Estimada 27/09/2022 · 71 días en resolverse

Reclamación por denegación de acceso a información sobre alerta por intoxicación alimentaria en establecimiento industrial

El solicitante pidió a la Consellería de Sanidade acceso a actas e informes sobre una alerta por intoxicación alimentaria en Frinsa del Noroeste SA. La administración denegó el acceso por no ser parte interesada en el expediente. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, señalando que el derecho de acceso a la información pública no requiere acreditar la condición de interesado.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se reconoce a todas las personas, siendo irrelevante que el solicitante tenga o no relación con la administración o la materia solicitada.
2 La condición de 'interesado' en un procedimiento administrativo es distinta al concepto de interesado en materia de transparencia, donde no existe obligación de motivar la solicitud.
3 El acceso a la información pública no está condicionado a la acreditación de un interés concreto o específico del solicitante.
4 La administración no justificó la concurrencia de límites legales ni causas de inadmisión válidas, basándose erróneamente en la Ley 39/2015 para denegar el acceso.
5 La información solicitada sobre una alerta de salud pública posee un indubitable interés público que refuerza la procedencia de su entrega.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 18 de xullo de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de xullo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 13 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se resolve inadmitir a trámite a súa solicitude de acceso a determinada información sobre o establecemento Frinsa del Noroeste SA con motivo da alerta de data 09-08-19, por intoxicación alimentaria. O reclamante indicaba que non se lle da acceso á información por non ser parte interesada no expediente de acordo co que establece a Lei 39/2015. Indica que a vixente lexislación sobre transparencia permite solicitar información contida nun tramite administrativo que xa rematou, que non está en curso e xa está arquivado sen necesidade de ser parte interesada, información que lle permitirá coñecer como tomou as decisións a administración neste procedemento concreto, de elevado interese público xa que afecta a protección da saúde das persoas. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 12 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 15 de setembro de 2022. Terceiro. Con data do 19 de setembro de 2022 a Consellería contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe indícase que con data 13 de xullo de 2022 a Dirección Xeral de Saúde Pública resolveu inadmitir o acceso á información solicitada, ao considerar que se trata dun expediente concreto e non de información pública, polo que só poden acceder ao dito procedemento os interesados no mesmo, non acreditando a condición de interesado o reclamante. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución con data do 13 de xullo de 2022 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 18 de xullo de 2022, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou á Consellería de Sanidade acceso ás actas de inspección realizadas a un establecemento con motivo dunha alerta por intoxicación alimentaria nun produto envasado por ese establecemento, o informe final da alerta e copia dos informes resultados analíticos dos lotes de latas sospeitosos da alerta, solicitude que foi inadmitida porque se solicita o acceso a un expediente no que o solicitante non ten a condición de interesado en base ao disposto nos artigos 3 e 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Os argumentos e a causa de inadmisión da solicitude presentada, non poden ser admitidos, por canto de conformidade co disposto no artigo 13 da Lei 39/2015, á cidadanía nas súas relacións coas Administracións, teñen dereito ao acceso á información pública, arquivos e rexistros, de acordo co disposto na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno e o resto do Ordenamento xurídico. O concepto de interesado en materia de transparencia, ten unhas peculiaridades respecto do concepto de interesado nun procedemento administrativo. De acordo co disposto no artigo 12 da Lei 19/2013, o dereito de acceso á información pública recoñécese a todas as persoas, polo que é suficiente con acreditar a identidade do solicitante (artigo 17.2), non existe obriga de motivar a solicitude (artigo 17.3) e se o interesado o fai, a motivación poderá ser tida en conta cando se dite a resolución, sen que a ausencia de motivación, por si soa poida ser causa de rexeitamento da solicitude. En todo caso, a Lei 1/2016, amplía aínda máis os dereitos do interesado, pois no artigo 24 equipara o interesado coa cidadanía en xeral, e reforza o dereito da cidadanía ao establecer que no exercicio do dereito ao acceso á información pública, garantiráselle ao interesado a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou doutras Leis. Por tanto, é irrelevante que o solicitante de información pública teña ou non relación coa administración, coa materia da que solicita información, ou o seu lugar de residencia. O dereito de acceso á información pública non vén determinado polo feito dun interese concreto ou específico do solicitante, nin está condicionada á acreditación da súa condición de interesado, debendo calquera solicitude cuxa materia non estea excluída ou limitada no seu acceso pola normativa vixente, ser resolta non senso de conceder o acceso á información, porque a transparencia implanta no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar dos seus gobernantes, das súas Administracións e de calquera entidade que manexe fondos públicos, calquera información pública que xulgue oportuna. No presente caso se está a solicitar o acceso aos resultados da actuación da Consellería competente ante unha alerta por intoxicación alimentaria, información que é de indubidable interese público, sen que nin na resolución impugnada, nin no informe sobre a reclamación remitido pola Consellería, se faga a mais mínima referencia nin xustificación da concorrencia de límites na información solicitada (artigo 14 da Lei 19/2013), nin causas de inadmisión da solicitude (artigo 18), mais que a do feito de non ter o solicitante a condición de interesado, que non pode admitirse polos motivos expostos, polo que procede a estimación da reclamación presentada, debendo a Consellería proporcionar a información solicitada, previa apertura do trámite de audiencia á entidade que é parte no expediente. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 18 de xullo de 2022, contra a Resolución do 13 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se resolve inadmitir a trámite a súa solicitude de acceso a determinada información sobre o establecemento Frinsa del Noroeste, SA. con motivo da alerta de data 09-08-19, por intoxicación alimentaria. Segundo: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 10 días hábiles dende a finalización do trámite de audiencia, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.