OPPS y cooperativas) en su escrito de concreción.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por
, mediante escrito do 7 de abril de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.
presentou, mediante escrito con certificado de Correos do 4 de abril de 2022 e
con entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 7 de abril de 2022, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, contra a Resolución do 1 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da
Consellería do Mar, de acceso á documentación relacionada cos plans de explotación
marisqueira e plans de xestións de recursos específicos e información sobre autorizacións e
concesións.
O reclamante en resumo indica que se lle da un acceso parcial remitíndolle unha listaxe de
autorizacións e concesións administrativas outorgadas ás Confrarías de Pescadores,
Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPPS) e cooperativas, que están obsoletas,
caducadas ou con necesidade de prórroga a petición dos beneficiarios das autorizacións, sen
poñer de manifesto as autorizacións que na actualidade están en vigor e ás que se supón, fan
referencia os plans de explotación e xestión.
Respecto dos informes biolóxicos, a resolución da Secretaría Xeral lle confire a consideración
de carácter auxiliar ou de apoio e teñen carácter interno, ademais de que é un volume amplo
e que atender a petición supoñería unha paralización da xestión da actividade do
departamento, fronte ao que considera que non se axusta á realizade, xa que os informes que
se inclúen nos plans de explotación/xestión son documentos básicos, necesarios e
obrigatorios para a aprobación dos plans de xestión, polo que todas as entidades promotoras
de plans de xestión, deben obrigatoriamente incluír os informes biolóxicos segundo consta na
circular MA-01-2021 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e deben ser
presentados por sede electrónica, polo que non poden ter carácter auxiliar, e están todos
dixitalizados polo que o acceso aos mesmos, non paralizaría a actividade da Administración
pesqueira.
En relación ás fichas dos plans de explotación, afirma que na web da Consellería do Mar, non
hai nin unha soa ficha completa de ningún plan de xestión aprobados pola Consellería e nas
mesmas non hai datos de carácter persoal, polo que non dar acceso ao contido dos plans
alegando protección de datos de carácter persoal, non se axusta á realidade.
Considera a reclamante que non é certo o que indica a resolución recorrida, dado
que se identifica totalmente o solicitado, ben na propia solicitude, ou ben na contestación do
requirimento do 3 de febreiro de 2022, que non é un volume excesivo de acceso a
información, dado que cada un dos plans de xestión aprobados e dos que se pide acceso
contén información distinta, informes de afectación sobre as zonas de extracción de semente
de mexillón e percebe distintos, e propoñen zonas de restrición de acceso para a extracción
da semente de mexillón distintas, en resumo, cada plan de xestión contén información
distinta, polo que non se pode aceptar como causa de inadmisión que é un volume elevado
de acceso a información.
O escrito viña asinado electronicamente con sinatura , acompañado de
copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 11 de abril de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería do Mar para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de abril de 2022.
Terceiro. Con data do 27 de xuño de 2022 Consellería do Mar contesta a petición remitindo o
informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 3 de febreiro, ao non identificar de forma
concreta a información solicitada, requiríuselle para que a concretase, achegándose pola
un escrito no que reitera a información solicitada.
Coa resolución de concesión parcial, remitíuselle o listado de autorizacións e concesións
administrativas achegado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Sobre as
resolucións de explotación en exclusividade, informóuselle de que tales resolucións non
existen, dado que a actividade de marisqueo de recursos específicos e de algas realízase ao
abeiro de plans de xestión. Respecto dos informes técnicos e biolóxicos utilizados na
elaboración dos plans, inadmitiuse o acceso á información ao considerarse que tales informes
teñen a condición de auxiliar ou de apoio, ademais de considerar abusiva tal solicitude dado
o número de plans (arredor de 260) que se aproban mediante as Ordes do 21 de decembro
de 2020 e do 22 de decembro de 2021. E en canto á solicitude de documentación de todas as
confrarías de pescadores de Galicia, organizacións de produtores e cooperativas, ao non
identificar de forma concreta a información solicitada tras o requirimento efectuado a tal
efecto, inadmitiuse igualmente a solicitude neste punto.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta na documentación remitida pola reclamante, a resolución
foille notificada con data do 2 de marzo de 2022, o último día para a presentación da
reclamación foi o 3 de abril de 2022. Dado que este día era inhábil, de acordo co disposto no
artigo 30.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas, cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado
ao primeiro día hábil seguinte. De acordo co anterior, ao estar presentada a reclamación o día
4 de abril de 2022, primeiro día hábil seguinte ao 3, debe admitirse a reclamación por esta
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A reclamante, solicitou acceso ás resolucións de outorgamento de autorizacións,
resolucións de explotación en exclusividade, informes biolóxicos aportados aos plans de
explotación, informes técnicos e biolóxicos que avalan as aprobación dos plans de todas as
confrarías de pescadores de Galicia, Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPPS) e
cooperativas.
A Consellería resolveu conceder o acceso parcial á información solicitada, remitíndolle o
listado de autorizacións e concesións administrativas achegado pola Dirección Xeral de
Desenvolvemento Pesqueiro. Na reclamación presentada pola , que se remitiu á
Consellería para a elaboración do informe, alégase que a listaxe de autorizacións e concesións
administrativas outorgadas están obsoletas, caducadas ou con necesidade de prórroga, polo
que non se lles remitiron as autorizacións que na actualidade están en vigor e ás que se supón
que fan referencia os plans de explotación e xestión. A Consellería non da explicación a este
respecto, limitándose a afirmar que son as que lle remitiu a Dirección Xeral competente. O
dereito dos cidadáns, neste caso dunha , de solicitar aos suxeitos incluídos dentro
do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia
calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada,
completa, satisfactoria e actualizada, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta
indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso, a
afirma que se lle remitiu unha información desactualizada, feito este que non é
negado no informe remitido pola Consellería, polo que debe a Consellería confirmar si están
actualizadas as autorizacións e concesións remitidas, ou en caso contrario remitirlle as
actualizadas.
Sobre as resolucións de explotación en exclusividade, a Consellería comunicou á
que tales resolucións non existen. De acordo coa definición de información pública da Lei
galega 1/2016, e da Lei básica estatal 19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas
en información xa existente e dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei,
no momento no que se produce a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou
adquirida no exercicio das súas competencias.
No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou
unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose obrigatorio
facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou ben simplemente porque non é necesario
ou non é posible elaborala porque non se dan as circunstancias para facelo, o suxeito obrigado
cumpre, indicando ao solicitante con claridade, que a información solicitada non existe. De
acordo co anterior, considérase axeitada a resposta dada pola Consellería respecto da
información que non existe.
A denegación do acceso aos informes técnicos e biolóxicos utilizados na elaboración dos plans
motivouse na consideración de que tales informes teñen a condición de auxiliar ou de apoio,
e que dado o número de plans existentes, a solicitude pode considerarse abusiva.
O artigo 18.1.b) da Lei 19/2013, permite a inadmisión das solicitudes de acceso referidas a
información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contida en notas, borradores,
opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades
administrativas.
Esta causa de inadmisión suscita dúbidas interpretativas importantes ante a inexistencia na
propia disposición dunha definición da información así cualificada e a indeterminación dos
documentos nos que o precepto exemplifica a información desta clase: as notas, borradores,
opinións, resumos, comunicacións e informes internos. Documentación auxiliar ou de apoio é
un concepto xurídico indeterminado que ha de ser resolto atendendo a criterios de sentido
común, en relación co contexto en que se sitúa e ao que debe dárselle unha interpretación
claramente restritiva do ámbito de aplicación do artigo 18.1.b) da Lei, é dicir, unha
interpretación abertamente favorable ao exercicio do dereito de acceso. É a condición de
auxiliar ou de apoio da información e non a denominación formal que a mesma poida recibir
o elemento determinante para a aplicación da causa de inadmisión, polo que debe examinarse
en cada caso a información cuxo carácter de auxiliar se alega, ao obxecto de decidir si
efectivamente, conta ou non coa dita natureza, tendo en conta que o feito de que a
información solicitada non constitúa un trámite do procedemento non é en ningún caso
elemento determinante da súa natureza auxiliar ou de apoio.
O Criterio interpretativo 6/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno concreta que
a causa de inadmisión xorde ante información que conteña opinións ou valoracións persoais
do autor que non manifesten a posición dun órgano ou entidade, cando o solicitado sexa un
texto preliminar ou borrador sen a consideración de final, cando se trate de información
preparatoria da actividade do órgano ou entidade que recibe a solicitude, se refira a
comunicacións internas que non constitúan trámites do procedemento ou se trate de
informes non preceptivos e que non sexan incorporados como motivación dunha decisión
final, circunstancias que non concorren nos informes técnicos e biolóxicos, xa que segundo o
escrito de reclamación e que non é negado no informe da Consellería, os informes que se
inclúen nos plans de explotación/xestión, son documentos básicos, necesarios e obrigatorios
para a aprobación dos plans de xestión e todas as entidades promotoras de plans de xestión,
deben obrigatoriamente incluír os informes biolóxicos, segundo consta na Circular MA-01-
2021 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
A Consellería denegou ademais o acceso a estes informes, por considerar que a solicitude é
abusiva, dado o número de plans que se aproban, que son arredor de 260. Respecto á causa
de inadmisión, o criterio interpretativo 3/2016 do Consello de Transparencia e Bo Goberno
establece que o artigo 18.1.e) da Lei, asocia o carácter abusivo da solicitude á condición de
que a petición non estea xustificada coa finalidade da Lei, considerando que unha solicitude é
abusiva, entre outros motivos, cando para ser atendida, requira un tratamento que obrigue a
paralizar o resto da xestión dos suxeitos obrigados a facilitar a información, impedindo a
atención xusta e equitativa do seu traballo e o servizo público que encomendaron, e así resulte
de acordo cunha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos, que non se
acreditan na resolución da Consellería impugnada, nin o informe remitido, máis ala da súa
simple alegación.
Nos casos nos que o volume ou complexidade da información que se solicita fai necesario un
proceso específico de traballo ou manipulación para conseguila, pode xustificar, como prevé
o artigo 20.1 da Lei 19/2013, unha ampliación do prazo para resolver. O simple feito de que o
número de documentos sexa elevado, non sempre xustifica que se poda inadmitir a solicitude
por este motivo, sendo necesario valorar o esforzo que para o órgano vai a supoñer recompilar
a información e a repercusión sobre o cumprimento das súas funcións que vaia a supoñer e o
interese público existente na difusión da información.
Como afirma a reclamación presentada pola , que non é negada pola Consellería,
de acordo co disposto na citada circular, todos os plans de xestión, teñen que ser presentados
expresamente por sede electrónica, e por tanto están todos en poder da Consellería e todos
dixitalizados e en arquivos PDF, ou similares, polo que non está xustificado que conceder o
acceso aos mesmos, poida paralizar a súa actividade.
Respecto do último punto, considérase que a intención da foi a de solicitar as
resolucións de outorgamento de autorizacións, resolucións de explotación, informes
biolóxicos e técnicos e biolóxicos, referido a todas as confrarías de pescadores, Organizacións
de Produtores Pesqueiros (OPPS) e cooperativas, que enumera unha a unha no escrito de
contestación á concreción da información solicitada de data 14 de febreiro de 2022, polo que
non se pode considerar que non estea identificada de forma concreta a información solicitada.
De acordo co anterior, procede a estimación parcial da reclamación presentada, debendo a
Consellería facilitar toda a información solicitada de forma actualizada, agás a referente ás
resolucións de explotación en exclusividade, sobre as que a Consellería comunicou que non
existen.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por
con data do 4 de abril de
2022, contra a Resolución do 1 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería
do Mar de acceso á documentación relacionada cos plans de explotación marisqueira e plans
de xestións de recursos específicos e información sobre autorizacións e concesións.
Segundo: Instar a Consellería do Mar, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Consellería do Mar, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:50:59 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.