El solicitante reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia contra el presunto silencio administrativo de la Presidencia de la Xunta respecto a pagos realizados a auxiliares de dos empresas navieras. La Comisión inadmitió la reclamación al comprobar que existió una resolución expresa de inadmisión notificada previamente al interesado.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se basó en la inexistencia de respuesta en plazo, alegando la configuración de silencio administrativo.
2
La Presidencia de la Xunta acreditó que el 2 de marzo de 2022 se dictó y notificó una resolución expresa de inadmisión a la solicitud de acceso.
3
Al haberse emitido una respuesta expresa dentro del plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016, no se produjo el silencio administrativo alegado.
4
La Comisión procedió a la inadmisión de la reclamación conforme al artículo 116.c) de la Ley 39/2015, al tratarse de un acto no susceptible de recurso por no existir el silencio administrativo contra el que se recurría.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por
mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 12 de abril de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.
presentou, mediante escrito con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 12 de abril de 2022, unha reclamación ao amparo
do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información
ante a Presidencia da Xunta, sobre os pagamentos totais realizados con fondos autonómicos,
Nacionais e da Unión Europa tramitados a través da Xunta de Galicia ás auxiliares cuxa
actividade esta centrada na matriz Hijos de J Barreiras S.A. e PEMEX, créditos avalados pola
Xunta de Galicia en entidades bancarias ou adxudicacións ou calquera outro tipo de
pagamentos.
O reclamante presenta a súa reclamación contra a falla de contestación dentro do prazo que
establece a normativa que lle é de aplicación.
Segundo. Con data do 19 de abril de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Presidencia da Xunta de Galicia para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 21 de abril de 2022.
Terceiro. Con data do 28 de abril de 2022, a Presidencia da Xunta de Galicia contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 4 de febreiro de 2022 o interesado
presentou a solicitude de acceso á información e con data do 2 de marzo de 2022, dentro do
prazo establecido ao efecto, resolveuse e notificouse a súa inadmisión.
Con data do 12 de abril de 2022 o interesado presentou solicitude de certificación de silencio
administrativo en relación coa súa solicitude de acceso á información que non procedeu emitir
dado que non existe tal silencio administrativo, toda vez que consta no expediente a recepción
pola súa parte da Resolución de inadmisión de 2 de marzo de 2022, que foi obxecto de
reclamación por parte do interesado ante a Comisión de Transparencia e que se tramita como
expediente
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 75 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 75.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
A reclamante solicitou da Presidencia da Xunta de Galicia información sobre os
pagamentos totais realizados ás auxiliares de dúas empresas navieiras créditos avalados pola
Xunta de Galicia en entidades bancarias ou adxudicacións ou calquera outro tipo de
pagamentos e ante o que considerou falla de contestación, presentou reclamación ante esta
Comisión.
De acordo co informe remitido pola Secretaría Xeral e a copia do expediente remitido, a
Consellería ditou resolución expresa dentro do prazo que o artigo 27.4 da Lei 1/2016
establece, notificándoa ao interesado, polo que o silencio administrativo non se produciu,
polo que procede a súa inadmisión de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións
Públicas, por tratarse dun acto non susceptible de recurso, ao non terse producido o silencio
administrativo contra o que recorre.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por
con data do 12 de abril de 2022, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Presidencia da Xunta, sobre
os pagamentos totais realizados con fondos autonómicos, Nacionais e da Unión Europa
tramitados a través da Xunta de Galicia ás auxiliares de dúas empresas navieiras, créditos
avalados pola Xunta de Galicia en entidades bancarias ou adxudicacións ou calquera outro
tipo de pagamentos
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:51:43 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.