Una ciudadana solicitó al Concello de Vilagarcía de Arousa el cuestionario tipo test de una oposición. Tras el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento acabó facilitando la información el 16 de mayo de 2022, después de haber exigido erróneamente un interés legítimo.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se reconoce a todas las personas, sin que el solicitante esté obligado a motivar su solicitud ni a acreditar un interés legítimo.
2
Es irrelevante que el solicitante tenga o no relación con la administración o con la materia solicitada, ya que la transparencia permite solicitar cualquier información pública no excluida por ley.
3
La exigencia del Ayuntamiento de acreditar la condición de interesado para acceder al examen era improcedente según la Ley 19/2013 y la Ley 1/2016.
4
La reclamación se estima por motivos formales debido a que la administración terminó remitiendo la información solicitada el 16 de mayo de 2022.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 6
de maio de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 6 de maio de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto
na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada
perante o Concello de Vilagarcía de Arousa con data 16 de marzo de 2022, de acceso ao
cuestionario tipo test en que consistía a proba para a cobertura dunha praza de técnico medio
de xestión, subgrupo A2, do dito concello, realizada con data 18 de febreiro de 2022.
A reclamante indicaba que non é interesada no procedemento e que non recibiu contestación
á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 11 de maio de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Vilagarcía de Arousa para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de maio de 2022.
Terceiro. Con data do 23 de maio de 2022 o Concello de Vilagarcía de Arousa contesta a
petición remitindo informe e copia da información solicitada.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 29 de abril de 2022 foille requirida á
interesada polo Secretario do Tribunal de Selección que dado que non lle consta a súa
condición de interesada no procedemento, se lle solicita que acredite o interese lexítimo e
en base en que apartado da Lei 19/2013 entende de aplicación, sen que a interesada
respondese ao requirimento.
Con data do 16 de maio de 2022, se lle notifica copia en formato PDF da proba tipo test
solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello resolveu expresamente con data do 16 de maio de 2022, unha vez que a
interesada tiña presentada a súa reclamación ante a Comisión, polo que debe estimarse a
mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou acceso ante o Concello, ao cuestionario tipo test dun proceso selectivo
para a cobertura dun posto na dita Administración.
O secretario do Tribunal nomeado para ese proceso selectivo, ao non ter constancia de que a
solicitante fose participante no procedemento, requiriulle que acreditase o interese lexítimo
para a súa solicitude.
O concepto de interesado en materia de transparencia, ten unhas peculiaridades respecto do
concepto de interesado nun procedemento administrativo. De acordo co disposto no artigo
12 da Lei 19/2013, o dereito de acceso á información pública recoñécese a todas as persoas,
polo que é suficiente con acreditar a identidade do solicitante (artigo 17.2), non existe obriga
de motivar a solicitude (artigo 17.3) e se o interesado o fai, a motivación poderá ser tida en
conta cando se dite a resolución, sen que a ausencia de motivación por si soa poida ser causa
de rexeitamento da solicitude.
En todo caso, a Lei 1/2016, amplía aínda máis os dereitos do interesado, pois no artigo 24
equipara o interesado coa cidadanía en xeral. O dito artigo reforza o dereito da cidadanía ao
establecer que no exercicio do dereito ao acceso á información pública, garantiráselle ao
interesado a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización
previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou doutras Leis. Por tanto, é irrelevante
que o solicitante de información pública teña ou non relación coa administración, coa materia
da que solicita información, ou o seu lugar de residencia. O dereito de acceso á información
pública non vén determinado polo feito dun interese concreto ou específico do solicitante,
nin está condicionada á acreditación da súa condición de interesado, debendo calquera
solicitude cuxa materia non estea excluída ou limitada no seu acceso pola normativa vixente,
ser resolta non senso de conceder o acceso á información, porque a transparencia implanta
no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar dos seus gobernantes, das súas
Administracións e de calquera entidade que manexe fondos públicos, calquera información
pública que xulgue oportuna.
Se ben inicialmente requiríuselle á solicitante a acreditación da súa condición de interesada,
con data do 16 de maio de 2022 se lle remitiu a información solicitada, polo que procede a
estimación por motivos formais da reclamación presentada, sen prexuízo de que si a
reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á
dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus
argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
con data do 6 de maio de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo,
da súa solicitude presentada perante o Concello de Vilagarcía de Arousa de acceso ao
cuestionario tipo test das probas para a cobertura dunha praza de técnico do dito Concello.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:54:47 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.