El solicitante pidió a la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade datos sobre el número de equipos OBE para familias numerosas y los importes abonados a concesionarias de peajes. Tras el silencio administrativo, el interesado reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración respondió fuera de plazo y tras la reclamación.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de acceso al número de equipos OBE y los importes de rebajas en peajes constituye información pública según los artículos 13 de la Ley 19/2013 y 24 de la Ley 1/2016.
2
La Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no resolvió la solicitud dentro del plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
3
La resolución expresa de la Administración se emitió y notificó con posterioridad a la interposición de la reclamación ante la Comisión.
4
Se admite la reclamación por estar presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
5
La reclamación se estima por motivos formales debido al incumplimiento de los plazos de respuesta administrativa, sin perjuicio de que el interesado pueda impugnar el contenido de la resolución expresa recibida.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 20 de setembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 20
de setembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Infraestruturas e
Mobilidade con data 15 de agosto de 2022, de acceso á información pública sobre o número
de OBEs (On board Equipment) asociado a familias numerosas e rexistrado segundo o
procedemento establecido no Decreto 117/2021 que as faculta a obteren rebaixas nas peaxes
das autoestradas AG-55 e AG-57 e o importe mensual abonado ás concesionarias por esas
rebaixas dende a súa entrada en vigor.
O reclamante indicou que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 22 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 29 de setembro de 2022 a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
contesta a petición, remitido a copia do expediente tramitado e informe sobre a reclamación
presentada.
No dito informe indícase que debido a que a solicitude do reclamante entrou a través da nova
aplicación telemática da Xunta de Galicia para tramitar as relacións entre cidadáns e
Administración (SIACI) e a que non se recibiu aviso da súa entrada, seguramente por algún
fallo na súa posta en marcha, a resolución foi emitida fóra de prazo, en concreto o 23 de
setembro, resolución que notificouse ao interesado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade non resolveu a solicitude dentro do prazo que
establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón que emitiu resolución unha vez que o interesado
tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso ao número de OBEs (On board Equipment) asociado a familias
numerosas e rexistrado segundo o procedemento establecido na normativa de aplicación, que
as faculta a obteren rebaixas nas peaxes das autoestradas e o importe mensual abonado ás
concesionarias por esas rebaixas, información que debe considerarse que se trata de
información pública de acordo co establecido no artigo 13 da Lei 19/2013 e 24 da Lei 1/2016.
A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou
resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentase
reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen
prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 20 de
setembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude
presentada perante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade con data 15 de agosto de
2022, de acceso á información pública sobre o número de OBEs (On board Equipment)
asociado a familias numerosas e rexistrado segundo o procedemento establecido no Decreto
117/2021 que as faculta a obteren rebaixas nas peaxes das autoestradas AG-55 e AG-57 e o
importe mensual abonado ás concesionarias por esas rebaixas dende a súa entrada en vigor.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.