Desestimada 28/06/2022 · 35 días en resolverse

Reclamación contra la inadmisión de solicitud de acceso a la información sobre la base normativa de colectivos en el Plan de Concellos, desestimada por requerir elaboración de informe ad hoc

Una ciudadana solicitó a la Deputación de Pontevedra que indicara la norma legal que justifica la elección de colectivos en una convocatoria del Plan de Concellos. La interesada alegó que remitirla a las bases no era respuesta correcta. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación porque la solicitud requería la elaboración de un informe jurídico ad hoc, no siendo acceso a información preexistente.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos ya existentes y disponibles, no al derecho a que la Administración produzca información nueva.
2 La solicitud es inadmisible según el artículo 18.1.c de la Ley 19/2013 cuando la información requerida necesite una acción previa de reelaboración o confección.
3 El derecho a la información no puede confundirse con el derecho a obtener un informe a medida o que la Administración actúe como asesor jurídico personalizado del ciudadano.
4 No existe obligación legal de realizar investigaciones, contestar preguntas por escrito o generar documentos específicos para responder a una solicitud de transparencia.
5 La petición se calificó como una solicitud de informe justificativo sobre legalidad o criterio de oportunidad, lo cual es incompatible con la finalidad de la normativa de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 24 de maio de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de xuño de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 24 de maio de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Deputación de Pontevedra de data 18 de maio de 2022, pola que se inadmiten as súas solicitudes de datas 25 de xaneiro e 25 de abril de 2022 sobre a norma que escolle os colectivos da convocatoria do Plan de Concellos, terceira convocatoria. A reclamante en resumo, indicaba que solicitou da Deputación Provincial que lle respondese á pregunta de que lei, norma ou rango de lei (desde o 2012 ao 2020) escolle os colectivos que aparecen nas bases de convocatoria do Plan de concellos, terceira liña, que é de emprego. A Deputación lle contesta que a dita información aparece nas bases reguladoras da convocatoria o que non lle parece unha resposta correcta, xa que debe responder coa lei, norma ou rango de Lei. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 1 de Xuño de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Deputación Provincial de Pontevedra para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 3 de xuño de 2022. Terceiro. Con data do 20 de xuño de 2022 a Deputación Provincial de Pontevedra contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, faise constar que a interesada solicitou que se lle indicase que lei, norma o rango de Lei escolle os colectivos que aparecen nas bases de convocatoria do Plan Concellos, terceira liña, que se tramitou como un acceso á información pública, que se inadmitiu por resolución do 18 de maio de 2022, ao tratarse de solicitude de información para cuxa divulgación é necesaria unha acción previa de reelaboración (artigo 18.1.c). Constan na dita Administración solicitudes de acceso á información análogas realizadas pola reclamante desde o ano 2014, e contestacións por correo electrónico, a ultima de data 26 de abril de 2021 sobre a mesma cuestión obxecto da presente reclamación; así mesmo con data do 30 de maio de 2022, a reclamante presentou unha solicitude de análogo alcance que foi inadmitida con data do 8 de xuño de 2022 en atención á incompatibilidade da solicitude coa finalidade da normativa de transparencia, o seu carácter repetitivo e abusivo e carecer esta de fundamento. A Deputación leva repetidamente, informado en relación á consulta recorrente realizada, que os actos administrativos apróbanse coa súa correspondente motivación que se prevé na disposición normativa aprobada polo órgano competente. As solicitudes de información presentadas pola reclamante, non se orientan a unha información preexistente ou documentada, ou de sinxela obtención por referencia a programas ou bases de datos a disposición da Administración, se non que materialmente ten por obxecto a realización dun informe ou documento de análise xurídica ad hoc, e a Administración non pode converterse nunha sorte de asesor xurídico personalizado de cada cidadán. A emisión dun informe como o solicitado sobre este procedemento ou sobre calquera outro, podería reflectirse nunha desviación de recursos administrativos e o dereito de acceso non poderá exercerse de forma que se poida ver afectada a eficacia no funcionamento dos servizos públicos dado o seu carácter manifestamente repetitivo ou en abuso de dereito. O informe conclúe que a información solicitada carece da consideración de información pública e non se axusta á finalidade de transparencia que persegue a LTAIBG, polo que considera que se debe proceder a confirmar a inadmisión da petición en atención á incompatibilidade da solicitude coa finalidade da normativa de transparencia, xa que atender á petición realizada, implicaría unha análise ou interpretación xurídica por medio da elaboración ou creación ad hoc, que podería afectar ao normal funcionamento da Administración desviando os seus limitados recursos e que se acreditou de maneira clara e suficiente a inadmisión das solicitudes atendendo a datos concretos que demostran a concorrencia dos presupostos previstos pola normativa, así como en resolucións administrativas e xudiciais. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución con data do 19 de maio de 2022 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 24 do mesmo mes, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada presentou unha reclamación contra a inadmisión dunha solicitude ao órgano provincial, de que emita informe sobre a norma que xustificou a elección, nunha convocatoria de subvencións, dos colectivos aos que está dirixido, solicitude que foi inadmitida, ao considerar a Deputación Provincial que a solicitude non se axusta á finalidade de transparencia que persegue a Lei 19/2013 e que a súa admisión implicaría realizar unha análise ou interpretación xurídica por medio da elaboración dun informe ad hoc. Debe aceptarse a argumentación da resolución recorrida e o informe emitido pola Administración, no senso de que a petición non se pode considerar una solicitude de acceso á información pública de acordo coa normativa de Transparencia, senón que debe considerarse unha solicitude de emisión dun informe xustificativo sobre a legalidade ou base xurídica, ou sobre o criterio de oportunidade que xustifica un aspecto concreto dunha convocatoria de subvencións. De acordo co criterio mantido na sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017, o artigo 13 da Lei 19/2013, recoñece o dereito dos cidadáns ao acceso á información, pero á información que existe e que está xa dispoñible, o que é distinto, de recoñecer o dereito a que a Administración produza, aínda que sexa con medios propios, información que antes non tiña. O dereito á información non pode ser confundido co dereito á confección dun informe por un órgano público a instancias dun particular, polo que o artigo 18.1.c) establece como causa de inadmisión os supostos nos que a información que se solicita require de unha elaboración e confección. Nestes casos, é indiferente que dita información obre en poder da Administración ou de calquera outro suxeito obrigado, debendo interpretarse o artigo 13 da Lei no senso de que o dereito á información pública non pode converterse no dereito a obter un informe a medida do requirido polo solicitante. O dereito de acceso á información non inclúe o dereito a que as entidades públicas deban realizar unha investigacións para o solicitante, deba contestar a preguntas por escrito, crear ou producir información coa que non conten ou non teñan obrigación de contar no momento de efectuarse a solicitude, ou xerar documentos específicos mediante a emisión de informes para responder a unha solicitude. De acordo co anterior, debe desestimarse a reclamación presentada contra a resolución de inadmisión da solicitude de que se emita informe sobre en que se basea a elección de determinados colectivos para ser destinatarios dunha determinada convocatoria de subvención. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por con data do 24 de maio de 2022, contra a Resolución da Deputación de Pontevedra de data 18 de maio de 2022. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.07.07 14:21:31 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.