Un ciudadano solicitó al Concello da Coruña informes municipales sobre los proyectos de ADIF para la estación de San Cristóbal. Tras alegar silencio administrativo, presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo decidió dar por concluido el procedimiento debido a que el Ayuntamiento entregó la información y el solicitante desistió de la reclamación.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, permitiendo que cualquier persona acceda a documentos elaborados o adquiridos en ejercicio de funciones públicas sin necesidad de motivar la solicitud.
2
La Comisión da Transparencia de Galicia es el órgano competente para resolver reclamaciones contra resoluciones en materia de acceso a la información dictadas por entidades locales en su ámbito territorial.
3
Según el artículo 94 de la Ley 39/2015, cualquier interesado puede desistir de su solicitud o renunciar a sus derechos, debiendo la Administración aceptar de plano dicha desistencia y declarar concluido el procedimiento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista la reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 12 de xullo de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día
12 de xullo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional
quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello
da Coruña con data 7 de xuño de 2022, de acceso á información pública relativa aos
informes municipais emitidos en relación cos proxectos de ADIF para a construción e
remodelación da lntermodal - estación de San Cristovo, incluíndo os referidos ao proxecto
de Ejecución de las obras proyecto de construción de la remodelación de la estación de A
Coruña-San Cristóbal.
O reclamante indica que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data 25 de agosto de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á administración para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegaran informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 5 de setembro de 2022, o reclamante remite escrito no que comunica
que nesa data recibiu notificación do Concello da Coruña, dándolle traslado da información
solicitada, polo que considera resolta por cumprimento do Concello da Coruña a dita
reclamación.
Cuarto.- Con data do 12 de setembro de 2022 recibiuse o informe da administración, no que
se comunica que con data 5 de setembro de 2022, púxose a dispor do recorrente unha
notificación na que se lle remitían os informes municipais emitidos en relación cos proxectos
de ADIF para a construción e remodelación da Intermodal - estación de San Cristóbal,
incorporados nos expedientes XXX Traballo para a implantación da terminal de autobuses
integrada na estación intermodal da cidade da Coruña-San Cristovo, Expediente XXX
Maqueta, en relación á remodelación da estación San Cristóbal, Expediente XXX Informe
sobre proxecto terminal de autobuses Integrada na estación intermodal da Coruña e
Expediente XXX- Elementos comúns da remodelación da estación da Coruña San Cristóbal e
a terminal de autobuses, polo que solicita o arquivo do expediente.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
De conformidade co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo interesado poderá
desistir da súa solicitude ou, cando non este prohibido polo ordenamento xurídico,
renunciar aos seus dereitos por calquera medio que permita a súa constancia e a
Administración aceptará de plano a desistencia ou a renuncia, e declarará concluído o
procedemento salvo que, téndose personado no mesmo terceiros interesados, instasen
estes a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificados da desistencia ou
renuncia.
De acordo co anterior, e non constando a existencia de terceiros interesados, procede
aceptar a renuncia á reclamación presentada e declarar concluído o procedemento.
De acordo co anterior, a Comisión da Transparencia
ACORDA
Único: Aceptar a desistencia e declarar concluso o procedemento.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Mª Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia