Desestimada 31/05/2022 · 50 días en resolverse

Reclamación contra la inadmisión de solicitud de acceso a información sobre pagos y subvenciones públicas concedidas a personas físicas y jurídicas

Una ciudadana solicitó a la Vicepresidencia Segunda y Consellería de Economía de la Xunta de Galicia información detallada sobre pagos y subvenciones de diversos fondos públicos concedidos a siete personas físicas y jurídicas. La interesada alegó que la información es accesible mediante sistemas informáticos. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación por considerar la solicitud abusiva.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud se considera abusiva según el artículo 18.1.e) de la Ley 19/2013, al no estar justificada con la finalidad de la ley y resultar excesiva.
2 El derecho de acceso no ampara peticiones que, por su volumen y extensión, obliguen a paralizar la gestión de los sujetos obligados o requieran una reelaboración de datos no existentes de forma autónoma.
3 Existe una desproporción evidente entre la relevancia de la información solicitada para la transparencia y los recursos humanos y temporales necesarios para su obtención.
4 La solicitud es excesivamente amplia al abarcar múltiples tipos de operaciones, diversos orígenes de fondos y la totalidad de los departamentos de la Xunta y sus entes adscritos.
5 Se cita jurisprudencia del Tribunal Supremo (sentencia de 30 de mayo de 2019) para subrayar que peticiones que ocasionan una disfunción manifiesta no se ajustan al espíritu de la normativa de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 11 de abril de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 11 de abril de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 8 de abril de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso aos pagamentos, subvencións, créditos avalados, adxudicacións e calquera outro tipo de pagamentos xustificados de fondos autonómicos, nacionais, da Unión Europea, FEDER, NextGeneration ou fondos canalizados a través da Xunta de Galicia, das consellerías da Xunta de Galicia e entes adscritos. A interesada en resumo, alega que a información solicitada debería constar nos rexistros da entidade á que se lle solicita sen necesidade de reelaboración e debería obterse cun simple clic nos seus sistemas informáticos. Coa reclamación a interesada remite copia da súa solicitude e a resolución impugnada. Segundo. Con data do 18 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 20 de abril de 2022. Terceiro. Con data do 11 de maio de 2022, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que na solicitude se pide acceder a unha serie de pagamentos, créditos, avais e adxudicacións concedidos pola Xunta de Galicia e entidades adscritas en virtude de fondos autonómicos, nacionais, e da Unión Europea, particularmente fondos Next Generation e Feder. Con data do 8 de abril de 2022 ditouse resolución pola que se inadmite a solicitude acceso, dada a amplitude da mesma, xa que se refire a moi diversos tipos de operacións (pagamentos, subvencións, créditos concedidos, avais, adxudicacións...) con diferentes orixes (fondos autonómicos, nacionais, da Unión Europea, Feder, e NextGeneration e canalizados a través da Xunta de Galicia) e realizados pola Xunta de Galicia no seu conxunto e as entidades adscritas á mesma a dúas persoas físicas, dúas sociedades limitadas, unha sociedade anónima unipersoal, e dous designacións das que non se indica a súa forma xurídica polo que a heteroxeneidade da información solicitada, e a falta de detalle sobre estas designacións, dificulta aínda máis a súa localización. A Vicepresidencia Segunda non posúe a información referida a toda operación económica realizada pola Xunta de Galicia e a multitude de entes adscritos, con personalidade xurídica propia, suxeitos ao dereito público ou privado, e nalgúns casos coa súa propia tesourería, e lembra que competencia para levar o tesouro da Xunta, realizar os actos materiais de pagamento, intervir as contas públicas, e demais, corresponde non á esa Vicepresidencia, senón á Consellería de Facenda e Administración Pública e, dada a amplitude do obxecto, resulta tamén imposible dirixir a solicitude a aquelas consellerías ou entidades que puideran posuír a información, xa que non se pode determinar cales delas poden estar afectadas. Indica que na propia Vicepresidencia, existen unha multiplicidade de sistemas, arquivos e rexistros que conteñen a información organizada conforme ás necesidades do traballo das distintas unidades, e da normativa sectorial que corresponda (contratos públicos, subvencións, intervención de gasto...). Indica que a información solicitada, na forma e coa amplitude que se pide, non existe de xeito autónomo e requiriríase unha tarefa de reelaboración, localizando e agregando distintas bases de datos para obter o resultado pretendido pola persoa recorrente. En conclusión, e sen prexuízo da falta de orde e claridade no recurso, non se aprecia que se aleguen motivos adecuados de oposición á resolución. A información solicitada non existe de xeito autónomo, require reelaboración, e se pide con excesiva amplitude. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 73 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 73.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 73.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que a reclamación impugnada ditouse o 8 de abril de 2022 e a reclamación presentouse no Rexistro do Valedor do Pobo o 11 do mesmo mes, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A reclamante solicitou da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación, os pagamentos, subvencións, créditos avalados, adxudicacións e calquera outro tipo de pagamentos de fondos autonómicos, nacionais, da Unión Europea (FEDER, NextGeneration), canalizados a través da Xunta de Galicia e entes adscritos, sobre cinco persoas xurídicas e dúas persoas físicas que foi inadmitida por considerar que ten un carácter abusivo. O artigo 18.1. e) da Lei 19/2013 asocia o carácter abusivo da solicitude á condición de que a petición “non estea xustificada coa finalidade da Lei”. Deste xeito para a aplicación desta causa de inadmisión debe acreditarse que o exercicio do dereito poida considerarse excesivo, é dicir, cando non chegue a conxugarse coa finalidade da Lei. Así, unha solicitude pode entenderse abusiva cando poida considerase incluída no concepto de abuso de dereito recollido no artigo 7.2 do Código Civil e avalado pola xurisprudencia, nos supostos nos que de ser atendida, requirise un tratamento que obrigase a paralizar o resto da xestión dos suxeitos obrigados a subministrar a información, impedindo a atención xusta e equitativa do seu traballo e o servizo público que teñen encomendado, e así resulte consonte unha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos. Unha interpretación do dereito de acceso á información pública regulado na Lei 19/2013 que implique un exercicio excesivo e indiscriminado do mesmo afectaría en sí mesmo, prexudicándoo, o obxecto e finalidade da propia norma. Engadido ao anterior, a solicitude exposta debe analizarse desde a perspectiva do control da acción da Administración e a rendición de contas polas decisións públicas, tendo en conta que certamente podería cuestionarse a súa utilidade para garantir o interese común en coñecer a actuación pública, poder participar na mesma e esixir responsabilidades polas decisións dos organismos públicos; todos eles alicerces fundamentais e ratio iuris da normativa de transparencia Os Tribunais de Xustiza tamén acoutaron a importancia de aterse á finalidade da norma cando se solicita información pública (sentenza do Tribunal Supremo do 30 de maio de 2019) unha solicitude de información destas características, polo seu volume, extensión, período de tempo, identificación e medios para instrumentar a petición, alén de ocasionar unha disfunción manifesta, non deixa de ser un desiderátum non acorde co espírito e finalidade da normativa de transparencia. Unha solicitude destas características non deixa de ser unha instrumentación da normativa de transparencia cunha finalidade que non se acomoda ao espírito e finalidade da norma. De acordo co anterior, non cabe se non concluír que o tipo de información solicitada (pagamentos, subvencións, créditos avalados, adxudicacións) de calquera tipo de fondo ( autonómicos, nacionais, Unión Europea), de todos os departamentos da Xunta de Galicia e os seus entes adscritos, sobre sete persoas físicas e xurídicas, en calquera data é unha solicitude que debe considerarse como abusiva, que implicaría un inxente traballo de recompilación de información cunha evidente desproporción entre a relevancia da información solicitada para os efectos de proporcionar transparencia á actividade pública e o tempo e os recursos necesarios para obtela para a elaboración dun informe ad hoc, circunstancias estas que deben ser tidas en conta pola solicitante ao exercer o seu dereito de acceso á información pública. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por con data do 11 de abril de 2022, contra a Resolución do 8 de abril de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.06.08 11:52:12 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.