Estimada 27/09/2022 · 92 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre informes arqueológicos de los yacimientos de Castro da Trinidade-Castro Flores estimada por motivos formales

XXX solicitó a la Consellería de Cultura, Educación y Universidad informes arqueológicos de los yacimientos de Castro da Trinidade-Castro Flores. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración finalmente concedió el acceso a la información el 20 de julio de 2022.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se interpuso contra la desestimación por silencio administrativo de una solicitud de acceso a la información pública.
2 Se admite la reclamación como presentada en plazo dado que la resolución expresa de la Consellería se dictó después de haber iniciado el trámite ante la Comisión.
3 La Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades resolvió positivamente la solicitud el 20 de julio de 2022, facilitando los informes solicitados.
4 La Comisión acuerda la estimación por motivos formales de la reclamación al haberse materializado el acceso a la información requerida.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vistas ás reclamacións presentadas por XXX, mediante escrito do 27 de xuño de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27 de xuño de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (actual Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades) con data 4 de marzo de 2022, de acceso á información pública relativa aos informes realizados polo técnico arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía de Santiago, tralas visitas realizadas aos xacementos de Castro da Trinidade-Castro Flores, nos anos 2018 e 2020 (expedientes XXX e XXX). O escrito veu acompañado de copia da solicitude presentada con sinatura electrónica de asociación, e do DNI do representante. Segundo. Con data do 5 de xullo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro.- Con data do 25 de agosto de 2022 a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades remite Informe no que comunica que con data do 20 de xullo de 2022 emitiuse unha resolución de concesión de acceso á información ao XXX, que foi notificada e recepcionada polo reclamante o 21/07/2022. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ditou resolución expresa unha vez que XXX tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso a determinados informes realizados por un técnico arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía de Santiago, tralas visitas realizadas aos xacementos de Castro da Trinidade- Castro Flores, nos anos 2018 e 2020 (expedientes XXX e XX) A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero con data do 20 de xullo de 2022, a solicitude de acceso foi resolta de forma positiva facilitándoselle o acceso á información XXX mediante a remisión dos informes solicitados. De acordo co anterior, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, sen prexuízo de que si XXX o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 27 de xuño de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade con data 4 de marzo de 2022, de acceso á información pública relativa aos informes realizados polo técnico arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía de Santiago, tralas visitas realizadas aos xacementos de Castro da Trinidade-Castro Flores, nos anos 2018 e 2020 (expedientes XXX e XXX). Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.