Inadmitida 19/07/2022 · 56 días en resolverse

Inadmisión de reclamación sobre el protocolo de actuación de la empresa controladora del mercado dominical de Padrón

El solicitante pidió al Concello de Padrón el protocolo de actuación de la empresa privada que controla el mercado dominical. Ante la falta de respuesta, presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo inadmitió la reclamación porque se interpuso antes de que transcurriera el mes reglamentario para que operara el silencio administrativo.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se interpuso el 24 de mayo de 2022 frente a una solicitud presentada el 25 de abril de 2022
2 El artículo 24 de la Ley 19/2013 establece que la reclamación debe interponerse en el plazo de un mes a contar desde el día siguiente a la notificación o a la producción de los efectos del silencio administrativo
3 No transcurrió el plazo de un mes desde la recepción de la solicitud por el Concello de Padrón hasta la interposición de la reclamación
4 La reclamación es inadmisible por tratarse de un acto no susceptible de recurso según el artículo 116.c) de la Ley 39/2015

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 24 de maio de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 19 de xullo de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 24 de maio de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, fronte a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de información sobre o protocolo de actuación da empresa privada que controla o mercadiño dominical presentada perante o Concello de Padrón con data 25 de abril de 2022. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e copia do DNI do reclamante. Segundo. Con data do 6 de xuño de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Padrón para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de xuño de 2022. Terceiro. Con data do 7 de xullo de 2022 o Concello de Padrón contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que o Concello asinou con data do 2 de febreiro do 2019 un contrato de servizos coa empresa SPR Carro & Millan S.L., que tiña por obxecto que esta sociedade recollera datos das persoas titulares dos postos de venda que se sitúan no mercado de venda ambulante que se realiza todos os domingos en Padrón, dado que debido a sucesivos cambios dos titulares, enderezos, produto de venda sen comunicación previa á administración, o padrón fiscal da Taxa pola instalación de postas, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atracción en terreos de uso público (Ordenanza fiscal número 17 publicada no BOP número 19 do 23/01/2008) estaba moi desactualizada, cos conseguintes prexuízos á hora de reclamar o pago desta taxa ou de esixir o cumprimento das obrigas que recolle a Ordenanza reguladora da venda ambulante do Concello. O tratamento dos datos recabados ten como base o exercicio do deber de defensa e custodia do dominio público municipal e a potestade tributaria que establece o artigo 4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, na Lei 33/2003, do 3 de novembro, de patrimonio das Administracións públicas, e o Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. De acordo co contrato, os datos serán tratados pola contratista coa finalidade de prestar o servizo obxecto daquel e non serán cedidos a terceiros salvo nos casos nos que exista unha obriga legal, polo que non existe incumprimento algún en materia de protección dos datos facilitados polas persoas vendedoras no mercado dominical de Padrón. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. No presente caso, tal e como consta no selo do Rexistro de entrada do Concello de Soutomaior, onde se presentou a solicitude, a súa data de presentación é do 25 de abril de 2022, e a reclamación ante a falta de contestación á dita solicitude, a presentou o interesado no Rexistro da Institución do Valedor do Pobo o día 24 de maio de 2022. De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, desde a recepción da solicitude polo Concello de Padrón, órgano competente para resolver, ata a interposición da reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, a inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data do 25 de maio de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de información sobre o protocolo de actuación da empresa privada que controla o mercadiño dominical presentada perante o Concello de Padrón con data 25 de abril de 2022. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.07.22 15:11:26 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.