Estimada 31/05/2022 · 49 días en resolverse

Reclamación sobre acceso a información de pagos y avales a empresas navieras estimada por motivos formales

Se solicitó a la Consellería de Facenda e Administración Pública información sobre pagos y avales concedidos a auxiliares de las empresas Hijos de J Barreiras S.A. y PEMEX. Tras alegar desestimación por silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó respondiendo una vez interpuesta la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible pese a la resolución posterior de la administración, basándose en que los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
2 La Consellería de Facenda e Administración Pública concedió el acceso a la información sobre pagos, pero derivó la solicitud de avales al Igape por no disponer de dicha información, aplicando el artículo 19.1 de la Ley 19/2013.
3 La Comisión estima la reclamación por motivos formales debido a que la administración resolvió la solicitud fuera del plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
4 Se deja a salvo el derecho del solicitante a presentar una nueva reclamación contra la resolución expresa si considera que la información facilitada es insuficiente.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 12 de abril de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 12 de abril de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, sobre os pagamentos totais realizados con fondos autonómicos, Nacionais e da Unión Europa tramitados a través da Xunta de Galicia ás auxiliares cuxa actividade esta centrada na matriz Hijos de J Barreiras S.A. e PEMEX, créditos avalados pola Xunta de Galicia en entidades bancarias ou adxudicacións ou calquera outro tipo de pagamentos Segundo. Con data do 19 de abril de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 21 de abril de 2022 Terceiro. Con data do 6 de maio de 2022, a Consellería de Facenda e Administración Pública contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que o interesado presentou escrito no que entre outras extensas consideracións e alusións inconexas, dedúcese que solicita o acceso á información en relación cos pagamentos realizados con fondos autonómicos, nacionais e da Unión Europea tramitados a través da Xunta de Galicia, así como os créditos avalados, ás auxiliares cuxa actividade está centrada na matriz Hijos de Barrrera S.A. e PEMEX. Logo de analizar o escrito e centrados exclusivamente na petición de datos que se poden considerar información pública, con data do 5 de maio de 2022, resolveuse a solicitude, que foi notificada ao interesado ese mesmo día. Dado que a información sobre os posibles créditos avalados non obra en poder desta consellería, senón no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), en cumprimento do disposto no artigo 19.1 da Lei 19/2013, deuse traslado da solicitude ao referido organismo. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Facenda e Administración Pública resolveu a solicitude de acceso á información unha vez que o interesado tiña presentada reclamación ante esta Comisión contra a desestimación por silencio administrativo, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A reclamante solicitou da Consellería de Facenda e Administración Pública información sobre a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Presidencia da Xunta, sobre os pagamentos totais realizados ás auxiliares de dúas empresas navieiras, e créditos avalados pola Xunta de Galicia en entidades bancarias ou adxudicacións ou calquera outro tipo de pagamentos. A Consellería de Facenda e Administración Pública, se ben transcorrido o prazo para resolver que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, resolveu conceder o acceso á solicitude formulada remitido información sobre os pagamentos realizados con fondos autonómicos, nacionais e da Unión Europea tramitados a través da Xunta de Galicia ás auxiliares destas empresas. Sobre os créditos avalados pola Xunta de Galicia en entidades bancarias ás referidas empresas, dado que a Consellería non dispón da información por canto os avais, no seu caso, son outorgados polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), en cumprimento do disposto no artigo 19.1 da Lei 19/2013, remitiu a solicitude ao dito instituto con comunicación ao interesado. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, sen prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por con data do 12 de Abril de 2022, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Presidencia da Xunta, sobre os pagamentos totais realizados con fondos autonómicos, Nacionais e da Unión Europa tramitados a través da Xunta de Galicia ás auxiliares cuxa actividade esta centrada na matriz Hijos de J Barreiras S.A. e PEMEX, créditos avalados pola Xunta de Galicia en entidades bancarias ou adxudicacións ou calquera outro tipo de pagamentos Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.06.08 11:55:52 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.