Un ciudadano solicitó al Concello de Lugo copia de los exámenes y soluciones de tres procesos selectivos (OPE 2017 y 2020). El Ayuntamiento denegó la información alegando que el solicitante no era interesado en los procesos. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al Ayuntamiento a entregar la documentación.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública no está supeditado a la condición de interesado o participante en el procedimiento administrativo.
2
Los tribunales de selección de empleados públicos son órganos administrativos técnicos cuya información es pública según la Ley 1/2016.
3
La discrecionalidad técnica de los tribunales de selección refuerza la necesidad de someter su actividad al escrutinio público para acreditar un ejercicio objetivo y ponderado.
4
La publicación de las puntuaciones de los aspirantes en el tablón de anuncios es irrelevante frente a la solicitud de copia de los ejercicios y sus soluciones.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 22 de setembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 22
de setembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional
quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello
de Lugo de obtención de copia de todos os exercicios correspondentes aos procesos
selectivos convocados por ese concello para o ingreso nos corpos de auxiliar administrativo
(OPE 2017), técnico de administración xeral A1 (OPE 2020) e técnico de xestión (OPE 2020),
así como das súas solucións.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución impugnada e do
seu DNI.
Segundo. Con data do 27 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante Concello de Lugo para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 7 de outubro de 2022 o Concello de Lugo contesta a petición
remitindo oficio co que se da traslado do informe emitido polo Xefe do Servizo de Persoal do
Concello no que se pon de manifesto que o reclamante non ten a condición de interesado
nos referidos procesos selectivos por non participar nos mesmos, motivo polo cal non se lle
facilitou a información solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 167, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións
corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao
Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a
competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento
fronte a actos que non sexan expresos.
O Concello non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso aos exames e respostas correspondentes a un proceso de
selección de persoal que se está a desenvolver no Concello, sen obter resposta.
O dereito de acceso á información é un dereito fundamental recoñecido a nivel internacional
como tal, debido á natureza representativa dos gobernos democráticos e é un dereito
esencial para promover a transparencia das institucións públicas e para fomentar a
participación cidadá na toma de decisións. Ademais as Administracións Públicas fináncianse
con fondos procedentes dos contribuíntes e a súa misión principal consiste en servir aos
cidadáns polo que toda a información que xeran e posúen pertence á cidadanía.
Os tribunais de selección de empregados públicos, son órganos administrativos de carácter
técnico ao servizo da Administración, polo que a información que se atope no seu poder é
información pública de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016. O carácter técnico
destes órganos non debilita a súa natureza administrativa, nin os exclúe de formar parte da
Administración pública. A referencia legal ao seu funcionamento segundo criterios de
discrecionalidade técnica, reforza a necesidade de someter a súa actividade e as súas
decisións ao escrutinio público, pois para o necesario control desta discrecionalidade e para
acreditar o seu exercicio obxectivo e ponderado, resultan singularmente esixibles a
existencia e o acceso á información que manexan estes órganos para a toma das súas
decisións.
Nas Leis de Transparencia vixentes, o dereito de acceso non está supeditado á condición de
interesado (neste caso de participante no procedemento) do solicitante, polo que non pode
ser este feito, motivo para denegarlle o acceso á información solicitada. De acordo co artigo
24 da Lei 1/2016, información pública é calquera contido ou documento elaborado, neste
caso por un tribunal que forma parte da Administración, para o exercicio das súas funcións,
polo que é por tanto información pública, de acordo coa definición da Lei.
O tribunal de selección como órgano administrativo de carácter técnico está sometido no
seu funcionamento á normativa dos órganos colexiados e débeselle garantir a súa
independencia e discrecionalidade técnica, calidades que implican a súa capacidade de
tomar decisións libres de mandatos xerárquicos, baseadas nos seus coñecementos e
competencias técnicas, que deben aplicar segundo criterios discrecionais. Son precisamente
estes elementos os que reforzan a necesidade de someter a súa actividade e as súas
decisións ao escrutinio público, pois para o necesario control desta discrecionalidade e para
acreditar o seu exercicio obxectivo e ponderado, é imprescindible a existencia e o acceso á
información que usan estes órganos para tomar as súas decisións, e máis se serve para
obxectivalas. O acceso a este tipo de información é obrigado en coherencia cos principios de
publicidade, transparencia e obxectividade, entre outros, que establece a lexislación vixente
para rexer os procesos de selección para o emprego público.
Alega o Concello que as puntuacións acadadas polos aspirantes nos referidos procesos
selectivos foron expostas oportunamente no seu día polos respectivos Tribunais no
Taboleiro de Anuncios e na Páxina Web, alegación que é irrelevante neste expediente, xa
que o solicitado non son as puntuacións, senón copia dos exercicios dos procesos selectivos
e as súas solucións, que son documentos que constitúen información pública que por tanto
deben proporcionárselle ao interesado.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo o
Concello resolver expresamente sobre a solicitude presentada aínda que con carácter previo
debe examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou
contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente
previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación
tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que
xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei).
Debe lembrarse ao Concello de Lugo que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 22 de setembro de 2022,
contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o
Concello de Lugo con data 16 de agosto de 2022, na que interesaba obter copia de todos os
exercicios correspondentes aos procesos selectivos convocados por ese concello para o
ingreso nos corpos de auxiliar administrativo (OPE 2017), técnico de administración xeral A1
(OPE 2020) e técnico de xestión (OPE 2020), así como das súas solucións,
Segundo: Instar ao Concello de Lugo, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei
19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Lugo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.