Archivada 28/09/2018

Reclamación por presunta corrupción y acoso laboral resuelta mediante archivo por desistimiento

El ciudadano presentó una reclamación denunciando hechos de corrupción y acoso laboral. La Comisión da Transparencia de Galicia solicitó al interesado que aclarase el objeto de la solicitud y la administración reclamada, pero ante la falta de respuesta, decidió archivar el expediente por desistimiento.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación no identificaba el objeto de la solicitud de acceso a la información ni el órgano administrativo ante el cual se presentó.
2 Se requirió al interesado para que subsanara la falta de información en un plazo de diez días conforme al artículo 68.1 de la Ley 39/2015.
3 Al no presentar la documentación ni aclaraciones solicitadas, se produce la desistencia de la petición según el procedimiento administrativo común.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia. Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 18 de abril de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de abril de 2022, un escrito no que denuncia feitos compatibles coa corrupción política e prevaricación de funcionarios que poden ser constitutivos de moobing laboral a un empregado público. Segundo. Con data do 5 de maio de 2022 e dado que no escrito de reclamación ante esta Comisión, non se identifica o obxecto da mesma, isto é, a solicitude de acceso á información presentada e o órgano/s da administración ao/s ante o que a presentou, e da/as que ben non obtivo resposta, ou téndoa, no a considera satisfactoria, requiríuselle para que no prazo de dez días aclarase o acto administrativo concreto (resolución expresa ou falla de contestación a solicitude de acceso á información) contra o que presenta reclamación. Transcorrido o dito prazo, o reclamante non presentou documentación ou aclaración algunha. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Análise do expediente. O artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece que se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos esixidos pola lexislación aplicable, requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21. De acordo co anterior, dado que o interesado non achegou en prazo a documentación que se lle requiriu, procede o arquivo da reclamación por desistencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 28 de setembro de 2018 (DOG nº 193 do 9 de outubro), a Presidenta da Comisión da Transparencia ACORDA Único: Arquivar, por inactividade do interesado, a reclamación presentada por con data do18 de abril de 2022 (nº rexistro entrada 4149/22). Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 78/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.06.28 13:27:23 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.