Una participante en un proceso selectivo solicitó acceso a la documentación del tribunal y al procedimiento de acreditación de méritos. La administración denegó el acceso alegando que eran documentos internos y contenían datos personales. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por existir un procedimiento administrativo en curso.
Puntos clave de la argumentación
1
La Disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa del procedimiento administrativo es la aplicable al acceso de quienes tengan la condición de interesados en un procedimiento en curso.
2
Para la inadmisión de una reclamación de transparencia por esta vía, deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento específico, condición de interesado del reclamante y que el procedimiento esté en curso.
3
Se determina que la reclamante cumple los tres requisitos al ser participante activa en el proceso selectivo convocado mediante la Orden del 22 de noviembre de 2019.
4
Al concurrir los requisitos de interesado en un procedimiento administrativo vigente, la reclamación de acceso a la información pública debe ser inadmitida.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 19 de abril
de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 19 de Abril de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra as Resolucións do
Conselleiro de Facenda e Administración Pública do 31 de marzo de 2022, pola que se resolve
o recurso de alzada presentado contra a Resolución do 2 de febreiro de 2022, da Dirección
Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos
méritos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala de ciencias,
na especialidade de bioloxía, no que participa, convocado mediante a Orde do 22 de
novembro de 2019 e contra a resolución do 4 de abril de 2022 pola que se resolve a súa
solicitude de acceso á documentación do tribunal designado para xulgar o dito proceso
selectivo.
A reclamante indicaba que lle denegou o acceso a toda a información requirida por constituír
documentos internos de traballo, tratarse de documentos que afectan a outros interesados
no procedemento e incluír datos de carácter persoal.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto.- Análise do expediente
A interesada presenta reclamación contra a resolución dun recurso de alzada e contra a
resolución da súa solicitude de acceso a determinada información correspondente a un
proceso selectivo no que ten a condición de interesada por participar nel.
Como xa se manifestou esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia que
agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do seu artigo 13 en relación co artigo 12,
a Lei 19/2013 recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a información pública en mans
dos organismos e entidades incluídos no seu ámbito de aplicación -artigo 2-, non é menos
certo que dita norma indica na súa Disposición adicional primeira parágrafo primeiro, que a
normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao
acceso por parte de quen teña a condición de interesados nun procedemento administrativo
en curso aos documentos que se integren no mesmo.
Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos
para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe
existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, a persoa
reclamante debe ser interesada no mesmo, e terceiro, o procedemento debe estar en curso.
Analizando estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se
realiza a solicitude e se presenta o recurso de alzada, de acordo coa documentación remitida
pola interesada e a que consta nos expedientes desta Comisión
, concorren no caso que nos ocupa, dado que a reclamación se presenta por persoa
participante no procedemento selectivo e no curso do mesmo, polo que debe inadmitirse por
este motivo, a reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data do 19 de abril
de 2022, contra as Resolucións do Conselleiro de Facenda e Administración Pública do 31 de
marzo de 2022 pola que se resolve o recurso de alzada presentado contra a Resolución do 2
de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o
procedemento para a acreditación dos méritos no proceso selectivo para o ingreso no corpo
facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, no que participa,
convocado mediante a Orde do 22 de novembro de 2019 e contra a resolución do 4 de abril
de 2022 pola que se resolve a súa solicitude de acceso á documentación do tribunal designado
para xulgar o dito proceso selectivo.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:55:20 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.