El solicitante pidió a la Dirección Xeral de Mobilidade la documentación de la API de bus.gal. Alegó que la administración evitaba pronunciarse sobre la causa legal de la denegación parcial. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, instando a la administración a facilitar la información tras habilitar una contorna aislada para terceros.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
2
La administración argumentó inicialmente que el uso incorrecto de la API podría provocar indisponibilidades en las aplicaciones corporativas.
3
La AMTEGA acordó habilitar una contorna aislada para el uso de la API por parte de terceros, independiente de la utilizada por el portal.
4
Se determina que la información solicitada debe ser proporcionada al reclamante una vez habilitada dicha contorna técnica.
5
La reclamación fue admitida por haber sido interpuesta dentro del plazo de un mes posterior a la notificación del acto impugnado.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 18 de xullo de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18
de xullo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 15 de xullo de 2022, da
Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se lle concede o acceso á información pública
solicitada con data 8 de xuño de 2022 sobre a documentación da API dispoñible en bus.gal,
nos termos expresados na devandita resolución.
O reclamante en resumo indica que ao non denegarse de forma explícita o acceso á
información, a Dirección Xeral evita pronunciarse sobre a causa legal pola que non permite o
acceso a información solicitada, limitando a súa capacidade de recurso. En todo caso, o
argumento esgrimido non se axusta a ningunha das causas de limitación do dereito de acceso
establecidas na normativa de Transparencia.
A API da que se solicita información está exposta a internet, accesible de maneira universal
por este medio e non proporcionar un manual non evita este acceso, senón que fai que este
sexa máis arriscado para o sistema informático.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución impugnada e do
seu DNI.
Segundo. Con data do 14 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 15 de setembro de 2022.
Terceiro. Con data do 18 de outubro de 2022 a Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería
de Infraestruturas e Mobilidade, contesta a petición remitindo o informe e o expediente
instruído.
Neste informe indícase que unha vez analizada a reclamación, solicitouse informe á Axencia
para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), ao ter a competencia no
desenvolvemento tecnolóxico, co obxectivo de coñecer se se podería habilitar un acceso á API
de bus.gal por parte de terceiros. O informe conclúe que acordouse habilitar unha contorna
illada para o uso por parte de terceiros da API de bus.gal independente da utilizada polo
portal, que estará dispoñible no prazo máximo dun mes e nese momento facilitaráselle ao
interesado a definición dos servizos en formato PDF, estando ademais esta información tamén
dispoñible a través do portal Open Data da Xunta de Galicia (https://abertos.xunta.gal).
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta na documentación remitida polo interesado, a resolución
impugnada ten data do 15 de xullo de 2022, e a reclamación se interpuxo o 18 do mesmo mes,
debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado presentou reclamación contra unha resolución da Consellería de Infraestruturas
e Mobilidade na que se resolve conceder o acceso á información, comunicándolle que na
actualidade, a interface de servizos (API) de bus.gal non está dispoñible para o seu consumo
por parte de terceiros xa que un uso incorrecto da dita API podería provocar indispoñibilidades
nas aplicacións corporativas que actualmente consumen dita API.
Na tramitación da reclamación, a Dirección Xeral solicitou informe á AMTEGA que acordou
habilitar unha contorna illada para o uso da API, que estará dispoñible no prazo máximo dun
mes e nese momento facilitaráselle ao interesado a definición dos servizos e estará dispoñible
no portal de datos abertos da Xunta de Galicia.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debéndose polo
centro directivo competente (Dirección Xeral de Mobilidade ou AMTEGA), proporcionar a
información ao reclamante no momento no que se habilite a contorna para o seu acceso.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 18 de xullo de 2022, contra
a Resolución do 15 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se lle concede
o acceso á información pública sobre a documentación da API dispoñible en bus.gal, nos
termos expresados na devandita resolución,
Segundo: Instar á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a que rematada a habilitación
da contorna, no prazo máximo de 10 días hábiles, facilite a información ao reclamante.
Terceiro: Instar á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a que, no prazo máximo de 15
días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.