Estimada 27/09/2022 · 89 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre solicitud de acceso a expediente de reposición de la legalidad urbanística estimada por la Comisión de Transparencia de Galicia

Se solicitó a la Agencia de Protección de la Legalidad Urbanística (APLU) el acceso a un expediente de reposición de legalidad urbanística. La solicitante alegó silencio administrativo y falta de respuesta. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación debido a la ausencia de resolución expresa, instando a la APLU a responder tras los trámites de audiencia correspondientes.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, ante la ausencia de resolución expresa de la APLU, los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2 Se estima la reclamación al deducirse que la Administración no dictó resolución expresa sobre la solicitud de acceso a la información, incurriendo en silencio administrativo.
3 Ante solicitudes que puedan afectar a derechos o intereses de terceros, especialmente en expedientes de infracciones administrativas, es preceptivo abrir un trámite de audiencia previo a la resolución.
4 En caso de oposición de terceros, la Administración debe realizar una ponderación entre el interés público de difusión de la información y la protección de los intereses del tercero.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 30 de xuño de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 30 de xuño de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística con data 25 de maio de 2022, de acceso ao expediente de reposición da legalidade urbanística XXX. A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. Segundo. Con data do 5 de xullo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 13 de xullo de 2022 a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) contesta a petición remitindo informe sobre a reclamación presentada. Neste informe, en resumo, indícase que o obxecto da solicitude presentada con data do 25 de maio de 2022 pola interesada, foi obter copia do expediente XXX, referencia que corresponde á tramitación do recurso administrativo contra a resolución dun expediente sancionador e de reposición da legalidade urbanística incoado e resolto conforme á lexislación de Costas. No escrito de reclamación ante a Comisión da transparencia de Galicia, a interesada sinala que solicitou acceso ó expediente de reposición da legalidade urbanística XXX, referencia que corresponde ás actuacións informativas previas á incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade XXX, polo que procédese a tramitar a solicitude como de acceso á información pública, e con data do 6 de xullo de 2022 informáselle á reclamante que se da traslado da súa solicitude ás persoas interesadas no expediente para formular alegacións. Cuarto.- Con data do 19 de setembro de 2022, a reclamante remite escrito no que manifesta que fixo constar na súa solicitude de información á APLU a normativa que recoñece o dereito a exercer a acción pública urbanística, e a referente ás infraccións e sancións na dita materia, que non se esta a solicitar o acceso a datos especialmente protexidos e que nas comunicacións da APLU alúdese a intereses e dereitos das persoas ás que se dá audiencia sen identificar que intereses ou dereitos preténdese protexer. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Non consta que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) resolvese a solicitude de acceso á información presentada, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou á Axencia o acceso a un expediente de reposición da legalidade urbanística que identifica co número XXX, referencia que corresponde á tramitación do recurso administrativo contra a resolución dun expediente sancionador e de reposición da legalidade urbanística incoado e resolto conforme á lexislación de Costas e no escrito de reclamación ante esta Comisión, presenta reclamación pola falla de resolución da súa solicitude de acceso ao expediente XXX, referencia que corresponde ás actuacións informativas previas á incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade XXX. Ante este erro da interesada na reclamación presentada, de identificación do obxecto da súa solicitude inicial, a APLU inicia a tramitación dun expediente de solicitude de acceso ao expediente XXX cos trámites que corresponden, sen que faga referencia algunha á resolución da solicitude de acceso ao expediente XXX. Se ben nada hai que reprochar a que a Axencia inicie un novo expediente de acceso ao expediente XXX, ante o evidente erro da interesada na identificación do expediente solicitado no seu escrito de reclamación ante esta Comisión, a Axencia debeu informar sobre o estado de tramitación da solicitude sobre XXX. Ante esa falla de información, non cabe senón deducir que nese expediente de solicitude de acceso, non se ditou resolución expresa, polo que procede a estimación da reclamación presentada, debendo resolverse expresamente sobre a solicitude, previa a correspondente tramitación. Neste senso, e en relación coas alegacións presentadas pola reclamante nas que mostra a súa desconformidade co que APLU abra trámite de alegacións, sempre debe terse en conta que ante unha solicitude de acceso á información que poda afectar a dereitos ou intereses de terceiros, é fundamental, e de especial importancia neste caso ao tratarse de acceso a un expediente que pode conter información referente a infraccións administrativas, a apertura do trámite de audiencia de acordo co disposto nos artigos 27.2 da Lei 1/2016 e 19.3 da Lei 19/2013, informando á solicitante desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para ditar resolución ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo para a súa presentación. No caso de que o terceiro se opuxera ao acceso solicitado, a Axencia antes de resolver, debe facer unha ponderación para determinar si debe primar o interese público na difusión da información, ou a protección dos intereses postos de relevo polo terceiro, resolvendo en favor do acceso á información no primeiro caso, e na denegación no segundo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística con data 25 de maio de 2022, de acceso ao expediente de reposición da legalidade urbanística XXX. Segundo: Instar á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, tras a finalización dos trámites de audiencia que correspondan, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.