Estimada 25/10/2022 · 69 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso a la catalogación del Patrimonio Cultural del Parque Natural do Invernadoiro estimada por la Comisión da Transparencia de Galicia

El solicitante pidió a la Consellería de Cultura la catalogación del Patrimonio Cultural del Parque Natural do Invernadoiro. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación ya que la información es competencia de la Consellería de Medio Ambiente, que no había recibido la solicitud original.

Puntos clave de la argumentación

1 La Consellería de Cultura no remitió la solicitud a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, incumpliendo la obligación de trasladar la petición al órgano competente según el artículo 19.4 de la Ley 19/2013.
2 Se admite la reclamación fuera del plazo ordinario de un mes basándose en el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG y la Ley 39/2015, que permiten interponer recursos contra resoluciones presuntas en cualquier momento.
3 La Consellería de Medio Ambiente reconoció que el documento solicitado es de uso interno pero aceptó remitirlo al interesado tras la intervención de la Comisión.
4 La resolución insta a la Consellería de Medio Ambiente a responder formalmente a la petición en un plazo de 10 días hábiles y a acreditar dicho envío en 15 días.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 17 de agosto de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 17 de agosto de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade con data 19 de xuño de 2022, de acceso á catalogación do Patrimonio Cultural do Parque Natural do Invernadoiro (Vilariño de Conso, Ourense). O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 24 de agosto de 2022 solicitouse informe sobre a reclamación presentada á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que remitiu con data do 13 de setembro de 2022 un oficio no que comunica que a información solicitada non é competencia dese departamento, senón da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Con data do 15 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 27 de setembro de 2022 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda contesta a petición remitindo informe da Subdirección Xeral de Espazos Naturais. Neste informe, en resumo, indícase que a Rede de Parques Naturais de Galicia, está integrada, entre outros, polo espazo protexido O Invernadoiro, declarado parque natural en virtude do Decreto 155/1997 do 5 de xuño, cunha extensión de 5.722 ha que é un lugar de grande importancia ecolóxica no ámbito da comunidade galega, tanto pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats coma pola súa xeomorfoloxía e paisaxe, o que engadido ao seu actual estado de conservación e illamento, en relación ás vías e núcleos de poboación, o converten nun lugar excepcional que é necesario protexer e preservar na salvagarda dos seus valores naturais. Este espazo foi declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). No ano 2006 a Dirección Xeral de Conservación da Natureza encargou o Inventario e Catalogación do Patrimonio Cultural do Parque Natural do Invernadoiro, Concello de Vilariño de Conso (Ourense), co obxectivo de xestionar correctamente o patrimonio cultural existente no parque e, polo tanto, é un documento de uso interno que posteriormente sería empregado como base na redacción dos documentos normativos do mesmo. Indica que á Dirección Xeral de Patrimonio Natural e, polo tanto, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda nunca chegou ningunha solicitude de acceso ao devandito catálogo e que polo tanto non existe expediente algún relativo a esa solicitude. Porén informa que o documento vai ser enviado por correo electrónico ao solicitante. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que segundo consta na reclamación remitida, o interesado solicitou a información, se ben a unha Consellería que non a tiña no seu poder, e non obtivo resposta, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O reclamante solicitou acceso á catalogación dun Parque Natural ante a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sen obter resposta. Unha vez presentada a reclamación, pola Comisión da Transparencia solicitouse informe á dita Consellería que remitiu oficio no que comunica que a información solicitada non é competencia dese departamento, senón da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Non consta que por parte da Consellería de Educación, de conformidade co disposto no artigo 19.4 da Lei 19/2013, se remitise a solicitude á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que esta, ao ter no seu poder a información, resolvese sobre o acceso, comunicando esta circunstancia ao solicitante. De todos os xeitos, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ante a solicitude de informe por esta Comisión, e aínda non tendo constancia da solicitude, resolveu remitir a información ao interesado sen que conste a remisión da mesma, polo que procede estimar a reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar, a reclamación presentada por XXX con data do 17 de agosto de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á catalogación do Patrimonio Cultural do Parque Natural do Invernadoiro. Segundo: Instar a á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.