Inadmitida 19/07/2022 · 64 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por no constituir una solicitud de acceso a la información pública relativa a remuneraciones del personal de enfermería

Una profesional de enfermería reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia la falta de respuesta del Servicio Galego de Saúde sobre la remuneración por trasplantes pulmonares. La Comisión inadmitió la reclamación porque no se solicitó acceso a información pública, sino que se presentó una petición de carácter salarial.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión da Transparencia de Galicia debe analizar si la información solicitada es pública y si existen límites legales o causas de inadmisión.
2 Se determinó que la interesada no presentó una solicitud de acceso a la información pública, sino una reclamación en materia salarial sobre la distribución de asignaciones económicas.
3 La solicitud no encaja en la definición de información pública establecida en los artículos 24 de la Ley 1/2016 y 99 de la Ley 19/2013.
4 Se procede a la inadmisión de la reclamación conforme al artículo 116.c) de la Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 16 de maio de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 19 de xullo de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro.- presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 16 de maio de 2022, unha reclamación contra a falla de resposta da Administración e da Area de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde, respecto do dereito do persoal de Enfermeira da unidade de Pneumoloxía do HUAC na Area da Coruña- Cee, á remuneración por participar no Trasplante pulmonar. Con data do 24 de maio de 2022, dado que coa súa reclamación non achegaba copia da solicitude de acceso á información pública da dita consellería sobre a que non obtivo resposta, requiríuselle para a súa remisión no prazo de dez días. Segundo.- Con data do 27 de maio de 2022, a interesada remite copia do escrito presentado ante a Dirección de Recursos Humanos da área sanitaria Coruña- Cee, no que solicita que se faga unha distribución xusta e equitativa da asignación económica que corresponda aos profesionais de enfermería do programa de transplante pulmonar. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 99 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28 da mesma Lei. Na tramitación das reclamacións, debe analizar se a información solicitada é información pública ou non, e de selo, se á información solicitada lle son aplicables ou non os límites establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, ou se concorre na mesma algunha causa de inadmisión das establecidas no artigo 18 da mesma Lei. De acordo coa documentación presentada pola interesada, debe concluírse que non presenta reclamación contra a falla de contestación ou desconformidade cunha solicitude de acceso á información pública, senón que presenta unha reclamación contra a falla de resposta da Area de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde, respecto dunha reclamación en materia salarial. Por tanto, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da reclamación presentada, ao non poder considerarse a solicitude presentada, unha solicitude de acceso á información pública de conformidade co disposto nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 99 da Lei 19/2013. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por contra a falla de resposta da Administración e da Area de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde, respecto do dereito do persoal de Enfermeira da unidade de Pneumoloxía do HUAC na Area da Coruña-Cee, á remuneración por participar no Transplante pulmonar. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 99 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.07.22 15:09:19 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.