Desestimada 28/06/2022 · 85 días en resolverse

Reclamación contra la resolución de acceso a información de un expediente de concesión minera y desestimación de la misma

Una empresa minera solicitó la anulación de la resolución de la Consellería de Economía, Industria e Innovación que permitía el acceso a documentación de su expediente. Alegó falta de acción pública y protección de propiedad intelectual e industrial. La Comisión de Transparencia de Galicia desestimó la reclamación por ser el acceso un derecho general y no acreditarse el perjuicio real.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es un derecho amplio que no requiere la existencia de una acción pública regulada normativamente ni legitimación específica del solicitante.
2 La aplicación de límites al acceso por propiedad intelectual o industrial requiere la concurrencia de un perjuicio real, concreto y no hipotético, superando la mera alegación genérica.
3 Para invocar el secreto industrial, el interesado debe identificar concretamente los datos, párrafos o líneas dignos de protección, no pudiendo extenderse la protección a la totalidad del documento.
4 Quien solicita una concesión administrativa es consciente de que la documentación forma parte de un expediente público y debe señalar los contenidos protegidos en el momento de su presentación o audiencia.
5 La documentación relativa a planes de labores, proyectos de restauración e informes de seguimiento ambiental se rige por la Ley 27/2006 de información ambiental, quedando fuera de la competencia de esta Comisión.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 4 de abril de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de xuño de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Con data do 19 de abril de 2022, tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo, oficio do xefe do servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación, co que se remite escrito de recurso de reposición presentado por contra a Resolución do 21 de febreiro de 2022, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se resolve a solicitude de acceso á información do expediente , ao considerarse pola Xefatura de servizo, que debe tramitarse como unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. O reclamante basea o seu recurso en que no ámbito mineiro non existe unha acción pública e que de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, as solicitudes de información poden denegarse si afectan negativamente á confidencialidade de datos de carácter comercial ou industrial. Considera que no caso dos proxectos mineiros, é de especial importancia o disposto no artigo 10 do Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, en base ao cal considera que os proxectos mineiros, planos, plans de restauración e/ou estudio de impacto ambiental, sempre que formen parte do proxecto, están baixo o amparo da lei de propiedade intelectual, polo que proporcionar a información que solicita, sen previa autorización dos autores asinantes é un acto ilegal, que determinará no funcionario que facilite aquel acceso, unha responsabilidade económica e disciplinaria para co autor do proxecto. No que se refire á propiedade industrial, considera que o proxecto e os plans de labores conteñen a estratexia empresarial da empresa e por tanto forma parte do segredo industrial da mesma, xa que figuran as reservas mineiras, métodos de extracción, e aproveitamento do material, ritmo de explotación, maquinaria, traballadores, organización produtiva, produción obtida e prevista, equipos de traballo, potencia eléctrica, calidade do produto, e prezo ao que se vende, e a empresa adoptou medidas concretas para que a información sexa considerada secreta. Segundo. Con data do 21 de abril de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 23 de maio de 2022 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 30 de xuño de 2021, solicitouse pola en relación coas minas de caolín e mica que explota acceso ao último proxecto actualizado de explotación, último proxecto actualizado de restauración, Plan de labores de 2020 e 2021, Informe de seguimento ambiental anual (2020) e proxecto e posta en servicio de la planta de establecemento de beneficio actual de Expediente ), sobre o que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, ditou Resolución do 22 de febreiro de 2022. Con data do 13 de xullo de 2021 remitíuselle á solicitante, un requirimento de mellora da solicitude para que indicase a modalidade en que prefire acceder á información solicitada e acreditase o pagamento da taxa correspondente, e con data do 19 de xullo de 2021, déuselle traslado da solicitude á para efectuar alegacións. A dita , presentou con data do 13 de agosto de 2021, escrito no que manifesta a súa oposición á solicitude expoñendo unha serie de alegacións que foron obxecto de análise nas consideracións legais e técnicas da resolución ditada. A Consellería considera que os plans de labores, proxectos de restauración e o informe de seguimento ambiental é información que debe considerarse como ambiental e por tanto debe tramitarse de acordo coa Lei 27/2006 citada, e indica a documentación sobre a que se deu acceso de acordo coa citada normativa. Respecto do acceso ao proxecto de aproveitamento dos xacementos caoliníferos na concesión , o Proxecto de explotación. Recursos da Sección , o Proxecto de aproveitamento dos xacementos caoliníferos na concesión , que contén a planta de tratamento, o Proxecto das instalacións dunha planta de formigón para o aproveitamento de materiais de rexeitamento da concesión mineira (maio 2017) e a Resolución do 14/08/2017 da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se aproba o Proyecto de las instalaciones de una planta de hormigón, para el aprovechamiento de materiales de rechazo de la concesión minera , lle é de aplicación a Lei 19/2013. A reclamación diríxese contra os 4 primeiros puntos do acceso a información concedida en base á Lei 19/2013, do 9 de decembro, sen facer referencia ao acceso a información concedida de acordo coa Lei 27/2006. Na primeira das alegacións que presenta indica que no ámbito mineiro non existe a acción pública, facendo referencia a unha sentenza do TSX de Madrid que considera que nada ten que ver co obxecto da reclamación, que é o acceso á información pública e na que non é necesaria a existencia dun dereito á acción popular para o acceso a esta información como parece que queren facer ver os reclamantes. Na segunda das alegacións, faise referencia á excepción que supón os prexuízos para os dereitos de propiedade intelectual e industrial no dereito de acceso a certa información e no que a conexión que fai o reclamante deste límite de acceso co artigo 10 do Real Decreto Lexislativo 1/1996, que vense superado polos artigos 17 e 31 bis deste Real Decreto Lexislativo, xa que os dereitos exclusivos de reprodución, distribución e comunicación atribuídos ao autor do proxecto, neste caso, topa coa salvedade de que sexa necesario para o correcto desenvolvemento dos procedemento administrativos, como é o caso. Respecto da propiedade industrial, como se lle indicou pola Xefatura Territorial no informe do 13 de maio de 2022, para poder alegar a existencia de información protexida por secreto industrial deberían identificarse concretamente os datos (palabras, liñas ou parágrafos) dignos de protección, non estenderse esta protección ao documento completo no que existen outro tipo de datos e información que non deben extraerse do acceso público e nas alegacións presentadas, non se pronunciou sobre si os documentos dos que se solicitaba copia contivesen algún dato ou información protexida por algún dos límites dos dereitos de acceso, nin se concreta na reclamación. Cuarto.- Con data do 2 de xuño de 2022, remitíuselle copia da reclamación presentada a para que no prazo de dez días, presentarse ante a secretaria da Comisión de Transparencia de Galicia as alegacións ou documentos que tivera por convinte. Con data do 21 de xuño de 2022, a presenta escrito no que en resumo manifesta que a acción pública non é senón o mecanismo legal previsto, con carácter restrinxido e só en determinadas materias, para que, ante a falta de actuación ou inacción da administración competente, sexa calquera particular o que poida, aínda que careza do interese directo, recorrer actos administrativos e neste caso resolveuse sobre o dereito de acceso á información para o que non se esixe ningunha lexitimación nin motivación e que pode ser exercida por . Respecto da protección dos documentos que obran en poder da administración en base a dereitos de autor, manifesta que a súa , carece por completo de ningún interese competitivo en materia mineira xa que a súa actividade non ten absolutamente nada que ver coa actividade mineira, xa que se dedica . FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, á interesada notificóuselle a resolución con data do 4 de marzo de 2022, e a reclamación interpúxose con data do 4 de abril do mesmo ano, debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O obxecto da solicitude presentada foi o de acceso a determinada documentación dun expediente de concesión mineira. A información solicitada debemos de considerar que se trata de información pública por canto se trata de información que forma parte duns expedientes administrativos correspondentes a unha concesión administrativa, e por tanto elaborada e adquirida polo órgano competente da Administración no exercicio das súas funcións. Da documentación solicitada, considérase que o acceso á mesma debe rexerse polo disposto na Lei 19/2013 e Lei 1/2016, agás na información referente aos plans de labores, proxectos de restauración e informe de seguimento ambiental, que é información que debe considerarse como ambiental e por tanto debe tramitarse de acordo coa Lei 27/2006 citada, en liña con anteriores resolucións desta Comisión e co informe da Dirección Xeral, ao ter unha regulación de acceso á información específica, que de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, debe tramitarse polo seu réxime específico. O artigo 2.3 da Lei 27/2006, considera información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc..) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións. De acordo co establecido na Resolución da Consellería de Innovación e Industria do 22 de decembro de 2008 (DOG nº 20, do 29 de xaneiro de 2009), pola que se aproba e se fai público o novo modelo do Plan de labores de actividades mineiras, existen numerosas referencias a información medioambiental, tales como información sobre control hidroxeolóxico, drenaxes, balsas e presas de decantación e de residuos, destino dos lodos, materias primas tratadas, produción de residuos e o seu destino, restauración e condicións ambientais impostas, informes de seguimento ambiental anual, entre outros, polo que queda fora do ámbito de competencias desta Comisión, pronunciarse sobre o acceso á información referido aos plans de labores mineiras. Os motivos de oposición á resolución impugnada son por unha banda a inexistencia da acción pública en materia de minas, e na necesidade de protección, por parte da recorrente, dos dereitos de propiedade intelectual e industrial da información que se solicita (artigo 14.1.j) da Lei 19/2013. Respecto da inexistencia da acción publica en materia de minas, debe terse en conta que o acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública, de modo que forma parte da mesma todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. O obxectivo final da Lei é o escrutinio da acción pública, mediante o coñecemento do proceso de toma de decisións como medio de rendición de contas dos responsables públicos. Os Tribunais de Xustiza pronunciáronse no senso de que o acceso á información debe recoñecerse con carácter amplo, e así, o Xulgado Central do Contencioso-Administrativo nº 4 de Madrid, en sentenza nº 93/2017, do 17 de xullo de 2017, establece que o artigo 12 da Lei 19/2013 recoñece do dereito de acceso á información pública a todas as persoas, a solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, o que implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública, o que necesariamente implica que non é necesario que este recoñecida normativamente una acción pública, para ter dereito de acceso a información ou documentación que esta en poder da Administración para o exercicio das competencias que ten encomendadas. Respecto da existencia do límite, de acordo coa literalidade do art. 14.1 só procede a aplicación dun límite ao acceso á información pública en presenza dunha lesión ou prexuízo efectivo ao ben ou interese xurídico protexido en cada un dos seus apartados que sexa consecuencia do dito acceso. En consecuencia, é necesario que concorra de forma indubitada a posibilidade real, non hipotética, e concreta, de producirse un prexuízo, sen que sexa suficiente a mera alegación de que se poida producir unha lesión no ben ou interese protexido, sendo necesario ademais que non concorra no caso ningún interese superior que poida xustificar a concesión. As condicións expresadas deben darse conxuntamente, de modo tal que calquera invocación do art. 14.1 ten un dobre condicionante e require a realización polo aplicador de dous exames sucesivos, os denominados pola doutrina especializada e o preámbulo da Lei test do dano e test do interese. A través do primeiro compróbase a probabilidade do hipotético prexuízo ou lesión e a existencia dun nexo causal entre o acceso á información que se solicita e o prexuízo alegado. Mediante o segundo compróbase se existe no caso algún interese superior ao protexido coa limitación que xustifique o acceso solicitado. O artigo 14.2 da Lei 19/2013 engade aínda unha condición mais para a aplicación dos límites, consistente en que a súa aplicación sexa xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección. Esta condición opera en dobre sentido: esixe por unha banda que a apreciación da certeza da lesión ou prexuízo no interese protexido e a da superioridade dos outros intereses en presenza sexan razoadas e, por outro, que unha vez apreciada a limitación do acceso, esta sexa dunha intensidade proporcional á entidade do dano que se trata de evitar, isto é, que se limite ao estritamente necesario para salvagardar o ben protexido. A propiedade intelectual e industrial, constitúen límites que responden a intereses e dereitos de natureza privada, debido a que se refire a dereitos de terceiros, non da propia Administración Pública. Cando unha solicita unha autorización ou concesión administrativa, é consciente de que a documentación que presenta vai a formar parte dun expediente administrativo e que sobre o seu contido, poderán obter información os que teñan interese en relación co outorgamento desa autorización ou concesión. Débese nese caso sinalar cales son os contidos ou partes da documentación que están amparados polo segredo intelectual ou industrial, de ser o caso no momento da súa presentación, e xustificalo convintemente no trámite de audiencia que se debe conceder ante unha solicitude de acceso ao expediente. No presente caso a recorrente, nin nas alegacións presentadas no trámite de audiencia, nin no seu escrito de reclamación ante esta Comisión, delimita nin xustifica nin minimamente, que parte da documentación solicitada debe limitarse do acceso, limitándose a alegalo de forma xenérica. De acordo co anterior, por considerar que a resolución recorrida é conforme coa normativa en materia de acceso á información pública, procede a desestimación da reclamación presentada, agás no referente aos plans de labores, proxectos de restauración e informe de seguimento ambiental, sobre os que por tratarse de información de carácter ambiental, esta Comisión carece de competencias para pronunciarse. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único.- Desestimar a reclamación presentada por , con data do 4 de abril de 2022, contra a Resolución do 21 de febreiro de 2022, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación pola que se resolve a solicitude de acceso á información sobre o expediente Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.07.06 14:27:01 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.