Inadmitida 27/09/2022 · 36 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por solicitar corrección de errores en expediente de reestructuración parcelaria en lugar de acceso a información pública

El interesado solicitó auxilio administrativo a la Comisión da Transparencia de Galicia alegando errores en un expediente de reestructuración parcelaria. La Comisión inadmitió la reclamación porque el objeto de la solicitud no es el acceso a información pública, sino la revisión o corrección de errores administrativos, lo cual excede sus competencias legales.

Puntos clave de la argumentación

1 La función de la Comisión da Transparencia de Galicia es resolver reclamaciones frente a resoluciones de acceso a la información pública, no actuar como órgano de revisión administrativa.
2 Para la admisión de una reclamación, el órgano debe analizar si la información solicitada es pública y si existen límites legales o causas de inadmisión aplicables.
3 La solicitud del interesado no constituye una reclamación por falta de contestación a una solicitud de acceso a la información, sino una petición de apoyo para corregir errores en un expediente.
4 Las peticiones cuyo objetivo sea la revisión o corrección de errores en expedientes de reestructuración parcelaria no están amparadas por la Ley 1/2016 de transparencia y buen gobierno.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 22 de agosto de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 22 de agosto de 2022, un escrito no que solicita auxilio administrativo á Comisión da Transparencia de Galicia polo que considera erros na documentación integrante da reestruturación parcelaria de Santa Maria de Fisteus (Curtis) e San Vizenzo de Curtis (Vilasantar). FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28 da mesma Lei. Na tramitación das reclamacións, debe analizar si á información solicitada é información pública ou non, e de selo, si á información solicitada lle son aplicables ou non os límites establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, ou se concorre na mesma algunha causa de inadmisión das establecidas no artigo 18 da mesma Lei. De acordo coa documentación presentada pola interesada, non pode considerarse que a súa reclamación teña por obxecto a falla de contestación a unha solicitude de acceso á información, senón que solicita apoio da Comisión da Transparencia para que se dea solución ao que considera erros cometidos nun expediente de reestruturación parcelaria. Tendo en conta o anterior, non poden entenderse amparadas pola Lei 1/2016 peticións nas que o obxectivo sexa a revisión ou corrección dos erros que poidan existir nun expediente de reestruturación parcelaria, polo que procede a inadmisión da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir o escrito presentado por XXX no que solicita auxilio administrativo á Comisión da Transparencia de Galicia polo que considera erros na documentación integrante dun expediente de reestruturación parcelaria. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.