Un ciudadano solicitó al Ayuntamiento de Vigo las resoluciones sobre permutas de plazas de funcionarios desde 2010. El Ayuntamiento inadmitió la petición alegando que era una consulta administrativa y que resultaba abusiva por la carga de trabajo. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al Ayuntamiento a entregar la información.
Puntos clave de la argumentación
1
Las resoluciones administrativas en materia de personal emitidas por una entidad local constituyen información pública al ser documentos elaborados en el ejercicio de sus funciones.
2
No es admisible calificar la solicitud como una consulta de trámite o exigencia de motivación cuando el tenor literal del pedido es el acceso a resoluciones administrativas.
3
La falta de motivación de la solicitud no es causa de rechazo, y en este caso el interés del solicitante en conocer los criterios de decisión pública se alinea con los objetivos de la Ley de Transparencia.
4
El carácter abusivo de una solicitud debe evaluarse cualitativamente según la finalidad de la ley y no meramente por la cantidad de documentos o el periodo temporal solicitado.
5
La necesidad de anonimizar datos personales antes de proporcionar la información es una obligación legal y no puede considerarse una 'reelaboración' que justifique la inadmisión por abuso de derecho.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 26 de agosto de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 26
de agosto de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da
Concellería de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal do 22 de xullo de 2022, pola
que se inadmite a súa solicitude de acceso ás resolucións sobre permutas de prazas/postos
de traballo entre funcionarios de carreira dese concello con funcionarios de carreira da
mesma Administración Pública ou de entidades públicas instrumentais dependentes desta,
ditadas dende o ano 2010, tanto concedidas como denegadas.
O reclamante indicaba que se lle denegou a información e que recentemente solicitou a
mesma información dos Concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo e
Ourense, así como ás Deputacións Provinciais galegas, recibindo en todos os casos a
información solicitada en tempo e forma.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 13 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 21 de setembro de 2022 o Concello de Vigo contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 23 de xuño de 2022 por parte da área
de RRHH e Formación emitiuse informe no que se indica que a información solicitada non
responde ao ámbito obxectivo e finalidade da Lei 19/2013, e de conformidade coa Guía de
Procedemento de acceso á Información Pública local, editada pola Federación de Municipios
e Provincias, as solicitudes de información que se formulan acerca de trámites puramente
administrativos non todas son información pública, polo que haberá de atenderse á
natureza da solicitude e obxecto para determinar se a mesma se debe tramitar conforme ao
previsto na dita Lei ou non. Considera o informe que en ningún caso responden o concepto
de información pública para os efectos do dereito recoñecido pola Lei 19/2013 as solicitudes
de información acerca de como levar a cabo un determinado trámite administrativo, nin as
consultas sobre o funcionamento habitual da Administración, nin as relativas á
determinación da normativa que resulta aplicable nun determinado expediente ou
actividade administrativa, nin as que esixen motivacións adicionais sobre actos ditados nin a
formulación de queixas ou suxerencias. Considera por tanto que a información solicitada
non responde ao ámbito obxectivo de aplicación da Lei de Transparencia, toda vez que
responde solapadamente a unha reiterada solicitude de determinación da normativa
aplicable ao procedemento de permuta referido, así como a unha exixencia de motivación
acorde co interese privado do solicitante, que deberá acudir aos recursos en vía
administrativa ou contenciosa legalmente procedentes.
De forma subsidiaria considera que ten carácter abusivo, dada a carga de traballo da Área,
tendo en conta que se solicitan as Resolucións de permuta desde o ano 2010, sendo
necesaria a anonimización de todas as resolucións, debendo destinar efectivos á devandita
tarefa.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións
corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao
Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a
competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 27 de xullo de 2022 e a reclamación a presentou o interesado o 26 de agosto de
2022, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou ao Concello, acceso ás resolucións sobre permutas de prazas/postos
de traballo entre funcionarios de carreira do concello de Vigo con funcionarios de carreira da
mesma ou outras doutras Administracións Públicas dende o ano 2010, sen incluír as
referentes á Policía Local.
Non cabe dúbida que unha resolución ditada por unha Administración Local, sexa en materia
de persoal ou en calquera outra materia administrativa, entra dentro do concepto de
información pública, ao tratarse dun documento elaborado por unha Administración
sometida á normativa de Transparencia no exercicio das súas funcións. Sentado o anterior, a
información pública que é solicitada por calquera persoa, unicamente pode limitarse o seu
acceso se concorre e se acredita suficientemente, un límite dos establecidos nos artigos 14 e
15, ou unha causa de inadmisión do artigo 18 da Lei 19/2013.
O Concello inadmite a solicitude por considerar que ten por obxecto información acerca de
como levar a cabo un determinado trámite administrativo, consultar sobre o funcionamento
habitual da Administración, determinar a normativa que resulta aplicable nun determinado
expediente ou actividade administrativa, esixir motivacións adicionais sobre actos ditados ou
a formulación dunha queixa ou suxerencia. Non se pode compartir esta información, xa que
nin do tenor literal da solicitude, nin de calquera interpretación que se poida facer da
mesma, pódese deducir que se estea facendo unha consulta de tipo algún, esixindo
motivación a unha resolución ditada ou presentando unha queixa ou suxerencia, senón un
simple acceso a unha resolución administrativa.
Non se pode admitir tampouco que a solicitude responde solapadamente á unha reiterada
solicitude de determinación da normativa aplicable ao procedemento de permuta...nin a
unha exixencia de motivación acorde co interese privado do solicitante. O artigo 17.3 da Lei
19/2013, establece que a motivación dunha solicitude de acceso á información non é
obrigatoria, e por si soa non pode ser causa de rexeitamento da solicitude, pero de existir,
pode ser tida en conta cando se dite a resolución, especialmente para valorar a concorrencia
dun interese privado ou público superior que xustifique o acceso. No presente caso, o
solicitante motiva a súa solicitude en dilucidar a normativa aplicable, así como a política
levada a cabo pola Área de RRHH e Formación do concello de Vigo en relación coas
solicitudes de permutas, é dicir, pretende coñecer como se toma unha decisión pública por
parte do Concello, que é un dos obxectivos da normativa de Transparencia, sen nin no
informe remitido nin na resolución impugnada se motive a existencia dun interese público,
que deba ser superior ao interese privado (e lexítimo) do solicitante, expresado na súa
motivación.
De forma subsidiaria inadmitiuse a solicitude por considerala abusiva, dada a carga de
traballo da Área, que se solicitan Resolucións dende o ano 2010 e que é necesaria a
anonimización de todas as resolucións, debendo destinar efectivos á devandita tarefa.
A interpretación ofrecida polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno no seu Criterio
Interpretativo 3/2016 sobre esta causa asocia o carácter abusivo da solicitude co feito de
que non estea xustificada coa finalidade da Lei. Existen así, ao seu xuízo, dous elementos
esenciais para a aplicación desta causa de inadmisión, cando o exercicio do dereito sexa
abusivo cualitativamente, non en sentido cuantitativo, e que o exercicio do dereito poida
considerarse excesivo, é dicir, cando non chegue a conxugarse coa finalidade da Lei. Desta
forma, o Consello estima que unha solicitude pode entenderse abusiva cando poida
considerarse incluída no concepto de abuso de dereito recollido no artigo 7.2 do Código Civil
(acto ou omisión que pola intención do seu autor, polo seu obxecto ou polas circunstancias
en que se realice exceder manifestamente os límites normais do exercicio dun dereito),
cando de ser atendida, requira un tratamento que obrigase a paralizar o resto da xestión dos
suxeitos obrigados a proporcionar a información, impedindo a atención xusta e equitativa do
seu traballo e o servizo público que teñen encomendado, e así resulte de acordo cunha
ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos; cando supoña un risco para os
dereitos de terceiros ou cando é contraria ás normas, os costumes ou a boa fe. Unha
solicitude, conclúe o Consello, considérase xustificada coa finalidade da Lei cando se
fundamenta no interese lexítimo de someter a escrutinio a acción dos responsables
públicos, coñecer como se toman as decisións públicas, coñecer como se manexan os fondos
públicos, coñecer baixo que criterios actúan as institucións públicas. Consecuentemente,
non estará xustificada cando non poida ser reconducida a ningunha destas finalidades e así
resulte de acordo cunha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos, teña por
finalidade patente e manifesta obter información que careza da consideración de
información pública de acordo coa definición que ofrece a propia Lei, ou cando teña como
obxecto ou posible consecuencia a comisión dun ilícito civil ou penal ou unha falta
administrativa.
Débese presumir, xa que nada se manifesta en contra no expediente administrativo, que a
unidade administrativa traballa cunha aplicación informática que permite a busca de forma
mais ou menos sinxela, de resolucións de permutas de funcionarios, polo que non se pode
aceptar a consideración de abusiva polo feito de que se solicite dende o ano 2010, ao non
xustificarse de modo algún que a solicitude, en caso de ser atendida, requira un tratamento
que obrigase a paralizar o resto da xestión dos suxeitos obrigados a proporcionar a
información.
Respecto da anonimización, debe diferenciarse da anonimización da información que, por
conter datos de carácter persoal, debe ser anonimizada ou disociada antes de ser
proporcionada ao interesado (artigo 15 da Lei 19/2013) e que, a pesar de supoñer,
implicitamente, un proceso específico de traballo para proporcionar a información, non
poden entenderse como reelaboración.
De acordo co anterior, ao non considerarse xustificada a causa de inadmisión citada no
informe da Subdirección Xeral, procede a estimación da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 26 de xullo de 2022,
contra a Resolución da Concellería de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal do 22 de
xullo de 2022, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso ás resolucións sobre permutas
de prazas/postos de traballo entre funcionarios de carreira dese concello con funcionarios
de carreira da mesma Administración Pública ou de entidades públicas instrumentais
dependentes desta, ditadas dende o ano 2010, tanto concedidas como denegadas.
Segundo: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei
19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.