Estimada 29/11/2022 · 111 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante la solicitud de acceso a documentación de un expediente de licencia municipal al Concello de Baiona

El interesado solicitó al Concello de Baiona acceso a alegaciones y un convenio de un expediente de licencia municipal. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder a la solicitud en 10 días hábiles.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición.
2 La reclamación es admitida por haberse presentado en plazo, considerando que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
3 Se rechaza el argumento del Ayuntamiento de que la solicitud era abusiva o reiterativa por haber tenido el interesado acceso previo a la documentación en otros procedimientos.
4 El derecho de los ciudadanos a solicitar información implica el derecho a recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
5 La falta de una resolución expresa por parte del Concello de Baiona justifica la estimación de la reclamación.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 26 de agosto de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de novembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Con data do 2 de setembro de 2022, tivo entrada oficio remitido pola oficina de rexistro do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno á Comisión da Transparencia de Galicia, co que remite reclamación presentada con data do 10 de agosto de 2022 por XXX, fronte á desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Baiona con data 3 de xuño de 2022, de acceso ao escrito de alegacións e demais documentación que obra no expediente de reposición da legalidade adoptado pola Xunta dese goberno local en sesión ordinaria celebrada o 27 de setembro de 2012. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada. Segundo. Con data do 9 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Baiona para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola Administración foi o 13 de setembro de 2022. Terceiro. Con data do 20 de outubro de 2022 o Concello de Baiona contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 19 de novembro de 2020 o reclamante solicitou que se lle facilitase copia la licenza de obras de execución dos muros de peche da parcela sito en XXX, no que se tramitou expediente de acceso á información pública e no que consta informe desfavorable de acceso por parte do Técnico da Administración Xeral así como resolución de alcaldía desestimando a pretensión de acceso. Con data 06 de xuño de 2022 o reclamante presentou nova solicitude de acceso a información, neste caso solicitando certificación ou copia autenticada de alegacións, así como convenio entre propietarios lindeiros sobre alteración de rasante que obran no expediente administrativo municipal de concesión de licenza municipal sobre a referida finca, e dado que a documentación solicitada forma parte do mesmo expediente ao que o solicitante xa tivo acceso, en caso de acceder a súa petición estaría en contradición coa referida resolución de alcaldía. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Non consta que o Concello de Baiona resolvese expresamente a solicitude de acceso á información presentada, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou ao Concello, acceso ás alegacións e un convenio entre propietarios lindeiros sobre alteración de rasante, que obran nun expediente administrativo de concesión de licenza municipal, sen obter resolución expresa da súa solicitude. No informe remitido polo Concello, faise constar que xa se tramitou un expediente de acceso á información sobre o mesmo expediente, no que consta informe desfavorable de acceso por parte do Técnico da Administración Xeral así como resolución de alcaldía desestimando a pretensión de acceso. Na copia do expediente remitida polo Concello, consta Resolución do 26 de maio de 2021, na que se inadmite a solicitude de obtención de copia da licenza, dado que a documentación solicitada xa foi posta de manifesto ao interesado no ano 2016, cando mediante escrito presentado o propio interesado en data 11 de novembro de 2016, recoñece ter visto o expediente administrativo de obras de peche da finca referida, e a licenza obxecto deste expediente foi incorporada ao expediente administrativo que o Concello de Baiona remitiu ao Xulgado do Contencioso – Administrativo nº 2 de Vigo co gallo da tramitación do Procedemento Ordinario nº 431/2017, derivado dun recurso contencioso – administrativo presentado polo agora reclamante, polo que trátase de documentación que xa se lle facilitou en dúas ocasións anteriores, razón pola que debe cualificarse de abusiva e reiterativa. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública e no presente caso, non consta que polo Concello se ditase resolución expresa sobre a solicitude presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 10 de agosto de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Baiona con data 3 de xuño de 2022, de acceso ao escrito de alegacións e demais documentación que obra no expediente de reposición da legalidade adoptado pola Xunta dese goberno local en sesión ordinaria celebrada o 27 de setembro de 2011. Segundo: Instar ao Concello de Baiona a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Baiona a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.