El solicitante pidió a la Consellería de Economía, Industria e Innovación de la Xunta de Galicia el listado de propuestas preseleccionadas para el Fondo de Transición Justa. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación por motivos formales ya que la administración acabó facilitando la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que fue interpuesta dentro del plazo de un mes tras producirse los efectos del silencio administrativo.
2
La administración no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
3
La Vicepresidencia Primera y Consellería de Economía, Industria e Innovación emitió resolución expresa y facilitó el acceso a la información con posterioridad a la interposición de la reclamación.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la administración finalmente proporcionó la información solicitada durante la tramitación del expediente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 17 de agosto de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 17
de agosto de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (actual
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación) con data 11 de
xullo de 2022, de acceso á información pública sobre a totalidade das propostas que foron
preseleccionadas pola Xunta de Galicia para concorrer ao Fondo de Transición Xusta.
O reclamante, en resumo, indica que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 25 de agosto de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de setembro de 2022.
Terceiro.- Con data do 24 de outubro de 2022, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Economía, Industria e Innovación contesta á petición remitindo informe e copia do expediente
solicitado.
No informe indícase que con data do 18 de febreiro de 2022 o Instituto Galego de Promoción
Económica (IGAPE) emitiu o informe correspondente, que foi remitido ao interesado con data
do 21 de outubro de 2022, do que remite copia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación non resolveu a
solicitude dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón que emitiu
resolución unha vez que o interesado tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo
que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante solicitou acceso ás propostas que foron preseleccionadas pola Xunta de Galicia
para concorrer ao Fondo de Transición Xusta, sen ter obtido resposta á súa solicitude.
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación non resolveu en
prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución expresa que notificou ao
interesado con posterioridade a que estea presentase reclamación ante esta Comisión,
facilitándoselle o acceso á mesma.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen
prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 17 de
agosto de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude
presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Economía, Empresa e Innovación (actual Vicepresidencia Primeira) con data 11 de xullo de
2022, de acceso á información pública sobre a totalidade das propostas que foron
preseleccionadas pola Xunta de Galicia para concorrer ao Fondo de Transición Xusta.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.