El solicitante pidió a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda información sobre el régimen de navegación en el río Eo. Tras el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que decidió inadmitir la reclamación por considerar que se solicitaba la elaboración de un informe jurídico y no el acceso a información ya existente.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos ya existentes y disponibles, no al derecho a que la Administración produzca nueva información.
2
La solicitud no constituye un acceso a información pública, sino una petición de emisión de un informe jurídico sobre la aplicación de una normativa específica.
3
Según la jurisprudencia de la Audiencia Nacional (sentencia de 24/01/2017), el derecho a la información no puede confundirse con el derecho a la confección de un informe a medida del solicitante.
4
El artículo 18.1.c) de la Ley 19/2013 establece como causa de inadmisión los casos en que la información solicitada requiera de elaboración y confección.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 1 de setembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 1
de setembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, fronte a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda con data 12 de xullo de 2022, de información sobre o réxime aplicable á
navegación de embarcacións de recreo na zoa marítimo terrestre do río Eo.
A reclamante indicaba que solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
que confirme que non é necesaria ningunha autorización para navegar na zona marítimo
terrestre do Río Eo e que informe diso á Xefatura Territorial de Lugo e aos postos da Garda
Civil, sen obter resposta.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 15 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que,
en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 5 de outubro de 2022 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a regulación da navegación en augas mariñas dentro
da Rede Natura 2000 estaba perfectamente recollida na copia da resolución achegada pola
reclamante. A regulación das actividades náuticas na Rede Natura 2000 ven recollida no
artigo 61 do Plan Director que regula as actividades de uso publico e deportivas da Rede
Natura 2000, na que se establece considera actividade permitida as actividades deportivas
en augas mariñas (excluídas as lagoas costeiras e as marismas) realizadas con embarcacións
de remos, vela ou motor, sempre que se realicen de acordo coa normativa sectorial vixente,
nas que co fin de compatibilizar o uso público coas necesidades materia de conservación da
natureza poderanse establecer medidas de xestión e regulacións específicas para o seu
desenvolvemento. Así mesmo considera actividades autorizables o emprego de todo tipo de
embarcacións para uso privado de carácter tradicional, con ou sen motor, en tramos fluviais,
acordes coa normativa sectorial e o uso de embarcacións colectivas para fins turísticos ou
recreativos en augas mariñas, en tramos fluviais ou en encoros acorde coa normativa
sectorial. Se establece como actividades prohibidas o uso de embarcacións recreativas ou
deportivas en zonas húmidas, salvo autorización expresa por parte do órgano autonómico
competente en materia de conservación da natureza.
Nas zonas de desembocadura para establecer un limite entre as augas mariñas e os tramos
fluviais estase a empregar o visor do Ministerio para Transición Ecológica e o Reto
Demográfico onde figura o limite do dominio marítimo terrestre que no caso do río Eo
chegaría aproximadamente ata a illa existente á altura do lugar de El Cabañal (Vegadeo), no
que ata ese limite, a navegación sería considerada en augas mariñas e tería a condición de
permitida; augas arriba dese limite, a navegación sería considerada nun tramo fluvial e
debería ser expresamente autorizado.
A identificación das zonas de marisma e das lagoas costeiras, zonas onde a navegación tería
a consideración de prohibida, salvo autorización expresa; empregase o inventario ambiental
de unidades ambientais da Rede Natura 2000, xa que tanto as marismas, como as lagoas
costeiras aparecen identificadas como algunha das unidades ambientais recollidas.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento
fronte a actos que non sexan expresos.
A Consellería non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información, polo que
polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada presentou unha reclamación contra a falla de contestación a unha solicitude de
que se lle indique o réxime aplicable á navegación de embarcacións de recreo nunha
determinada zona.
Non pode considerarse, de acordo normativa de Transparencia, que a petición se poida
considerar una solicitude de acceso á información pública, senón que debe considerarse
unha solicitude de emisión dun informe xurídico sobre a aplicación dunha determinada
normativa, neste caso referente á navegación de embarcacións de lecer en determinada
zona.
De acordo co criterio mantido na sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017,
o artigo 13 da Lei 19/2013, recoñece o dereito dos cidadáns ao acceso á información, pero á
información que existe e que está xa dispoñible, o que é distinto, de recoñecer o dereito a
que a Administración produza, aínda que sexa con medios propios, información que antes
non tiña. O dereito á información non pode ser confundido co dereito á confección dun
informe por un órgano público a instancias dun particular, polo que o artigo 18.1.c)
establece como causa de inadmisión os supostos nos que a información que se solicita
require de unha elaboración e confección. Nestes casos, é indiferente que dita información
obre en poder da Administración ou de calquera outro suxeito obrigado, debendo
interpretarse o artigo 13 da Lei no senso de que o dereito á información pública non pode
converterse no dereito a obter un informe a medida do requirido polo solicitante. O dereito
de acceso á información non inclúe o dereito a que as entidades públicas deban realizar
unha investigacións para o solicitante, deba contestar a preguntas por escrito, crear ou
producir información coa que non conten ou non teñan obrigación de contar no momento
de efectuarse a solicitude, ou xerar documentos específicos mediante a emisión de informes
para responder a unha solicitude.
De acordo co anterior, debe inadmitirse a reclamación presentada contra a falla de
contestación á solicitude de emisión dun informe sobre a normativa aplicable á navegación
de recreo por determinadas zoas.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 1 de setembro de 2022,
contra a por desestimación silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda con data 12 de xullo de 2022, de
información sobre o réxime aplicable á navegación de embarcacións de recreo na zoa
marítimo terrestre do río Eo.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.