Inadmitida 30/05/2017

Reclamación contra la resolución de la Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre solicitud de documentación de expedientes

El ciudadano solicitó documentación de expedientes a la Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Tras la denegación, presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia. Dicho organismo decide inadmitir la reclamación por ser extemporánea, ya que fue presentada fuera del plazo legal de un mes desde la notificación de la resolución impugnada.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación fue presentada el 18 de abril de 2022 contra una resolución notificada el 15 de diciembre de 2021, superando ampliamente el plazo de un mes previsto en la Ley 1/2016.
2 El transcurso del plazo para la interposición del recurso constituye una causa de inadmisión según el artículo 116 d) de la Ley 39/2015.
3 La tramitación de las reclamaciones potestativas ante la Comisión de Transparencia de Galicia se ajusta a la normativa de procedimiento administrativo común en materia de recursos.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 18 de abril de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de abril de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a resolución de 14 de decembro de 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre a súa solicitude da documentación que figura no procedementos O reclamante en resumo indicaba que non recibir información ou recibila de xeito que non resulta beneficiosa é ocultar información, non recoñecer que non existe ou poñer atrancos ao seu dereito de defensa en proceso disciplinario que non lle permite que a poida achegar á instrución penal no xulgado, e lle impide achegar datos ao proceso e recurso que se instrúe na Xefatura Territorial para a declaración de accidente laboral. O escrito viña acompañado de copia da resolución contra a que reclama e do seu DNI. Segundo. Con data do 21 de abril de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 29 de abril de 2022. Terceiro. Con data do 12 de maio de 2022 Consellería de Cultura, Educación e Universidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que o reclamante presentou ante a Consellería 89 escritos a través do Rexistro electrónico da Xunta de Galicia desde o 01/01/2021, máis de 100 correos electrónicos á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Ourense e outros tantos á Secretaría Xeral Técnica desta Consellería, e non consta ningún escrito presentado o 17/12/2021. O reclamante non achega copia da solicitude á que non se lle dou contestación e si achega copia dunha solicitude presentada o 15/04/2022, que aínda está en prazo para a súa resolución. En canto á resolución do 14/12/2021 de acceso á información pública, a resolución foi recepcionada polo reclamante o 15/12/2021, polo que a presentación da reclamación perante a Comisión de Transparencia de Galicia é extemporánea. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, reclamación que debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que a notificación da resolución reclamada practicouse o 15 de decembro de 2021, segundo consta na copia da aceptación polo interesado da resolución, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 18 de abril de 2022, é dicir, fora do prazo previsto Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de procedemento administrativo En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017), ACORDA Único: Inadmitir, por extemporánea, a reclamación presentada por con data do 18 de abril de 2022, contra a resolución de 14 de decembro de 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre a súa solicitude da documentación que figura no procedementos Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 78/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.06.28 13:26:40 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.