El solicitante pidió a la Axencia Galega de Infraestruturas la copia de una autorización de acceso vehicular a un inmueble en Vigo o un informe de su inexistencia. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al no existir resolución expresa, instando al organismo a responder formalmente en 10 días.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante la ausencia de resolución expresa, los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
El derecho de acceso a la información pública implica la obligación de recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
3
Aunque la administración alegó que no localizó la autorización en sus archivos debido a su antigüedad, esto no exime la obligación de dictar una resolución expresa y formal.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 30 de xuño de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 30
de xuño de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Axencia Galega de Infraestruturas de
obtención de copia da autorización de acceso concedida pola dita Axencia para a entrada de
vehículos ao inmoble situado no número XXX da estrada XXX, XXX do Concello de Vigo ou de
ser o caso, informe de inexistencia da dita autorización.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada da resposta e do seu DNI.
Segundo. Con data do 4 de xullo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada pola
reclamante á Axencia Galega de Infraestruturas para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de xullo de 2022.
Terceiro. Con data do 22 de xullo de 2022, a Axencia Galega de Infraestruturas contesta a
petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe emitido polo Servizo Provincial de Pontevedra da Axencia Galega de
Infraestruturas, faise constar que o predio sito na XXX no Concello de Vigo, coas referencias
catastrais XXX e XXX, é lindeiro coa estrada autonómica XXX á altura do punto quilométrico
XXX. Descoñecese polo servizo a data na que se construíu o acceso e a identidade do
solicitante polo que realizouse unha busca por estrada e punto quilométrico e sen atopar a
autorización deste acceso o cal non implica necesariamente que non existira autorización no
momento da súa construción. Sinala que no Catastro consta que no predio existen
construcións dende o ano 1998, polo que nesta data puido ter sido autorizado este acceso por
este servizo. No Google Maps existen imaxes do acceso existente dende o ano 2008 e non se
ten constancia polo servizo de que existan denuncias do equipo de vixilancia de estradas ou
expedientes sancionadores relacionados con este acceso. No arquivo non se atopa a
autorización deste acceso dada a súa antigüidade.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
No presente caso, non consta que pola Axencia Galega de Infraestruturas se ditase e notificase
resolución expresa sobre a solicitude presentada, polo que debe admitirse a reclamación por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou acceso ante á Axencia Galega de obtención de copia da autorización de acceso
concedida pola dita Axencia para a entrada de vehículos nun inmoble que identifica
adecuadamente, ou de ser o caso, informe de inexistencia da dita autorización, sen obter
resposta.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública.
No presente caso, pola Axencia Galega de Infraestruturas remítese informe a esta Comisión,
emitido polo seu Servizo Provincial no que se indica que se descoñece a data na que se
construíu o acceso e a identidade do solicitante e non se atopou a autorización de acceso, o
que non implica que non existira autorización no momento da súa construción, pero en todo
caso no arquivo non se atopa a autorización deste acceso dada a súa antigüidade.
En todo caso, non consta que pola Axencia se ditase resolución expresa sobre a solicitude
presentada, polo que procede a estimación da reclamación, debendo ditarse resolución
expresa e formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de
acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso
substitutivo.
Debe lembrarse á Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co disposto no artigo 20.6 da
Lei 19/2013, que o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a
consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime
disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX contra desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Axencia Galega de Infraestruturas de
obtención de copia da autorización de acceso concedida pola dita Axencia para a entrada de
vehículos ao inmoble situado no número XXX da estrada XXX, XXX do Concello de Vigo ou de
ser o caso, informe de inexistencia da dita autorización
Segundo: Instar á Axencia Galega de Infraestruturas a que, no prazo máximo de 10 días
hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14
e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización
do acceso.
Terceiro: Instar á Axencia Galega de Infraestruturas, a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.