El ciudadano solicitó al Concello de Ferrol un informe de convivencia y de signos externos. Ante la falta de respuesta, presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia. Esta última decide inadmitir la reclamación porque se interpuso el 6 de junio, apenas cinco días después de la solicitud original, sin haber transcurrido el plazo legal de un mes para que operara el silencio administrativo.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se interpuso el 6 de junio de 2022, habiendo presentado la solicitud original al Concello de Ferrol el 1 de junio de 2022.
2
El plazo para interponer la reclamación es de un mes a contar desde la notificación del acto o desde que se produzcan los efectos del silencio administrativo.
3
No transcurrió el plazo de un mes desde la recepción de la solicitud hasta la interposición de la reclamación, convirtiéndola en un acto no susceptible de recurso según el artículo 116.c) de la Ley 39/2015.
4
Debido a la causa de inadmisión procesal, el órgano no entra a valorar si la documentación solicitada constituye o no información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 7 de
xuño de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de xuño de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único . presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 6 de xuño de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto da
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
por entender desestimada unha solicitude ante o Concello de Ferrol de emisión de informe
de convivencia e de signos externos co obxecto de presentalos ante o SOJ de Ferrol.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude e do DNI do interesado. .
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
No presente caso, tal e como consta no selo do Rexistro de entrada do Concello de Ferrol, o
interesado presentou a súa solicitude de acceso á información o 1 de xuño de 2022 e a
reclamación ante a falta de contestación á dita solicitude, a presentou o interesado no
Rexistro do Valedor do Pobo o 6 do mesmo mes.
De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei
1/2016, desde a recepción da solicitude polo Concello de Ferrol, órgano competente para
resolver, ata a interposición da reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, a
inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de
conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas.
Dada a existencia da causa de inadmisión existente, non se entra a valorar o carácter ou non
de información pública da documentación solicitada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da
delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión
do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017).
ACORDO
Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data 6 de
xuño de 2022, contra a falla de contestación da súa solicitude de emisión de informe de
convivencia e de signos externos.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.07.07 14:22:54 +02'00'
Mª Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia