El solicitante pidió a la Consellería de Cultura, Educación y Universidad información sobre yacimientos arqueológicos en Mos-Tameiga. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración finalmente concedió el acceso a la información el 20 de julio de 2022, satisfaciendo el derecho.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible por haberse presentado en plazo, ya que contra resoluciones presuntas por silencio administrativo los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
La Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
3
Se determina que el derecho de acceso a la información fue satisfecho, aunque de forma extemporánea, mediante resolución positiva del 20 de julio de 2022.
4
La estimación de la reclamación se produce por motivos formales al no haber presentado el interesado objeciones sobre la información recibida.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 28 de xullo de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 28
de xuño de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Cultura, Educación e
Universidade (actual Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e
Universidades) con data 25 de maio de 2022, de acceso á información pública relativa aos
xacementos arqueolóxicos situados en Mos-Tameiga, nas obras da cidade deportiva Afouteza
do Celta de Vigo (Monte veciñal de Cela).
O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 4 de xullo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para
que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de xullo de 2022.
Terceiro. Con data do 25 de agosto de 2022 a Consellería de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades contesta a petición remitindo oficio no que comunica que con
data do 20 de xullo de 2022, emitiuse e notificóuselle unha resolución de concesión de acceso
á información ao interesado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades non resolveu a
solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016,
ditando resolución expresa unha vez que o interesado tiña presentada reclamación ante esta
Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso a determinada información relativa aos xacementos
arqueolóxicos situados en Mos-Tameiga, nas obras da cidade deportiva Afouteza do Celta de
Vigo (Monte veciñal de Cela).
A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero con data do 20
de xullo de 2022, a solicitude de acceso foi resolta de forma positiva facilitándoselle o acceso
á información solicitada ao interesado.
Ao non terse recibida obxección algunha por parte do reclamante sobre a información
recibida, débese entender que o seu dereito foi satisfeito, aínda que de forma extemporánea,
polo que procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, sen prexuízo de que
si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte
á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus
argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 28 de
xuño de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude
presentada perante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade con data 25 de maio
de 2022, de acceso á información pública relativa aos xacementos arqueolóxicos situados en
Mos -Tameiga, nas obras da cidade deportiva Afouteza do Celta de Vigo (Monte veciñal de
Cela).
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.