Se solicitó a la Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural acceso a expedientes de trabajos forestales en el yacimiento Castro de Illade. Tras un silencio administrativo, el solicitante reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo declara la no conformidad a derecho y ordena la retroacción del procedimiento por un vicio de forma en la resolución.
Puntos clave de la argumentación
1
La resolución de acceso a la información fue dictada por la Jefatura Territorial de Lugo sin que existiera una delegación de competencias formalizada según el artículo 40.4 de la Ley 40/2015.
2
Se considera que la resolución fue dictada por un órgano que carece de competencias, constituyendo un vicio de forma.
3
De acuerdo con el artículo 119.2 de la Ley 39/2015, ante un vicio de forma que impide resolver sobre el fondo, procede ordenar la retroacción del procedimiento al momento en que se cometió el error.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vistas ás reclamacións presentadas por
, mediante escrito do 6 de maio de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de xuño de 2022, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.
presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 6
de maio de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a desestimación, por silencio administrativo,
da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural
con data 4 de marzo de 2022, de acceso á información pública relativa aos traballos forestais
realizados en zonas protexidas do xacemento Castro de Illade, en Xove (Lugo), (expedientes,
tramitados polo Servizo de Montes de Lugo:
O escrito veu acompañado de copia da solicitude presentada con sinatura electrónica de
asociación, e do DNI do representante.
Segundo. Con data 11 de maio de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de maio de 2022.
Terceiro.- Con data do 21 de xuño de 2022, a Consellería de Medio Rural remite Informe do
director xeral de Planificación e Ordenación Forestal de data 16 de xuño de 2022 e copia do
expediente da solicitude de acceso á información pública.
No informe faise constar que con data do 24 de maio de 2022, a Xefatura de Medio Rural de
Lugo emite resolución de acceso a información pública resolvendo estimar a solicitude e
facilitando copia de tres dos expedientes aos que se refire aquela, previa ocultación dos datos
relativos á persoa física (titular do aproveitamento) que aparecen neles. Con data do 10 de
xuño de 2022, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal detecta erros na
resolución remitida, polo que con data do 15 de xuño de 2022, emítese nova resolución pola
Xefatura Territorial que estima a solicitude de acceso e facilita copia dos expedientes (salvo
os expedientes que non se corresponden con números de
expedientes relativos á tramitación de solicitudes de autorización, declaracións responsables
ou comunicación de aproveitamentos madeireiros tramitados no Servizo de Montes de Lugo
aos que se refire aquela, previa ocultación dos datos relativos á persoa física (titular do
aproveitamento) que aparece nela, e que se remiten á
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Medio Rural ditou resolución expresa unha vez que a tiña
presentada reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou acceso á información pública relativa aos traballos forestais
realizados en zonas protexidas dun xacemento que identifica cos seus números de
expediente.
A Consellería de Medio Rural non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero
ditou resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este
presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
Antes de entrar no fondo do asunto, debe examinarse a posible existencia dun vicio de forma
na resolución da solicitude de acceso á información. De conformidade co establecido no artigo
27 da Lei 1/2016, no ámbito da Administración autonómica a competencia para a resolución
das solicitudes de acceso á información corresponde á persoa titular da Secretaría Xeral
Técnica, da Dirección Xeral ou da Delegación Territorial.
No presente caso, ditáronse resolucións no expediente pola Xefatura Territorial de Lugo da
Consellería de Medio Rural, sen que nas mesmas se faga referencia á existencia de dunha
delegación de competencias nesa xefatura, tal e como esixe o artigo 40.4 da Lei 40/2015, do
1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, polo que debe considerarse que a dita
resolución foi ditada por órgano que carece de competencias.
De conformidade co disposto no artigo 119.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, cando existindo vicio de
forma non se estime procedente resolver sobre o fondo, ordenarase a retroacción do
procedemento ao momento no que o vicio foi cometido, sen prexuízo de que eventualmente
poida acordarse a validación de actuacións polo órgano competente para iso, de
conformidade co establecido no artigo 52.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
ACORDA
Único: Declarar a non conformidade a dereito e instar la retroacción do expediente de acceso
á información presentado con data do 6 de maio de 2022 por
ao trámite anterior á
resolución ditada no mesmo.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.07.07 14:19:58 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.