Se solicitó a Nedgia Galicia S.A. y Nedgia Naturgy información sobre el número de consejeros y sus retribuciones. No hubo alegaciones de la administración por falta de contestación. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque la entidad solicitada es una sociedad mercantil y no es un sujeto obligado por la normativa de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se aplica a los contenidos en poder de los sujetos incluidos en el ámbito de aplicación de la Ley 1/2016.
2
Las sociedades anónimas no se encuentran incluidas entre los sujetos obligados por la normativa de transparencia.
3
Al ser la entidad solicitada una entidad mercantil, el contenido de la solicitud queda fuera del ámbito de aplicación de las Leyes 1/2016 y 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada por
Vista á reclamación presentada por
mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 10 de maio de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día Haga clic aquí para escribir una fecha.,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único:
presentou, mediante escrito con entrada
no rexistro do Valedor do Pobo do 10 de maio de 2022, unha reclamación contra a falla de
contestación por Nedgia Galicia S.A e Nedgia Naturgy, Grupo, á súa solicitude de información
sobre o número de Conselleiros activos, pagamentos, axudas de custo, suplementos ou outro
tipo de pagamentos non previstos, seguros, pensións co nome da entidade contratada para
os mesmos aos Conselleiros de Nedgia Galicia S.A e Nedgia Naturgy, Grupo Activos e Informe
do acceso a beneficios ou rapeles por actividades da entidade.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 95 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 95.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O dereito de acceso á información pública é o dereito de toda persoa, neste caso unha
asociación, a acceder á información pública, entendéndose esta como os contidos ou
documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos
suxeitos incluídos no artigo 3.1 da Lei 1/2016 (entre os que non se atopan as sociedades
anónimas) e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.
No presente caso, o interesado solicitou a unha entidade mercantil, información referente ao
o número de conselleiros e as retribucións percibidas polos mesmos pos distintos conceptos.
O suxeito titular da información non é un suxeito obrigado pola normativa de Transparencia
a contestar a unha solicitude de acceso á información, e por tanto o contido da solicitude,
queda fora do ámbito das Leis 1/2016 e 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por
con data do 10 de maio de 2022, contra a falla de contestación por unha
sociedade mercantil á súa solicitude de información sobre o número de Conselleiros e as súas
retribucións por distintos conceptos.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:57:14 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.