Una candidata solicitó al Tribunal de un proceso selectivo del Ayuntamiento de Pol la publicación de la solución motivada y los criterios de valoración del segundo ejercicio. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque, al ser la solicitante interesada en un procedimiento administrativo en curso, debe aplicar la normativa específica de dicho proceso y no la ley de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
La Disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa reguladora del procedimiento administrativo es la aplicable al acceso de interesados en un procedimiento en curso.
2
Para la inadmisión por esta vía deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento administrativo específico, condición de interesado del reclamante y que el procedimiento esté en curso.
3
En el caso analizado se cumplen los tres requisitos, ya que la reclamante es participante en el proceso selectivo y este se encuentra activo en el momento de la solicitud.
4
Al concurrir dichos requisitos, la reclamación presentada al amparo de la ley de transparencia debe ser inadmitida.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 1 de xullo
de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 19 de xullo de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor
do Pobo o 1 de xullo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición
adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
resolución da súa solicitude presentada ante o Tribunal que xulga o proceso selectivo para a
provisión dunha praza vacante de administrativo no Concello de Pol, no que presentou
recurso administrativo solicitando a nulidade de parte do segundo exercicio e solicitando que
se publicase a súa solución.
A reclamante indica que é interesada por haber participado como candidata no proceso
selectivo para a provisión dunha praza vacante de administrativo, estando o recurso
administrativo presentado pendente de resolución.
Indica que solicitou que se lle indicara unha solución ao exercicio práctico, debidamente
motivada, cos criterios mínimos de valoración do exercicio da segunda proba da oposición, e
que non se publicou en ningún momento solución nin criterios de valoración para ter unha
orientación de como resolvelo. Se lle remitiu unha comunicación do Tribunal na que se
desestima a súa solicitude por ser posible máis dunha solución sempre e cando estiveran
motivadas.
A reclamante solicita que se lle remita ou publique unha solución do exercicio práctico e se lle
responda mediante documento asinado polo órgano competente.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
A interesada presentou reclamación contra a resposta dada polo Tribunal que xulga un
proceso selectivo, no que ten a condición de interesada por ser participante no mesmo, e no
que solicitaba que se publicase ou que se lle remitiran os criterios de corrección dunha das
probas.
Como xa se manifestou esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia que
agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do seu artigo 13 en relación co artigo 12,
a Lei 19/2013 recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a información pública en mans
dos organismos e entidades incluídos no seu ámbito de aplicación -artigo 2-, non é menos
certo que dita norma indica na súa Disposición adicional primeira, parágrafo primeiro, que a
normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao
acceso por parte de quen teña a condición de interesados nun procedemento administrativo
en curso aos documentos que se integren no mesmo.
Respecto á aplicación da dita disposición adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos
para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe
existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, a persoa
reclamante debe ser interesada no mesmo, e terceiro, o procedemento debe estar en curso.
Analizando estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se
realiza a solicitude e se presenta o recurso, de acordo coa documentación remitida pola
interesada, concorren no caso que nos ocupa, dado que a reclamación se presenta por persoa
participante no procedemento selectivo e no curso do mesmo, polo que debe inadmitirse por
este motivo, a reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data do 1 de xullo
de 2022, contra a resolución da súa solicitude do Tribunal que xulga o proceso selectivo para
a provisión dunha praza vacante de administrativo no Concello de Pol.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.07.22 15:15:32 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.