Estimada 27/09/2022 · 82 días en resolverse

Reclamación por denegación de acceso a datos detallados de listas de espera del Anexo IV del RD 605/2003 resuelta como estimatoria

XXX solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia datos detallados sobre listas de espera (Anexo IV RD 605/2003). El solicitante alegó que la información pública disponible en la web era insuficiente. La Comisión da Transparencia de Galicia estimó la reclamación, obligando al organismo a entregar los datos al no justificarse la necesidad de una reelaboración compleja.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública debe interpretarse de forma amplia y expansiva, limitando estrictamente las causas de inadmisión.
2 La denegación basada en la necesidad de una acción previa de reelaboración (art. 18.1 Ley 19/2013) requiere que el órgano justifique clara y suficientemente la complejidad técnica del tratamiento.
3 No constituye causa de inadmisión la mera afirmación de que la información requiera la confección de un trabajo 'ad hoc' sin acreditar la dispersión de datos o la inexistencia de sistemas de tratamiento.
4 La administración no puede denegar el acceso cuando la información ya ha sido elaborada y transmitida a otros organismos, como en este caso al Ministerio de Sanidad.
5 La causa de inadmisión por reelaboración solo opera si el tratamiento previo presenta una complejidad que supere una reelaboración básica o general.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 7 de xullo de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de xullo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade de data 6 de xuño de 2022, pola que se resolve a súa solicitude de acceso aos datos recollidos nos cadros contemplados no anexo IV do Real Decreto 605/2003, de 23 de maio, polo que se establecen medidas para o tratamento homoxéneo da información sobre as listas de espera no Sistema Nacional de Saúde. O reclamante en resumo, indica que solicitou copia dos datos recollidos en todos os cadros contemplados no anexo IV do Real Decreto 605/2003, do 23 de maio, polo que se establecen medidas para o tratamento homoxéneo da información sobre as listas de espera no Sistema Nacional de Saúde, referidos ao segundo semestre do 2021, ou no seu defecto, de estar aqueles pendentes de elaboración non momento en que os datos se subministren a esta parte solicitante, os correspondentes ao último semestre con datos dispoñibles. Ante a falla de contestación por parte da Consellería, presentouse reclamación ante a Comisión de Transparencia (expediente RSCTG 96/2022). Na resolución expresa extemporánea do 6 de xuño de 2022, da Consellería de Sanidade, se resolve conceder o acceso a información solicitada, mediante informe emitido pola Subdirección Xeral de Atención Hospitalaria. No dito informe indícase que a información referida de listas de espera é pública e está dispoñible para súa consulta por parte de calquera cidadán na ligazón que se indica, e na que se atopan publicados os datos referidos ao peche de decembro do ano 2021 (segundo semestre) de actividade cirúrxica, de consultas e de probas diagnósticas. O motivo de oposición á resolución é que da resolución de autorización, e do informe no que se sustenta, non outorgan acceso a información solicitada, xa que se limita a indicar que a información sobre as listas de espera son de acceso público e están dispoñibles nos vínculos da páxina web do SERGAS que o mesmo informe acompaña. Na reclamación presentada con data 10 de maio de 2022 ante a Comisión de Transparencia, facíase unha detallada descrición da información que conteñen os cadros do anexo IV do Real Decreto citado, e que en ningún caso se contemplan nas listas de espera publicadas polo SERGAS semestralmente. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do seu DNI e da resolución impugnada. Consta no expediente desta Comisión RSCTG 93/2022, certificado do acordo de renovación de cargos adoptado en sesión extraordinaria da asemblea xeral da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS celebrada do día 5 de febreiro de 2020. Segundo. Con data do 11 de xullo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 26 de xullo de 2022 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo copia do expediente instruído e informe no que se fai constar que con data do 6 de xuño de 2022 a Secretaría Xeral Técnica resolveu conceder o acceso á información solicitada, en base a informe da Subdirección Xeral de Atención Hospitalaria do 3 de xuño de 2022. No referido informe da Subdirección Xeral de Atención Hospitalaria, infórmase que a información referida de lista de espera é pública e está dispoñible para a súa consulta por parte de calquera cidadá no link que se indica, onde se atopan publicados os datos referidos ao peche a decembro do ano 2021 (segundo semestre) de actividade cirúrxica, de consultas e de probas diagnósticas. No informe remitido pola Subdirección Xeral á reclamación presentada, indícase que dende a existencia do Sistema de Información de Listas de Espera do Sistema Nacional de Salud, o contido do citado anexo IV é comunicado por parte de todas as comunidades autónomas ao Ministerio de Sanidade que na súa web institucional comunica a información do citado anexo IV. Unha descrición máis exhaustiva da información que conteñen os cadros do anexo IV non forma parte dos informes automatizados xa elaborados, polo que requiriría a confección dun traballo "ad hoc" e suporía tanto unha laboriosidade na extracción dos datos como unha complexidade técnica no seu análise posterior, polo que a solicitude incorre en causa de inadmisión segundo o artigo 18 da Lei 19/2013, por solicitar información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Consellería puxo a disposición da Asociación recorrente a resolución con data do 6 de xuño de 2022, sen que conste a data de aceptación da mesma na copia do expediente remitido, e a reclamación se interpuxo o 7 de xullo de 2022, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX presentou unha solicitude á Consellería de Sanidade con data 28 de marzo de 2022, de acceso aos datos recollidos nos cadros contemplados no anexo IV do Real Decreto 605/2003, de 23 de maio, referidos ao segundo semestre do 2021 ou, no caso de estar aqueles pendentes de elaboración no momento en que os datos se subministren, os referidos ao último semestre con datos dispoñibles. A dita solicitude non foi resolta dentro do prazo que o artigo 27.4 da Lei 1/2016 establece, polo que XXX presentou reclamación ante esta Comisión (expediente RSCTG 96/2022) que a estimou por motivos formais, ao terse ditada resolución con posterioridade á presentación da reclamación, e antes de que a Comisión da Transparencia resolvese a reclamación. Ante a desconformidade XXX coa información facilitada, presentou reclamación na que fai constar que como manifestou na reclamación presentada no expediente RSCTG 96/2022, a información para a cal se solicitou o acceso é a que semestralmente debe ser elaborada e remitida ao Ministerio de Sanidade polas Comunidades ao amparo do establecido no Real Decreto 605/2003 citado e que se recolle no seu anexo IV do citado Autónomas Real Decreto, que non é obxecto de publicación activa semestral pola Consellería de Sanidade (que unicamente inclúe unha mínima parte da información do anexo IV) e en concreto, indica de forma exhaustiva, que non son obxecto de publicación activa, respecto das Consultas externas e probas diagnósticas, a taxa por cada 0/00 habitantes de pacientes en espera estrutural para a primeira consulta e proba diagnóstica/terapéutica, o tempo medio de espera dos pacientes pendentes-TMEPP e tempo medio de espera estrutural para a primeira consulta, o número total de entradas no rexistro e número total de entradas por cada 0/00 habitantes, o número de saídas do rexistro referida ao número de pacientes atendidos durante o período, número total de saldas e taxa por cada 0/00 habitantes, espera media estrutural da primeira consulta ou proba diagnóstica/terapéutica e a demora media prospectiva, e respecto das intervencións cirúrxicas, a taxa por cada 0/00 habitantes do número de pacientes en espera estrutural, número de pacientes transitoriamente non programados e taxa por cada 0/00 habitantes, número de pacientes en espera tras rexeitamento de centro alternativo e taxa por cada 0/00 habitantes, tempo medio de espera dos pacientes tras rexeitamento de centro alternativo, número de pacientes por tramos de espera tras rexeitamento de centro alternativo: tramo entre 181 e 364 días e tramo con mais de 365 de espera, número total de entradas do rexistro no período e taxa por cada 0/00 habitantes, número total de saldas do rexistro no período por intervencións cirúrxicas, espera media total dos pacientes intervidos do rexistro no período, espera media dos pacientes intervidos do rexistro de xeito programado no período e demora media prospectiva. XXX indicou que a información solicitada é unha información relevante e decisiva á hora de controlar o proceso de toma de decisións públicas e de garantir a rendición de contas que propugna a Lei e que se trata de información que xa está elaborada por corresponder a información do segundo semestre do 2021 que xa debeu ser transmitida ao Ministerio de Sanidade, circunstancias estas que non son negadas no informe da Subdirección Xeral de Atención Hospitalaria remitido. Como estableceu a recente sentenza do Tribunal Supremo 670/2022, do 2 de xuño, o artigo 18.1 Lei 19/2013 establece diversas causas de inadmisión das solicitudes de acceso á información pública, entre as que se atopan as relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración. Como xa se pronunciou o Tribunal na sentenza do 16 de outubro de 2017 (recurso 75/2017), a aplicabilidade desta causa de inadmisión, como de calquera outra causa, debe tomar como premisa a formulación ampla e expansiva coa que aparece configurado o dereito de acceso á información na Lei 19/2013, que impón unha interpretación estrita, cando non restritiva das causas de inadmisión a trámite das solicitudes de información, e o dereito soamente verase limitado naqueles casos en que así sexa necesario pola propia natureza da información -derivado do disposto na Constitución Española- ou pola súa entrada en conflito con outros intereses protexidos. En todo caso, establece a sentenza, que os límites previstos aplicaranse atendendo a un test de dano (do interese que se salvagarda co límite) e de interese público na divulgación (que no caso concreto non prevaleza o interese público na divulgación da información) e de forma proporcionada e limitada polo seu obxecto e finalidade. Esa formulación ampla no recoñecemento e na regulación legal do dereito de acceso á información obriga a interpretar de forma estrita, cando non restritiva, tanto as limitacións a ese dereito que se contemplan no artigo 14.1 da Lei 19/2013 como as causas de inadmisión de solicitudes de información que aparecen enumeradas no artigo 18.1, sen que caiba aceptar limitacións que supoñan un menoscabo inxustificado e desproporcionado do dereito de acceso á información. Indica o Tribunal Supremo que a causa de inadmisión das solicitudes de información non opera cando quen invoca tal causa de inadmisión non xustifique de maneira clara e suficiente que resulte necesario ese tratamento previo ou reelaboración da información. Debido á severa consecuencia de inadmisión a trámite da solicitude que se anuda á súa concorrencia, é esixible que a acción previa de reelaboración presente una certa complexidade, polo que a subministración de información pública, a quen exercitou o seu dereito ao acceso, pode comprender unha certa reelaboración, tendo en conta os documentos ou os datos existentes no órgano administrativo, sen que esta reelaboración básica ou xeral, non sempre poida integrar, en calquera caso, a causa de inadmisión prevista no artigo 18.1.c), polo que precisa que tales datos e documentos teña un carácter complexo. No presente caso, na resolución pola que se resolve a solicitude de acceso pola Secretaría Xeral Técnica, e no informe da Subdirección Xeral que lle serve de base, non se fai referencia algunha á necesidade de reelaboración da información. No informe remitido pola Secretaría Xeral Técnica á reclamación, no que consta un informe da Subdirección Xeral de Atención Hospitalaria, unicamente se indica que para remitir unha descrición máis exhaustiva da información que conteñen os cadros, requiriría a confección dun traballo ad hoc. De acordo coa normativa vixente en materia de Transparencia e a xurisprudencia citada, non pode considerarse que resulte necesaria para acceder á información solicitada unha acción previa de reelaboración de certa complexidade, xa que non se xustifica de maneira clara e suficiente que resulte necesario ese tratamento previo ou reelaboración da información, que se limita a xustificar a denegación do acceso á información solicitada na concisa afirmación de que este acceso requiría a elaboración dun informe ad hoc, sen xustificar en ningún momento o seu nivel de complexidade, a dispersión da información, a inexistencia de sistemas de tratamento da información ou incompatibilidade entre eles, e sen negar en ningún momento a afirmación feita XXX de que se trata de información relevante e decisiva para o proceso de toma de decisión pública e que se trata dunha información que xa debeu ser transmitida ao Ministerio de Sanidade. De acordo co anterior, ao non considerarse xustificada a causa de inadmisión citada no informe da Subdirección Xeral, procede a estimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 7 de xullo de 2022, contra a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade de data 6 de xuño de 2022, pola que se resolve a súa solicitude de acceso aos datos recollidos nos cadros contemplados no anexo IV do Real Decreto 605/2003, de 23 de maio, polo que se establecen medidas para o tratamento homoxéneo da información sobre as listas de espera no Sistema Nacional de Saúde. Segundo: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.