Inadmitida 30/05/2017

Reclamación de acceso a expediente urbanístico ante el Concello de A Bola y resultado de inadmisión

El ciudadano solicitó al Concello de A Bola el acceso a un expediente urbanístico, alegando silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación por ser extemporánea, ya que se presentó fuera del plazo de un mes tras la notificación de la información recibida el 5 de noviembre de 2021.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es extemporánea dado que la notificación del acto impugnado se produjo el 5 de noviembre de 2021 y la reclamación se presentó el 22 de abril de 2022.
2 El plazo para interponer la reclamación ante el Valedor do Pobo es de un mes desde el día siguiente a la notificación del acto o la producción del silencio administrativo según la Ley 1/2016.
3 De acuerdo con el artículo 116 d) de la Ley 39/2015, el transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión.
4 La tramitación de las reclamaciones potestativas ante la Comisión de Transparencia se ajusta a la normativa de procedimiento administrativo común en materia de recursos.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 22 de abril de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 22 de abril de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra o que considera desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de A Bola sobre un expediente urbanístico. O reclamante indicaba que ao amparo da lei de Transparencia non se recibe contestación máis ala da información con relación á incoación dun expediente urbanístico de situación e de evolución do conxunto de actuacións e considera que se pretende protexer ao promotor e evitar a reposición da legalidade. O escrito viña acompañado de copia de escritos presentados ante o Concello e do seu DNI. Segundo. Con data do 28 de xuño de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de A Bola para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 9 de maio de 2022 o Concello de A Bola contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que o interesado presentou denuncia urbanística difusa por edificacións ou obras no núcleo de Podentes e o Concello abriu dilixencias indagatorias/preparatorias para os efectos de comprobar e concretar feitos e autorías, requirindo documentación aos que se denuncia como infractores. Tras os informes de secretaría e técnico, con data do 10 de marzo de 2021, incoouse expediente de reposición da legalidade urbanística e se solicita informes ao servizo autonómico de patrimonio así como proxecto de legalización de obras, respecto daquelas que se consideran indiciariamente legalizables. Os denunciados presentan proxecto de legalización, liquídanse e pagan taxas e remítese ao Servizo de Patrimonio, para que emitan os informes pendentes e notifícase documentación e estado de expediente ao denunciante, quen acusa recibo o 5 de novembro de 2021. Respecto dos numerosos escritos presentados polo denunciante, informa o Concello que foi informado de cantas actuacións constan no expediente, tanto persoal e directamente como por medio da información e acceso ao expediente solicitada e obtida por concelleiros á súa petición, sen que se lle dera traslado de mais documentación dado que non existe. O Concello inicialmente puxo feitos incluídos nos numerosos escritos do interesado en coñecemento das inspeccións de traballo e facenda, pero posteriormente ao ver o cariz e contido dos escritos, onde se formulan gravísimas acusacións sen probas, tanto a nivel institucional como persoal, optouse por non darlles credibilidade, quedando ao administrado o seu dereito de acudir a outras instancias que considere oportunas. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente Se ben o interesado considera que non se lle deu resposta á súa solicitude de acceso a un expediente urbanístico, de conformidade co informe remitido polo Concello, constatase que se lle deu acceso á información solicitada con data do 5 de novembro de 2021. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que a notificación da resolución recorrida practicouse o 5 de novembro de 2021, segundo consta no informe do Concello, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 22 de abril de 2022, é dicir fora do prazo previsto no artigo 28 da Lei 1/2016, que prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que a reclamación se interporá no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de procedemento administrativo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017. ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por contra súa solicitude de acceso ante o Concello de A Bola sobre un expediente urbanístico. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 82/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.06.28 13:27:05 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.