Estimada 25/10/2022 · 47 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre acceso a información de la subvención TR341D estimada por motivos formales

El solicitante pidió a la Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade información sobre la subvención TR341D y el listado de solicitudes. Tras el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. Esta última estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración no respondió en plazo y solo lo hizo tras interponerse la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de acceso a información sobre importes de subvenciones y listados de solicitudes se considera información pública según el artículo 13 de la Ley 19/2013 y 24 de la Ley 1/2016.
2 La Administración no resolvió la solicitud dentro del plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
3 Se admite la reclamación por presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
4 La resolución expresa de la Consellería se emitió con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
5 Se estima la reclamación por motivos formales debido al incumplimiento de los plazos de respuesta administrativa, sin perjuicio de que el interesado pueda impugnar el contenido de la resolución expresa posteriormente.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 8 de setembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 8 de setembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con data 27 de xuño de 2022, de acceso á información pública sobre o importe da subvención TR341D, solicitada con data 5 de agosto de 2021, a súa distribución no exercicio 2021, así como o listado de solicitudes recibidas por orde de entrada. O reclamante indicou que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 14 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola Administración foi o 16 de setembro de 2022. Terceiro. Con data do 3 de outubro de 2022 a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade contesta a petición, remitido a copia do expediente tramitado e informe sobre a reclamación presentada. No dito informe en resumo, fanse unha serie de consideracións sobre a tramitación da Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 e indícase que respecto da solicitude de acceso á información presentada polo reclamante, non foi identificada como pendente no sistema e, polo tanto, non foi contestada en prazo, debido ao considerable incremento da carga de traballo do centro directivo motivado pola xestión das axudas dos distintos plans rescate e do número de peticións de información que se recibiron a través da ferramenta informática específica (SIACI). Na data na que se fai a solicitude, os datos relativos ás concesións/denegacións das axudas sobre as que versa a petición de información xa eran de coñecemento público, por canto, con data do 20 de abril de 2022, a Dirección Xeral competente daba publicidade á resolución de esgotamento do crédito das axudas de referencia indicando cal foi a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito. Indicase que pola Dirección Xeral xa se deu resposta á dita petición facilitando ao interesado toda a información que solicitaba, e que pola mesma adoptaranse as medidas necesarias cara a que este tipo de situacións non se volva a producir. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade non resolveu a solicitude dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón que emitiu resolución unha vez que o interesado tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso á información sobre o importe dunha subvención, a súa distribución no exercicio 2021 así como o listado de solicitudes recibidas por orde de entrada, información que debe considerarse que se trata de información pública de acordo co establecido no artigo 13 da Lei 19/2013 e 24 da Lei 1/2016. A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 8 de setembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con data 27 de xuño de 2022, de acceso á información pública sobre o importe da subvención TR341D, solicitada con data 5 de agosto de 2021, a súa distribución no exercicio 2021 así como o listado de solicitudes recibidas por orde de entrada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.