El ciudadano solicitó al Concello de Redondela el expediente de concesión de las ferias municipales. Ante la falta de respuesta, presentó reclamación alegando silencio administrativo. La Comisión de Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación por ser extemporánea, ya que no había transcurrido el plazo de un mes desde la solicitud original.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se interpuso el 23 de junio de 2022, habiendo sido presentada la solicitud original el 23 de mayo de 2022.
2
El artículo 28 de la Ley 1/2016 establece que la reclamación debe interponerse en el plazo de un mes a contar desde la notificación o desde que se produzcan los efectos del silencio administrativo.
3
Se considera que la presentación es extemporánea al no haber transcurrido el plazo legal de un mes desde la recepción de la solicitud por el órgano competente.
4
La resolución se fundamenta en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015, al tratarse de un acto no susceptible de recurso por la falta de agotamiento de los plazos previos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 23 de xuño de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 23
de xuño de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por
silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Redondela con
data 23 de maio de 2022, sobre un expediente de concesión das feiras do Concello.
O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada.
Con data do 1 de xullo de 2022 requiríuselle ao reclamante que acreditase a súa identidade
mediante a presentación de copia do DNI, documentación que foi presentada polo
interesado con data do 4 do mesmo mes.
Segundo. Con data do 1 de xullo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Redondela para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 5 de xullo de 2022, sen que polo Concello
se remitise a copia do expediente tramitado e o informe sobre a reclamación solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións
corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao
Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a
competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con
carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa,
reclamación que debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os
efectos do silencio administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase
que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que a solicitude presentouse con
data do 23 de maio de 2022 no rexistro do Concello, e a reclamación ante esta Comisión
presentouse o 23 de xuño de 2022, segundo consta na documentación remitida polo
reclamante, é dicir sen ter transcorrido o prazo dun mes que establece a normativa.
De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei
1/2016, desde a recepción da solicitude polo Concello de Redondela, órgano competente
para resolver, ata a interposición da reclamación polo interesado, procedendo en
consecuencia, a inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non
susceptible de recurso, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1
de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En base
aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación
de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de
maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017),
ACORDO
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data 23 de xuño de 2022, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello
de Redondela con data 23 de maio de 2022, sobre un expediente de concesión das feiras do
concello.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Mª Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia