Estimada 25/10/2022 · 57 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Ponteceso sobre acceso a expedientes de obras públicas, estimada por motivos formales

Una ciudadana solicitó al Concello de Ponteceso el acceso al expediente de obras de reparación de espacios públicos. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento concedió el acceso a la información solo después de interpuesta la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
2 La reclamación contra resoluciones presuntas por silencio administrativo puede interponerse en cualquier momento, siguiendo la doctrina de los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
3 El Concello de Ponteceso no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016, incurriendo en silencio administrativo.
4 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la administración emitió la resolución concediendo el acceso solo tras la intervención de la Comisión de Transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 29 de agosto de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 29 de agosto de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Ponteceso con data 7 de maio de 2022, de acceso ao expediente seguido para executar as obras de reparación, mellora e mantemento de diversos espazos públicos do concello, incluída a autorización solicitada a Augas de Galicia. A reclamante indicou que non recibiu resposta á súa solicitude e motiva a súa reclamación no seu dereito de acceso á información en base ao disposto na vixente normativa en materia de Transparencia. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 5 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante ao Concello de Ponteceso para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 3 de outubro de 2022, o Concello de Ponteceso contesta a petición, remitido a copia do expediente tramitado e informe sobre a reclamación presentada. No dito informe indícase que tras a reclamación recibida solicitouse informe xurídico que se emitiu con data do 13 de setembro de 2022, no que se conclúe que procede conceder o acceso aos expedientes indicados sempre salvagardando a normativa de protección de datos de carácter persoal, ben mediante a consulta dos expedientes nas oficinas da entidade local ou ben proporcionando copias da mesma nos termos que fixe a entidade local, polo que comunicouse á interesada Resolución n° XXX de data 27/09/2022 na que se concede o acceso aos documentos contidos no expediente XXX para a elaboración, aprobación, replanteo e execución —previa adxudicación- do proxecto obxecto do contrato de obras de reparación, mellora e mantemento de diversos espazos públicos no Concello de Ponteceso, así como do expediente XXX de adxudicación contrato menor de obras medidas de seguridade en beirarrúa, camiño e praza pública municipal, para o que deberá pedir cita para o seu exame. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Ponteceso non resolveu a solicitude dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón que emitiu resolución unha vez que a interesada tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou acceso ao expediente seguido para executar unhas obras de reparación, mellora e mantemento de diversos espazos públicos do concello, información que debe considerarse que se trata de información pública de acordo co establecido no artigo 13 da Lei 19/2013 e 24 da Lei 1/2016. O Concello non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución expresa que notificou á interesada con posterioridade a que esta presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 29 de agosto de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Ponteceso con data 7 de maio de 2022, de acceso ao expediente seguido para executar as obras de reparación, mellora e mantemento de diversos espazos públicos do Concello. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.