Archivada 28/09/2018

Reclamación por falta de contestación a queja presentada ante el Ayuntamiento de Xinzo de Limia

El ciudadano presentó una reclamación contra el Ayuntamiento de Xinzo de Limia por falta de respuesta a una queja sobre amenazas. La Comisión de Transparencia de Galicia requirió al interesado que aclarase el acto administrativo concreto contra el que reclamaba, pero al no recibir respuesta, decidió archivar el expediente.

Puntos clave de la argumentación

1 Se aplicó el artículo 68.1 de la Ley 39/2015, que permite dar por desistida la petición si el interesado no subsana los defectos de la solicitud en el plazo de diez días
2 La resolución se basa en la inactividad del interesado tras el requerimiento de documentación y aclaraciones sobre el objeto de la reclamación

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia. Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 18 de abril de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de abril de 2022, un escrito de reclamación contra a falla de contestación a unha queixa presentada no Concello de Concello de Xinzo da Limia sobre ameazas dende un medio de comunicación. Segundo. Con data do 5 de maio de 2022 e dado que no escrito de reclamación ante esta Comisión, non se identifica o obxecto da mesma, isto é, a solicitude de acceso á información presentada e o órgano/s da administración ao/s ante o que a presentou, e da/as que ben non obtivo resposta, ou téndoa, no a considera satisfactoria, requiríuselle para que no prazo de dez días aclarase o acto administrativo concreto (resolución expresa ou falla de contestación a solicitude de acceso á información) contra o que presenta reclamación. Transcorrido o dito prazo, o reclamante non presentou documentación ou aclaración algunha. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Análise do expediente. O artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece que se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos esixidos pola lexislación aplicable, requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21. De acordo co anterior, dado que o interesado non achegou en prazo a documentación que se lle requiriu, procede o arquivo da reclamación por desistencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 28 de setembro de 2018 (DOG nº 193 do 9 de outubro), a Presidenta da Comisión da Transparencia ACORDA Único: Arquivar, por inactividade do interesado, a reclamación presentada por con data do18 de abril de 2022 (nº rexistro entrada 4151/22). Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 78/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.06.28 13:27:46 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.