Un ciudadano solicitó a la Xunta de Galicia acceso al expediente de autorización de construcción y utilidad pública de una línea eléctrica. La administración denegó el acceso por estar el proceso en curso y no ser el solicitante 'interesado'. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, determinando que el estado de tramitación no impide el acceso vía transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
El hecho de que un expediente administrativo esté en curso no impide el acceso al mismo ni a los documentos finalizados que lo integran.
2
La disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa de procedimiento común se aplica a quienes son interesados, pero para el resto de ciudadanos el acceso se rige por la normativa de transparencia.
3
No procede denegar el acceso a informes o documentos finalizados dentro de un expediente en curso basándose únicamente en la falta de condición de interesado del solicitante.
4
La Comisión carece de competencia para reconocer la condición de interesado en el procedimiento sustantivo, debiendo resolverse dicha cuestión ante el órgano competente de la autorización.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 7 de xuño de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de
xuño de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución ditada pola Xefatura Territorial
da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación con data 3 de
maio de 2022, pola que se desestima a súa solicitude de data 1 de outubro de 2021, de acceso
á documentación relativa ao expediente de outorgamento da autorización administrativa de
construción e de declaración de utilidade pública solicitado no Rexistro Electrónico da Xunta
de Galicia con data 03/04/2018.
O reclamante, en resumo, indica que a resolución impugnada lle denega o acceso á
información relativa á instalación eléctrica XXX, co n° de expediente XXX, que se segue ante
ou Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña, en base ao establecido na
disposición adicional primeira da Lei 19/2013, por atoparse o procedemento en curso, e por
considerar que o interesado non ten a consideración de interesado no procedemento
administrativo en cuestión.
O reclamante considera que si ten a condición de interesado en base ao disposto no artigo 4
da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas dado
que exerce dereitos que poden resultar afectados pola decisión que no mesmo se adopte,
porque o domicilio no que reside é un lugar que se ve afectado pola construción da LAT, e que
por tanto dita construción si pode afectar aos seus dereitos persoais do dicente ao poder
ocasionar posibles prexuízos na súa saúde, ruídos, calidade de vida, etc.., así como nos seus
dereitos de patrimoniais (expropiacións, diminución de valor dos seus bens pola proximidade
da LAT, entre outros).
Fai constar que presentou, xunto con outros veciños do lugar, alegacións no propio
expediente de construción da LAT e unha solicitude de declaración de BIC do Castro Lupario,
o cal se ve igualmente afectado, solicitude que foi desestimada por silencio administrativo,
polo que solicita que se dite resolución pola que acorden deixar sen efecto o pronunciamento
da resolución da Directora Xeral no procedemento de acceso á información relativa á
instalación eléctrica XXX e se lle recoñeza a condición de interesado.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, diversos escritos presentados
en relación coa instalación eléctrica e do seu DNI.
Segundo. Con data do 11 de xullo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para
que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de xullo de 2022.
Terceiro. Con data do 9 de agosto de 2022 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente
instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que o reclamante solicitou, en relación á instalación
eléctrica denominada XXX, e o seu proxecto de execución, o acceso ao proxecto/s da empresa
promotora, addendas/complementos/ modificacións do proxecto, informes dos distintos
organismos administrativos (Patrimonio Cultural, Medio, etc) emitidos ao
proxecto/addendas/ complementos e modificacións, e demais resolucións administrativas
emitidas con ocasión do citado proxecto (declaración de impacto ambiental, declaración de
utilidade pública, etc).
Da solicitude déuselle traslado á Red Eléctrica de España, S.A.U. como solicitante/promotor
da instalación eléctrica, que manifestou a súa oposición á solicitude expoñendo unha serie de
alegacións que foron debidamente analizadas na resolución ditada.
A resolución impugnada permitiu o acceso á documentación solicitada correspondente á
autorización administrativa previa, en atención á aplicación da Lei 19/2013, o acceso á
documentación solicitada correspondente á tramitación da solicitude de impacto ambiental
en aplicación da Lei 27/2006, de 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á
información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente e
non permitiu o acceso á documentación relativa ao expediente de autorización administrativa
de construción e de declaración de utilidade pública, de conformidade coa disposición
adicional primeira da Lei 19/2013.
De acordo co anterior, a parte da información sometida ao réxime xeral de acceso na que sería
competente esa Comisión para resolver sería a correspondente á parte da solicitude que ten
que ver coa documentación relativa á tramitación da solicitude de outorgamento da
autorización administrativa de construción da liña eléctrica de alta tensión á que se refire o
reclamante nas súas alegacións.
A denegación susténtase en que procede aplicar a disposición adicional primeira da Lei
19/2013, que establece que a normativa reguladora do correspondente procedemento será a
aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesado nun procedemento
administrativo en curso aos documentos que o integren. Ao non constar a condición de
interesado do reclamante no procedemento, non procede concederlle pois o acceso ao
mesmo.
Considera o informe que o reclamante non cuestiona a argumentación da resolución pola que
non cabe concederlle acceso á información contida nun expediente en tramitación, se non
que considera que ten dereito a acceder á mesma por asumir que é interesado en dito
procedemento e que polo tanto seríalle de aplicación a normativa de procedemento común e
solicita que a Comisión dite resolución que obrigue a este órgano a recoñecerlle a condición
de interesado ao reclamante e ter acceso así ao expediente, petición que considera que
excede o ámbito da reclamación por acceso a información da Lei 19/2013 e da Lei 1/2016,
polo que considera que cabería inadmitir a reclamación presentada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 4 de maio de 2022 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
con data do 7 de xuño de 2022, e na que consta un selo de certificado de Correos de
presentación o 3 de xuño de 2022, debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado presentou unha solicitude de acceso á documentación referente a unha
instalación eléctrica da que parte da mesma se lle concedeu (de conformidade co disposto na
normativa de transparencia e na normativa de acceso á información ambiental), e se lle
denegou a parte relativa ao expediente de autorización administrativa de construción e de
declaración de utilidade pública, por estar este expediente en tramitación e non ter o
solicitante a condición de interesado. Considerou a Xefatura Territorial que é aplicable a
disposición adicional primeira da Lei 19/2013 e interpreta que, de acordo coa mesma, solo é
posible o acceso a documentos ou información que forma parte dun procedemento en curso,
a quen teña a condición de interesado, e de acordo coa normativa reguladora do
correspondente procedemento. Así conclúe que ao non constar a condición de interesado do
reclamante no procedemento, non procede concederlle o acceso ao mesmo.
Esta Comisión non pode dar por válida a argumentación da Xefatura Territorial neste
expediente. O feito de que un expediente administrativo estea en curso non impide o acceso
ao mesmo, nin a disposición adicional primeira impide o acceso a documentos ou información
finalizados que formen parte dun expediente en curso a quen non teña a condición de
interesado no mesmo, senón que simplemente establece que para os solicitantes que teñan
a condición de interesado nun expediente en curso, a normativa aplicable ao acceso non é a
de Transparencia, senón a propia do dito procedemento. Para os solicitantes que non teñan a
condición de interesado, o seu acceso réxese pola normativa de transparencia, polo que son
aplicables os límites e causas de inadmisión establecidos na dita normativa.
De acordo co anterior, non procede denegar o acceso do solicitante aos informes ou
documentos que consten no expediente en curso e que estean finalizados, aínda que o
expediente careza de resolución final e o solicitante careza do recoñecemento da condición
de interesado, procedendo en consecuencia a estimación da reclamación presentada.
Por outra banda, non procede acceder á solicitude do reclamante de recoñecemento da
condición de interesado no procedemento de autorización da liña eléctrica, por carecer esta
Comisión de competencias para ese recoñecemento, que debe ser resolto polo órgano
substantivo que teña a competencia para resolver sobre a autorización.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 7 de xuño de 2022, contra
a Resolución ditada pola Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de
Economía, Empresa e Innovación con data 3 de maio de 2022, pola que se desestima a súa
solicitude de data 1 de outubro de 2021, de acceso á documentación relativa ao expediente
de outorgamento da autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade
pública solicitado no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia con data 03/04/2018.
Segundo: Instar á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación,
a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, proporcione a información solicitada, respectando
os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei,
no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación,
a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do
envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.