Desestimada 27/09/2022 · 92 días en resolverse

Reclamación sobre el acceso a los datos brutos de encuestas del estudio de reforma del mapa municipal gallego con resultado desestimatorio

El solicitante pidió a la Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes los datos brutos de encuestas sobre la reforma del mapa municipal gallego. Alegó que la respuesta parcial recibida era insuficiente y no motivaba la denegación. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque los datos brutos están en poder de una fundación privada, no sujeta a la ley de transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 La Administración concedió acceso parcial basándose en que la información estaba en proceso de elaboración según el artículo 18.1 a) de la Ley 19/2013.
2 El reclamante distinguió entre el estudio final (en elaboración) y los datos en bruto de las encuestas, solicitando específicamente estos últimos.
3 La Dirección General informó que solo dispone de los datos tratados estadísticamente y que los datos brutos obran en poder de la Fundación Juana de Vega.
4 Se determinó que la Fundación, al ser una entidad de carácter privado, no está incluida en el ámbito de aplicación de la normativa de transparencia.
5 La resolución concluye que, al no estar la información solicitada en poder de la Administración competente, procede la desestimación de la reclamación.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 27 de xuño de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27 de xuño de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo con data 24 de maio de 2022 (actual Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes), sobre o acceso aos datos obtidos como resultado das enquisas realizadas no marco do estudo de reforma do mapa municipal galego impulsado pola Dirección Xeral da Administración Local da Xunta de Galicia xunto á Fundación Juana de Vega e as universidades galegas. O reclamante, en resumo, indica que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 1 de xullo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 6 de xullo de 2022. Terceiro. Con data do 12 de xullo de 2022 o interesado remite escrito no que comunica que recibiu resposta da Dirección Xeral de Administración Local na que considera que a resolución e a suposta resposta parcial que lle ofrecen non é conforme a dereito, por canto a Administración se ampara nunha causa de inadmisión para resolver outorgar un acceso parcial, e non esgrime ningún dos límites para o acceso previstos na lei nin establece a súa vinculación co artigo 16 que permite o acceso parcial cando algún deses límites non afecte á totalidade da información. Sen coñecer cal puidera ser o límite de acceso polo que se lle concede información parcial se lle deixa indefenso e sen capacidade de argumentar fronte a ese límite. Aclara que non pediu o estudo que segundo a Dirección Xeral está aínda en elaboración, senón os "datos obtidos como resultado das enquisas", isto é, os datos en bruto previos ao estudo que segundo se din está en elaboración. Afirma que a propia resposta da administración supón admitir que a recolección deses datos previos está rematada, aínda que non o estea o estudo. Cuarto.- Con data do 2 de agosto de 2022, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes contesta a petición, remitido a copia do expediente tramitado e informe sobre a reclamación presentada. En resume, o informe indica que a información solicitada forma parte da execución dun Convenio de colaboración asinado entre a entón Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Fundación Juana de Vega para o desenvolvemento dun proxecto para o estudo da planta local galega e impulso de novos procesos de fusión municipal, que inclúe a realización por parte da Fundación, dunha serie de traballos entre os que está a redacción, maquetación e entrega dun informe sobre o traballo desenvolvido. Os traballos están neste momento en proceso de elaboración e unha das partes do mesmo é un estudo sobre a opinión da poboación local fronte aos procesos de fusión (enquisa á poboación galega). Con data do 4 de xullo de 2022 ditouse resolución pola que se estima a petición de acceso á información concedendo ao interesado parte da información solicitada, de conformidade co disposto no artigo 18.1 a) da Lei 19/2013, ao tratarse de información que está en proceso de elaboración ou publicación xeral. A información que se proporciona figura en documentación anexo á resolución. Quinto.- Con data do 24 de agosto de 2022 remitíuselle á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes copia do escrito remitido polo interesado con data do 12 de agosto de 2022, aos efectos de que remitise informe sobre o mesmo. Con data do 21 de setembro de 2022 a Dirección Xeral contesta á petición, remitindo informe no que en resumo indica que os datos solicitados inicialmente polo interesado foron dos que dispoñía a administración, que non dispón dos datos en bruto aos que se refire o reclamante, senon un resumo destes que foi o que se lle facilitou. Os datos en bruto forman parte dun estudo global que está en elaboración e maquetación, que forman parte do compromiso establecido no convenio asinado coa Fundación. Indica que a Fundación non é un ente suxeito ás obrigas de información pública da Lei 19/2013, ao ser unha entidade de carácter privado e os datos brutos das enquisas forman parte da documentación que a dita Fundación, coa colaboración de diversos expertos das universidades galegas, está a empregar para a elaboración do informe final. Faise constar ademais que o convenio sinala que a propiedade intelectual da enquisa é común ás partes polo que calquera uso destes datos ou estatísticas debería ser autorizado por parte da Fundación como cotitular destes e respectando as normas de propiedade intelectual vixentes. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería resolveu expresamente fora do prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, e unha vez que o interesado tiña presentada a súa reclamación, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O reclamante solicitou acceso aos datos obtidos como resultado das enquisas realizadas no marco dun estudo de reforma do mapa municipal galego impulsado pola Dirección Xeral da Administración Local como resultado das accións acordadas nun convenio asinado cunha Fundación e as universidades galegas. A resolución da Dirección Xeral resolve conceder un acceso parcial, denegando unha parte do que considera que é obxecto da solicitude (o estudo sobre a planta local galega) porque está en elaboración e lle é de aplicación a causa de inadmisión establecida no artigo 18.1.a) da Lei 19/2013, proporcionando os datos resultado da enquisa tratados estatisticamente (porcentaxes sobre cidadáns con predisposición favorable á fusión voluntaria de concellos, sobre redución de concellos e a influencia que tería na prestación de servizos, entre outros aspectos, en función da idade da persoa enquistada, nivel de ingresos, etc.), pero non os datos antes do tratamento estatístico. O interesado o que solicitou foron os datos obtidos como resultado das enquisas realizadas, como figura literalmente na súa solicitude, ou como expresa no seu escrito presentado ante esta Comisión unha vez que recibiu a resolución, os datos en bruto obtidos, e non o tratamento estatístico que a Dirección Xeral lles deu, e que foi a información que se lle proporcionou. Tal e como indica a Dirección Xeral no informe complementario remitido a solicitude desta Comisión, os datos que se proporcionaron ao interesado son dos que dispón a Administración, sen que estean no seu poder os datos en bruto, que forman parte do estudo global que está en elaboración e maquetación pola Fundación. De acordo co anterior, ao non tratarse a información solicitada de información que estea en poder da Dirección Xeral competente, senón dunha Fundación non incluída dentro do ámbito de aplicación da normativa de Transparencia, procede a desestimación da reclamación presentada contra a resolución pola que se lle concede o acceso parcial á información solicitada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX con data do 23 de xuño de 2022, contra a desestimación inicial por silencio administrativo, e posteriormente contra a resolución expresa da súa solicitude presentada perante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo con data 24 de maio de 2022, sobre o acceso aos datos obtidos como resultado das enquisas realizadas no marco do estudo de reforma do mapa municipal galego impulsado pola Dirección Xeral da Administración Local da Xunta de Galicia xunto á Fundación Juana de Vega e as universidades galegas. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.