Un ciudadano solicitó al Colegio Oficial de Delineantes y Diseñadores Técnicos Superiores Proyectistas de A Coruña memorias de gestión, actas y balances (2019-2022). Tras el silencio administrativo, la Comisión de Transparencia de Galicia desestima la reclamación al considerar que la información ya fue facilitada al interesado mediante la comunicación de las actas y su publicación web.
Puntos clave de la argumentación
1
Los Colegios Profesionales poseen una naturaleza mixta o bifronte, actuando como corporaciones de derecho público de base privada.
2
Solo se consideran sujetas a derecho administrativo y a la legislación de transparencia aquellas funciones públicas encomendadas o delegadas por el Estado.
3
Se determina que las memorias anuales de gestión, actas de sesiones de Junta de Gobierno y Asambleas Generales, así como balances y presupuestos, son actos relativos a la organización y funcionamiento sujetos a derecho administrativo.
4
La reclamación se desestima porque el Colegio ya había comunicado las actas al colegiado y la información se encuentra disponible en su página web.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 12 de agosto de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de novembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12
de agosto de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante o Colexio Oficial de Delineantes e
Deseñadores Técnicos Superiores Proxectistas da Coruña con data 14 de marzo de 2022, de
acceso á determinada información administrativa dese colexio correspondente aos exercicios
2019, 2020, 2021 e 2022.
O reclamante indicaba que solicitou do Colexio o acceso ás memorias anuais de xestión, actas
e convocatorias das sesións de Xunta de Goberno celebradas, actas e convocatorias das
sesións de Asembleas Xerais Ordinarias e Extraordinarias celebradas e balances e orzamentos
económicos aprobados pola Xunta de Goberno e a Asemblea Xeral, sen obter resposta.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 25 de agosto de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Colexio Oficial de Delineantes e Deseñadores Técnicos Superiores
Proxectistas da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase
informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude polo Colexio foi o mesmo día da remisión.
Terceiro. Con data do 20 de outubro de 2022 o Colexio contesta a petición remitindo informe
no que en resumo, indicase que, de acordo coa doutrina xurisprudencial consolidada, os
Colexios Profesionais a única información que ten obrigación de facilitar, é a información
pública suxeita a dereito administrativo e non á información referente a unha actividade
privada.
Por tanto, considera que non existe obriga de facilitar información dos contratos do persoal
laboral do Colexio, xestión patrimonial, dos contratos non públicos e sen financiamento
público, dos recursos humanos e dos servizos aos colexiados, funcións de asistencia mutual
ou social, o orzamento e as contas anuais, nin informes de auditoría e fiscalización, facturas
ou xustificantes de gastos, cobro de cotas colexiais, entre outros.
Indica o informe que o reclamante solicitou con data do 4 de marzo de 2020, copia da Acta da
Asemblea do ano 2019, copia da memoria económica presentada e exposta para o ano 2020,
e copia dos acordos establecidos e/ou resumo do exposto. Con data do data 14 de agosto de
2020, se lle informa que a documentación solicitada estivo exposta na sede do Colexio, que a
mesma podería consultarse no horario de oficina do mesmo, e que se non se realizou ou non
se quixo realizar tal consulta, é porque non lle interesaba. Informóuselle que a páxina Web do
Colexio, estaba en readaptación e que a Acta solicitada publicaríase na devandita páxina.
A dita resolución non foi recorrida nin discutida, polo que considera que a solicitude foi
debidamente atendida, e consecuentemente o procedemento de solicitude de información
quedou rematado, polo que considera que a solicitude é repetitiva.
Debido á situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19, o Colexio de
Delineantes pechou a sede, durante practicamente todo o ano 2020, polo que durante o ano
2020, no ano 2021, non se realizou Asemblea Xeral Ordinaria, nin Asemblea Xeral
Extraordinaria. No ano 2022, se se celebrou Asemblea Xeral Ordinaria, pero non se pode
achegar a copia da Acta da devandita Asemblea ata o momento da súa aprobación, que se
producirá na seguinte Asemblea Xeral.
Respecto das memorias anuais de xestión e os Balances e Orzamentos Económicos, o Colexio
non as pública de forma separada, senón que a dita información atópase recollida nas Actas
das Asembleas Xerais.
En relación coa solicitude de información, respecto das Actas e convocatorias das sesións de
Asembleas Xerais Ordinarias e Extraordinarias celebradas, a mesma foi debidamente
comunicada ao colexiado solicitante de información, como a todos os colexiados, e a
información pode ser consultada na páxina Web do Colexio.
Cuarto.- Con data do 28 de outubro de 2022, remitiuse ao reclamante copia do informe
remitido polo Colexio, aos efectos de que no prazo concedido, presentase as alegacións ou
documentación que estimase convinte, sen que transcorrido o dito prazo, presentase
alegación algunha.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
O Colexio non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou do Colexio o acceso á documentación correspondente ás memorias
anuais de xestión, actas e convocatorias das sesións de Xunta de Goberno celebradas, actas e
convocatorias das sesións de Asembleas Xerais Ordinarias e Extraordinarias celebradas e
balances e orzamentos económicos aprobados, sen obter resposta.
Os Colexios Profesionais, tal e como destacou o Tribunal Constitucional na súa sentenza
89/1989, do 11 de maio, reiterada en pronunciamentos posteriores, como a sentenza 3/2013,
do 17 de xaneiro, teñen unha natureza mixta ou bifronte ao constituír unha típica especie de
corporación, recoñecida polo Estado, dirixida non só á consecución de fins estritamente
privados, que podería conseguirse coa simple asociación, senón esencialmente a garantir que
o exercicio da profesión, que constitúe un servizo ao común, se axuste ás normas ou regras
que aseguren tanto a eficacia como a eventual responsabilidade en tal exercicio, que, en
principio, por outra banda, xa garantiu o Estado coa expedición do título habilitante para o
exercicio da profesión.
De acordo co establecido no artigo 1 da Lei 2/1974, do 13 de febreiro, os Colexios Profesionais,
son corporacións de dereito público, amparadas pola Lei e recoñecidas polo Estado, con
personalidade xurídica propia, e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.
O Tribunal Constitucional na súas sentenzas 23/1984 e 123/1987, afirma a consideración de
corporacións sectoriais de base privada, isto é, corporacións públicas pola súa composición e
organización que, con todo, realizan unha actividade en gran parte privada, aínda que teñan
delegadas pola Lei funciones públicas, nas que a súa orixe, organización e funcións non
dependen só da vontade dos asociados, senón tamén, e en primeiro termo, das
determinacións obrigatorias do propio lexislador. O carácter complexo do réxime xurídico dos
Colexios Profesionais e a falla de uniformidade do sistema, implica necesariamente que debe
adaptarse á natureza pública ou privada en función da actividade que desempeñe o Colexio
en cada momento.
A configuración como Corporacións de Dereito Público de base privada que desenvolven
funcións públicas, xustifícase polo cumprimento de diferentes intereses públicos, entre os que
poden mencionarse a ordenación do exercicio profesional, o cumprimento das normas
deontolóxicas, o exercicio da potestade sancionadora, os recursos procesuais, a defensa dos
dereitos e intereses de consumidores e usuarios, etc.
Do conxunto de funcións que teñen encomendadas os Colexios Profesionais polo artigo 5 da
Lei 2/1974, do 13 de febreiro, de Colexios Profesionais, só poden considerarse como públicas
unha parte do total das que desempeñan, isto é, aquelas funcións que o Estado encomenda
ou delega nestes entes, como pode ser a representación e defensa dos intereses do sector
ante as diferentes Administracións con competencias na materia, a regulación da profesión, a
colaboración destas Corporacións coas Administracións públicas para o exercicio de funcións
relacionadas co sector, as funcións que lle puidera delegar a Administración, etc.. dado que o
resto son funcións dirixidas ao interese particular. Deste xeito, pódese soster que só o
exercicio das ditas funcións públicas é o que se suxeita a Dereito Administrativo e, en
concreto, á lexislación sobre procedemento administrativo e, ademais, só os actos ditados no
cumprimento de tales funcións públicas que teñen atribuídas os Colexios son susceptibles de
recurso contencioso-administrativo. Neste sentido, cabe lembrar que están suxeitos a Dereito
Administrativo os actos relativos á organización e funcionamento das Corporacións e o
exercicio das funcións administrativas que teñen atribuídas pola lexislación que as rexe ou que
lles foron delegadas por outras Administracións Públicas, entre as que se atopan as memorias
anuais de xestión, actas e convocatorias das sesións de Xunta de Goberno e das Asembleas
Xerais e balances e orzamentos económicos, polo que procede a estimación da reclamación
presentada.
Segundo indica o informe remitido polo Colexio, non se publican as memorias anuais de
xestión e os balances e orzamentos económicos, que é a información solicitada polo
interesado, de forma separada, senón que a dita información recóllese nas Actas das
Asembleas Xerais que foron debidamente comunicadas ao colexiado solicitante de
información, como a todos os colexiados, e a información pode ser consultada na páxina Web
do Colexio.
De acordo co anterior, ao terse facilitado ao solicitante, a través da comunicación das actas a
información requirida, procede a desestimación da presente reclamación.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Única: Desestimar a reclamación presentada por XXX con data do 12 de agosto de 2022,
contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o
Colexio Oficial de Delineantes e Deseñadores Técnicos con data 14 de marzo de 2022, de
acceso á determinada información administrativa dese colexio correspondente aos exercicios
2019, 2020, 2021 e 2022.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.