El solicitante pidió a la Consellería de Economía, Industria e Innovación de Galicia un listado de sus reclamaciones sobre suministro eléctrico y copia de un expediente. Alegó que la respuesta previa fue inadecuada y incompleta. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación por considerar que la solicitud era repetitiva, al haber sido ya atendida previamente.
Puntos clave de la argumentación
1
La inadmisión se fundamenta en el carácter repetitivo de la solicitud, ya que el interesado solicitó la misma información el 25 de agosto de 2021 y recibió respuesta el 2 de diciembre de 2021.
2
Según el Criterio interpretativo 3/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, una solicitud es repetitiva si coincide con otra anterior cuya respuesta adquirió firmeza o si ya se ofreció la información sin que hubiera modificaciones reales o legales de los datos.
3
Se determina que la respuesta a la solicitud original de 2021 es firme, dado que el interesado no interpuso reclamación ante la Comisión ni recurso contencioso-administrativo en su momento.
4
Respecto al documento omitido que el solicitante consideraba un informe de Unión Fenosa, la administración aclaró que se trata de un escrito ya incluido en el expediente facilitado.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do
23 de marzo de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio
de 2022, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 23 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto
no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais do 11 de marzo
de 2022, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á listaxe de todas as reclamacións,
queixas, solicitudes ou escritos presentadas ao seu nome ante a Consellería, ou calquera outra
precedente con distinta denominación pero coas mesmas competencias en materia de
subministración de enerxía eléctrica ou de consumo, por causa de deficiencias na
subministración de enerxía eléctrica.
O reclamante en resumo indica que se lle inadmitiu a súa solicitude de acceso á listaxe de
todas as reclamacións, queixas, solicitudes e escritos presentados por el, e a unha copia do
expediente de reclamación por ter carácter repetitivo, ao ser unha
solicitude coincidente coa da presentada con data do 25 de agosto de 2021, sobre a que se lle
deu contestación. Considera que a contestación dada non foi a adecuada e que a Consellería
non rexistrou unha das solicitudes presentadas nin a tramitou, polo que non procede
aplicación da causa de inadmisión establecida no artigo 18.1.e) da Lei 19/2013.
Aclara que o que solicita é a listaxe dos múltiples escritos remitidos (fax, correo ordinario,
correo electrónico ou a través da sede electrónica), de reclamación por razóns de
irregularidades na subministración de enerxía eléctrica e de consumo, con indicación do
expediente á que foron asignados e do sentido da resolución recaída en resposta aos mesmos.
Respecto da segunda petición, solicitou acceso electrónico ao expediente
que debería incluír o informe emitido por Unión Fenosa Distribución con motivo da revisión
realizada ao transformador que da servizo ao seu domicilio, que considera expurgado por erro
ou de forma intencionada, da copia que se lle remitiu.
Indicaba que non se puxo á súa disposición a listaxe das reclamacións, queixas, solicitudes ou
escritos presentadas por el ante a Consellería en materia de subministración de enerxía
eléctrica ou de consumo, ou a Xefatura Territorial da Coruña adscrita ás mesmas, por causa
de deficiencias na subministración de enerxía eléctrica, con indicación do número de
expediente ao que foron asignados e o sentido da resolución recaída, así como a obtención
de acceso electrónico ao expediente ou a copia do mesmo en formato
electrónico.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución impugnada e do
seu DNI.
Segundo. Con data do 28 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 31 de marzo de 2022.
Terceiro. Con data do 19 de abril de 2022 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente
instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a inadmisión fundamentouse no carácter repetitivo
da solicitude, dado que como el mesmo sinala no seu escrito, o 25 de agosto de 2021 formulou
unha solicitude para o acceso á mesma información á que agora pretendía ter acceso ante a
Xefatura Territorial da Coruña, que foi atendida facilitándolle a información da que se
dispoñía, o que encaixa perfectamente no concepto de solicitude repetitiva do artigo 18 da
Lei 19/2013.
En canto á referencia que se fai a facilitar un informe emitido por Unión Fenosa Distribución
con motivo da revisión realizada ao transformador do que se sorte no seu domicilio que
considera que debería ser parte do expediente (expediente que xa lle foi
facilitado), indica que o documento ao que se fai referencia é un escrito, non un informe, que
figura como Documento do expediente, e no que que o Xefe Territorial sinala que se
considera que o subministro eléctrico cumpre co disposto no RD 1955/2000.
Este escrito consta como enviado ao reclamante, polo que considera que o reclamante insiste
en pedir, mediante unha solicitude formulada exactamente nos mesmos termos que a
precedente, unha documentación que xa lle foi facilitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta na copia do expediente remitido pola Consellería, o interesado
aceptou a notificación a través do sistema notifica.gal o 11 de marzo de 2022 e a reclamación
a interpuxo con data do 23 do mesmo mes, debe admitirse a mesma por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante presentou unha solicitude de aceso a un listaxe de reclamacións, queixas
solicitudes e escritos presentados por el e a obtención dunha copia dun expediente que
identifica polo seu número. O interesado de forma expresa no seu escrito, recoñece que a
súa solicitude é coincidente cunha solicitude presentada con data do 25 de agosto de 2021,
sobre a que se lle deu contestación, pero considera que a dita contestación non foi a
adecuada.
De acordo co informe da Consellería, o interesado solicitou con data do 25 de agosto de 2021,
a mesma información que agora solicita, e esa solicitude foi contestada pola Consellería con
data do 2 de decembro de 2021.
A Consellería fundamentou a inadmisión da solicitude na resolución agora recorrida, no
carácter repetitivo da solicitude, dado que a solicitude para o acceso á mesma información á
que agora pretendía ter acceso que foi atendida facilitándolle a información da que se
dispoñía.
Procede por tanto analizar se se trata dunha petición repetitiva ou non. O Criterio
interpretativo 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno sobre as causas de
inadmisión de solicitudes de información repetitiva ou abusiva, sinala que para inadmitir tería
que coincidir con outra ou outras presentadas anteriormente polo mesmo ou mesmos
solicitantes e que fose rexeitada e a resposta adquirise firmeza, ou que xa se lle tivese ofrecido
a información e non houbese modificación real ou legal dos datos ofrecidos no seu momento.
Igualmente sería manifestamente repetitiva se se tratara dun asunto de resposta imposible,
ben polo contido ou por razóns de competencia e así se lle notificase e xustificara ao
solicitante da información.
No presente caso, a solicitude do interesado coincide cunha solicitude presentada
anteriormente, que xa foi contestada ofrecéndolle a información da que a Consellería dispón
en relación co solicitado, e na que se lle deu explicación sobre un documento que o
reclamante considera que é un informe. Esa solicitude resolveuse con data do 2 de decembro
de 2021, sen que conste que contra a mesma o interesado presentara reclamación ante esta
Comisión nin recurso ante a xurisdición Contencioso-Administrativa, polo que debemos
considerar que a mesma é firme.
Por tanto, trátase dunha solicitude que coincide con outra presentada polo mesmo solicitante,
sobre a que xa se lle ofreceu a información, e a resposta adquiriu firmeza, polo que se
cumpren os requisitos para considerar que a solicitude é repetitiva.
De acordo co anterior procede a desestimación da reclamación presentada, polo que en base
aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por con data
do 23 de marzo de 2022, contra a Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e
Recursos Naturais do 11 de marzo de 2022, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á
listaxe de todas as reclamacións, queixas, solicitudes ou escritos presentadas ao seu nome
ante a Consellería, ou calquera outra precedente con distinta denominación pero coas
mesmas competencias en materia de subministración de enerxía eléctrica ou de consumo,
por causa de deficiencias na subministración de enerxía eléctrica
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:48:54 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.