El ciudadano solicitó información sobre actuaciones en una parcela de Vilar de Barrio a la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Ante la desestimación por silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por considerarla extemporánea, al no haber transcurrido el plazo de un mes desde la solicitud.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se interpuso contra una denegación por silencio administrativo
2
El plazo para interponer la reclamación es de un mes a contar desde la notificación o desde que se produzcan los efectos del silencio administrativo
3
Se considera que la presentación es extemporánea ya que la solicitud original fue el 13 de junio de 2022 y la reclamación el 12 de julio de 2022
4
No transcurrió el plazo de un mes establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016 desde la recepción de la solicitud hasta la interposición de la reclamación
5
La reclamación es inadmitible por tratarse de un acto no susceptible de recurso según el artículo 116.c de la Ley 39/2015
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 12 de xullo de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12 de
xullo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo,
da súa solicitude presentada perante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade sobre
determinadas actuacións na Parcela: XXX, polígono XXX, municipio de Vilar de Barrio
(Ourense).
O reclamante pide que se solicite á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade determinada
información sobre as actuacións nunha Parcela do Concello de Vilar de Barrio.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con
carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa,
reclamación que debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os
efectos do silencio administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase
que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que a solicitude de acceso á
información presentouse con data do 13 de xuño de 2022, e a reclamación tivo entrada no
Rexistro do Valedor do Pobo o 12 de xullo de 2022.
De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei
1/2016, desde a recepción da solicitude pola Administración ata a interposición da
reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, a inadmisión da reclamación
presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de conformidade co disposto
no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común
das administracións públicas.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da
delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión
do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017),
ACORDO
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 13 de xullo de 2022, contra
a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade sobre determinadas actuacións na Parcela: XXX,
XXX, municipio de Vilar de Barrio (Ourense).
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.