Estimada 29/11/2022 · 125 días en resolverse

Reclamación de un concejal contra el Ayuntamiento de Vigo por denegación de acceso a expedientes de programas de empleo (2015-2022), resuelta con estimación

Un concejal solicitó al Ayuntamiento de Vigo acceso a expedientes de programas de empleo desde 2015. El Ayuntamiento denegó el acceso alegando que la petición era genérica y voluminosa. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación, considerando que la solicitud estaba identificada y que, al ser expedientes electrónicos, no existe una carga administrativa que justifique la denegación.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión de Transparencia de Galicia es competente para resolver reclamaciones de concejales en el ejercicio de sus funciones, aplicando la normativa de régimen local y, supletoriamente, la de transparencia según la sentencia del Tribunal Supremo 312/2022.
2 Se desestima el argumento de la administración sobre la formulación genérica de la solicitud, ya que los programas de empleo solicitados estaban perfectamente identificados por su denominación.
3 El volumen de información o su complejidad puede justificar una ampliación del plazo de respuesta, pero no constituye una causa válida para la denegación total del acceso a la información.
4 Al tratarse de expedientes electrónicos ya formados y archivados, no se acredita que su puesta a disposición perturbe el funcionamiento normal de los servicios municipales.
5 Se reconoce un interés público prevalente dado que la información es requerida por un cargo electo para el cumplimiento de su mandato representativo.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 27 de xullo de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de novembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27 de xullo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do concelleiro de Cultura e Emprego do Concello de Vigo do 14 de xuño de 2022, pola que se desestima a súa solicitude presentada na súa condición de concelleiro, de acceso aos expedientes de Obradoiros de Emprego e Programas Integrados de Emprego dende 2015, expediente Vigo pola Inserción Laboral e Vigo polo emprego da Xuventude financiado polo programa de Garantía Xuvenil. O reclamante en resumo indica que con data do 7 de xuño de 2022 solicitou ao Concello de Vigo acceso aos expedientes completos, incluíndo os datos dos docentes, facturas de material e de empresas dos expedientes dos Obradoiros de Emprego e dos Programas Integrados de Emprego dos anos 2015 ata a data da solicitude. Con data do 9 de xuño ampliou a solicitude aos expedientes Vigo pola Inserción Laboral e Vigo polo emprego da Xuventude, incluíndo os datos dos docentes e todos os datos económicos relativos a facturas de material e de empresas. Logo dos cinco días naturais ao da presentación sen se ditar nin notificar resolución denegatoria, por entenderse a petición realizada outorgada por silencio administrativo de conformidade cos artigos 77 da Lei de Bases de Réxime Local e 14.2 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais e 9.3 e 4 do Regulamento Orgánico do Pleno do Concello de Vigo, presentou escrito con data do día 22, requirindo acceso inmediato á información solicitada e autorizada por silencio administrativo. Con data do 23 do mesmo mes, logo de se producir o silencio administrativo, o Concello de Vigo emite resolución desestimatoria que lle notifica con data do 27. Indica que malia que a resolución leva data 14, a data da impresión para notificar na sede electrónica é do día 23 de xuño e así figura ao pé do documento, polo que considera que resulta evidente que a resolución non foi posta a disposición na sede electrónica para notificación ata o día seguinte a aquel ao que se produzo unha resolución presunta estimatoria. Considera que de conformidade co disposto no artigo 24.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que se produciu unha estimación por silencio administrativo, que ten para todos os efectos a consideración de acto administrativo definitivo do procedemento, e que a resolución expresa posterior á produción do acto só poderá ditarse se a confirma, polo que debe anularse por contravir a regulación do silencio administrativo e obrigar ao Concello de Vigo a que cumpra coa súa resolución presunta e dea acceso á información solicitada. O reclamante indica que a solicitude non é xenérica, expresa os expedientes sobre os que se solicita acceso e cumpre cos requisitos para ser admitida e a resolución desestimatoria fundaméntase en que nestes momentos non é posible facilitar a posta a disposición inmediata de todos os expedientes solicitados que se remontan ata 7 anos atrás, por ser incompatible o exercicio do dereito de información solicitado co normal desenvolvemento do servizo municipal, en atención ao volume da documentación e o tempo que precisa a súa preparación, xa que a dita petición xenérica implicaría dar acceso a máis de 1.000 expedientes tramitados, polo que cómpre que se efectúe petición individualizada respecto de que concretos expedientes se precisa acceder para poder permitir o acceso á documentación solicitada na medida das posibilidades que a tramitación dos ditos programas o permita. O reclamante indica que o solicitado non son todos os expedientes de emprego tramitados pola concellería correspondente do Concello de Vigo entre os anos 2015 e 2022, se non os correspondentes aos Obradoiros de Emprego e Plans Integrados de Emprego, que son dous programas financiados pola Xunta de Galicia e que se concretan, dependendo do ano de concesión, no caso dos obradoiros de emprego de dous obradoiros de emprego cada ano e nos Programas Integrados, de un cada ano, polo que é imposible que se trate de miles de expedientes. Do programa Vigo polo emprego da Xuventude o reclamante unicamente ten constancia dunha única convocatoria. Indica ademais que durante os períodos solicitados os expedientes son completamente electrónicos e non é preciso recabar documentación, nin fotocopiala nin trasladala senón unicamente facilitar acceso electrónico ou descargar a documentación nun dispositivo, dado que a tramitación electrónica xa comezara coa Lei 11/2007, de 22 de xuño, e no Concello de Vigo hai anos que se implantou a administración electrónica, todos os expedientes se tramitan electronicamente e dende logo todos os solicitados, que son dende o ano 2015. Tampouco é posible entender que o acceso aos expedientes poida perturbar o funcionamento dos servizos administrativos, dado que trátase de expedientes pechados, agás os do ano en curso, e por tanto, arquivados, son expedientes electrónicos e o Concello dispón de mais medios persoais, materiais e recursos de todo tipo, polo que pretender que o acceso a determinados expedientes da área de emprego colapse o funcionamento do Concello considera que é absolutamente inverosímil e non é nada mais que un pretexto para impedir o control político. O reclamante non se opón a que o acceso sexa gradual, por anos ou por tipo de expediente, logo de se nos facilitar unha relación dos expedientes solicitados e un cronograma de acceso, pero o que non é admisible é rexeitar de plano a solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución impugnada e do seu DNI. Segundo. Con data do 9 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de setembro de 2022. Terceiro. Con data do 11 de outubro de 2022 o Concello de Vigo contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a petición a realiza un concelleiro con data do 7 de xuño e ampliada o 9 do mesmo mes, solicitudes que foron acumuladas nun único expediente e resultaron desestimadas dentro do prazo legalmente establecido mediante resolución do 14 de xuño de 2022, e téndose efectuado notificación en data 15 de xuño de 2022. Posteriormente, consta tramitada unha reiteración da notificación o 23 de xuño de 2022, existindo na Xestión de Expedientes que en comunicación co Servizo de Informática se informa que con data 15 de xuño de 2022, houbo moitos problemas con la Red-e, e polo tanto, co Xestor de Expedientes, polo que remítese de novo a notificación ao solicitante con data do 23 de xuño de 2022. Na resolución desestimatoria indicábase que non é posible nestes momentos facilitar a posta a disposición inmediata de todos os expedientes solicitados que se remontan ata 7 anos atrás, ao ser incompatible o exercicio do dereito de información solicitado co normal desenvolvemento deste servizo municipal, en atención ao volume da documentación e o tempo que precisa a súa preparación, dado que a dita petición xenérica implicaría dar acceso a máis de 1.000 expedientes tramitados e se aclara que a mención aos máis de 1.000 expedientes tramitados se refiren só aos expedientes correspondentes aos programas solicitados polo concelleiro, polo que dado o elevado volume da relación de expedientes incluídos nos Anexos que xuntan ao informe, a estimación da solicitude nuns termos tan xenéricos, amplos e inconcretos implicaría ter que dar acceso a concretamente 1.436 expedientes, que foron os tramitados polo departamento competente en desenvolvemento dos Obradoiros de Emprego e dos Plans Integrados de Emprego, entre os anos 2015 e 2022, así como do programa Vigo polo emprego da Mocidade e do programa Vigo pola Inserción Laboral que Xunta como anexo ao informe. Indica o Concello que para facilitar o acceso aos expedientes electrónicos cómpre efectuar un trámite de visualización electrónica por parte do servizo de Administración Electrónica Municipal, que implica que o Departamento de Desenvolvemento Local e Emprego ten que indicar en que concretos expedientes se autoriza a dita visualización. En canto a opción apuntada polo reclamante, implicaría asignar ao persoal do servizo á tarefa de descargar toda esta documentación electrónica nun dispositivo, o que implicaría un elevado peso do soporte dixital, polo que tampouco semella o medio idóneo, se ben sería factible poder compartir todos e cada un dos arquivos descargables mediante o servizo de Nube Sede da Intranet Municipal, se así se precisase para o seu estudo que se pon a disposición da Comisión de Transparencia. Respecto da perturbación do funcionamento dos servizos administrativos o Concello indica que estas peticións xenéricas de información provocan, xa que tan só a elaboración destes Anexos implicou a participación en varias xornadas de traballo de parte do persoal adscrito á Concellería de Emprego, o que implica deixar a un lado o resto das tarefas encomendadas co único obxecto de reflectir a tediosa tarefa de elaborar a relación completa de todos os concretos expedientes que implicaría autorizar para facilitar a visualización solicitada en termos tan xenéricos, e que esperamos resulte o suficientemente exemplificativa para permitir o seu estudo pola Comisión de Transparencia de Galicia en atención ao elevado volume de expedientes aos que implicaría permitir o seu acceso. O servizo xestor desenvolve ao longo do ano diversas actuacións suxeitas a prazos perentorios por mor das convocatorias de subvencións ás que se presenta para optar ao desenvolvemento de distintos programas de emprego así coma dos contemplados no propio Orzamento Municipal. Por estas razóns e demais consideracións xurídicas anteriormente referidas, se motivou o rexeitamento da solicitude de acceso a información efectuada polo recorrente, xa que cómpre que se efectúe petición individualizada respecto de a que concretos expedientes se precisa acceder para poder permitir o acceso á documentación solicitada na medida das posibilidades que a tramitación dos ditos programas o permita. Considera que a desestimación da súa solicitude de acceso a información foi debidamente motivada en atención á formulación xenérica e inconcreta, que lonxe de pretender obstaculizar o dereito de acceso á información dos cargos electos locais, o que refería era a imposibilidade material da posta a disposición inmediata debido á inconcreción dos datos solicitados, o que implicaría un elevado volume de expedientes aos que dar acceso. Os programas sobre os que se solicita información son programas cofinanciados por outras administracións públicas, que poden implicar un número variable de expedientes para o seu desenvolvemento segundo as súas propias especialidades, correspondendo cada expediente a cada unha das fases de tramitación do programa (solicitude e aceptación da subvención, selección e contratación do persoal beneficiario, contratación de servizos e subministracións, tramitación de facturas e modificacións orzamentarias, becas de desprazamento, disciplinarios, xustificacións, etc) polo que cómpre especificar respecto de que concreta información se solicita o acceso, para poder identificar os expedientes e solicitar ao servizo de Administración electrónica que conceda ao interesado trámite de visualización. Xa que logo, e en atención ao elevado volume de expedientes solicitados reflectidos nos Anexos, resultan acreditados os argumentos que xustificaron a desestimación da solicitude de posta a disposición inmediata da petición xenérica efectuada polo voceiro do Grupo Municipal Popular no perentorio prazo legal dos 5 días naturais para a súa tramitación. Afirmase que de toda a documentación relativa aos Obradoiros de Emprego e Programas Integrados, deuse conta en cada unha das convocatorias correspondentes á Consellería de Emprego da Xunta de Galicia aos efectos de dar cumprimento á preceptiva xustificación dos gastos subvencionados, téndose sometido ademais ás auditorías previstas nas respectivas convocatorias e dos programas financiados con cargo ao Fondo Social Europeo, "Vigo polo Emprego da Mocidade" e "Vigo pola Inserción Laboral", se ten remitido ao órgano intermedio de verificación do Ministerio correspondente, toda a documentación xustificativa das subvencións financiadas con fondos europeos e constan publicados no Portal de Transparencia do Concello de Vigo os datos das contratacións efectuadas, en canto obriga de publicidade activa imposta por mor da normativa de transparencia e bo goberno, que está a disposición de todos os cidadáns. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución con data do 27 de xuño de 2022 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 27 de xullo de 2022, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Cuestión previa: Competencia da Comisión da Transparencia de Galicia para a resolución de reclamacións contra solicitude de acceso á información presentadas de acordo coa normativa de réxime local por concelleiros no exercicio das súas funcións. A Comisión da Transparencia de Galicia ven inadmitindo dende a súa posta en marcha, as reclamacións contra resolucións expresas ou por silencio administrativo presentadas no exercicio das súas funcións e de acordo coa normativa de réxime local, por concelleiros/as. Antes da entrada en vigor da Lei 19/2013, existían xa normas que, en determinados ámbitos, regulaban o dereito de acceso á información, entre a que podemos atopar a referente ao acceso á información por parte dos cargos representativos locais no exercicio da súa función. Como dereito fundamental no exercicio dunha función representativa (artigo 23 da Constitución Española), este dereito é desenvolvido na Lei 7/1985 e no o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, que recoñece o dereito dos membros das Corporacións locais de obter do Alcalde ou Presidente ou da Xunta de Goberno canta información ou documentación se atope en poder da entidade local que resulte necesaria para o exercicio das súas funcións representativas e establece ademais o procedemento para a súa obtención, o sentido do silencio, e o deber de gardar reserva en relación coa información obtida. Así mesmo, o acceso á información por parte dos membros das corporacións teñen dúas vías de protección ordinaria -o recurso potestativo de reposición e o recurso contencioso- administrativo-, ademais de garantías adicionais como son o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa regulado pola Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e o recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional. En base ao anterior, ao existir un procedemento específico de acceso á información por parte dos/as concelleiros/as no exercicio da súa función e en exercicio dun dereito fundamental, de acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, que establece que rexeranse pola súa normativa específica aquelas materias que teñan previsto un réxime xurídico específico de acceso á información, a Comisión da Transparencia de Galicia viña inadmitindo as reclamacións presentadas por concelleiros/as contra resolucións expresas ou presuntas no exercicio das súas funcións e de acordo coa normativa de réxime local. A sentenza do Tribunal Supremo 312/2022, do 10 de marzo, estableceu que o alcance que atribúe a xurisprudencia á expresión establecida na disposición adicional primeira.2 da Lei 19/2013, referido a que naquelas materias que teñan previsto un réxime xurídico específico de acceso á información rexeranse pola súa normativa especifica, e por esta Lei con carácter supletorio é que o feito de que na normativa de réxime local exista unha regulación específica, no plano substantivo e procedimental do dereito de acceso á información por parte dos membros da Corporación, de ningún xeito exclúe que, con independencia de que se faga uso ou non, do recurso potestativo de reposición contra a resolución que denegue en todo ou en parte o acceso á información, que o interesado poida formular a reclamación que se regula no artigo 24 da Lei 19/2013. A dita Lei contempla a súa aplicación supletoria mesmo naqueles ámbitos nos que existe unha regulación específica en materia de acceso á información, e, doutra parte, establécese que a reclamación prevista na normativa sobre transparencia e bo goberno substitúe ao recurso de alzada alí onde estivese previsto (o que non é o caso do ámbito local ao que se refire a presente controversia), deixando en cambio a salvo a posible coexistencia da devandita reclamación co recurso potestativo de reposición. De acordo co anterior, non procede a inadmisión da reclamación presentada polo feito de que o reclamante presentara a súa solicitude na súa condición de concelleiro no exercicio das súas funcións e de acordo coa normativa de réxime local, debendo aplicarse esta normativa e de forma supletoria a de Transparencia. Sexto.- Análise do expediente O reclamante solicitou acceso a determinados expedientes que se atopan en poder do Concello, e que identifica de forma concreta, que son os expedientes de Obradoiros de Emprego e Programas Integrados de Emprego dende o ano 2015 ata a data da solicitude, e dous expedientes mais de Vigo pola Inserción Laboral e Vigo polo emprego da Xuventude financiado polo programa de Garantía Xuvenil. De conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, todos os membros das Corporacións locais, é dicir, tanto os concelleiros/as que formen parte do goberno local como da oposición, teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións figuren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función, debendo resolverse motivadamente a solicitude, no prazo de cinco días naturais seguintes a aquel na que a solicitude se presentou. O artigo 14 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), establece que a petición de acceso ás informacións entenderase concedida por silencio administrativo no caso de que non se pronuncien resolución ou acordo denegatorio, que en todo caso debe ser motivado, no termo de cinco días contado desde a data de solicitude. No presente caso, a solicitude presentouse con data do 7 de xuño de 2022, e ampliouse o 9 do mesmo mes (acumulándose ambas) e resolveuse expresamente sobre as mesmas con (desestimándoas) por resolución do 14 de xuño de 2022, e téndose efectuado notificación con data do 15 de xuño de 2022, se ben de forma infrutuosa ao facerse a notificación de forma electrónica e producirse problemas coa Red-e, e polo tanto, co Xestor de Expedientes, polo que debe considerarse que a resolución ditouse e notificouse en prazo, non producíndose o silencio positivo e téndose practicada de novo a notificación ao solicitante con data do 23 de xuño de 2022. O artigo 16 do ROF establece que a consulta e exame concreto dos expedientes, libros e documentación en xeral de calquera expediente ou antecedentes documentais poderá realizarse, ben no arquivo xeral ou na dependencia onde se atope, ben mediante a entrega dos mesmos ou de copia ao membro da Corporación interesado, tendo os membros da Corporación o deber de gardar reserva en relación coas informacións que se lles faciliten para facer posible o desenvolvemento da súa función, singularmente das que han de servir de antecedente para decisións que aínda se atopen pendentes de adopción, así como para evitar a reprodución da documentación que poida serlles facilitada, en orixinal ou copia, para o seu estudo. De acordo con esta normativa, o concelleiro solicitante, ten dereito de acceso aos expedientes de obradoiros de emprego e programas integrados e de Inserción Laboral e emprego da xuventude solicitados. Non se poden compartir as afirmacións feitas no informe remitido polo concello de que a solicitude esta formulada de forma xenérica ou en termos xenéricos, amplos e inconcretos, por canto solicitouse acceso aos expedientes tramitados dos Obradoiros de Emprego e Plans Integrados de Emprego, (programas financiados pola Xunta de Galicia) e dous programas mais perfectamente identificados pola súa denominación. O feito de que a información poida ser voluminosa ou que teña unha complexidade que faga necesario un proceso específico de traballo ou manipulación para conseguila, pode xustificar unha ampliación de prazo para resolver, pero non pode xustificar en todos os casos, a denegación da solicitude, debendo valorarse en cada caso factores tales como o volume de información que se está a solicitar, o esforzo que para o órgano vai a supoñer recompilar a información e a repercusión sobre o cumprimento das súas funcións que vaia a supoñer e o interese público existente na difusión da información. Como indica o reclamante e confirma o informe do Concello, os expedientes solicitados tramitáronse de forma electrónica de acordo coa normativa de procedemento administrativo e Administración electrónica, e dicir, cada expediente, de acordo co disposto no artigo 70 da citada Lei 39/2015, é un conxunto ordenado de documentos e actuacións que serven de antecedente e fundamento á resolución administrativa, así como as dilixencias encamiñadas a executala, que se forman mediante a agregación ordenada de cantos documentos, probas, ditames, informes, acordos, notificacións e demais dilixencias deban integralos, así como un índice numerado de todos os documentos que conteña e no que debe constar copia electrónica certificada da resolución adoptada. Nos casos nos que deba remitirse debe facerse consonte o previsto no Esquema Nacional de Interoperabilidade e nas correspondentes Normas Técnicas de Interoperabilidade, e enviarse completo, foliado, autenticado e acompañado dun índice, así mesmo autenticado, dos documentos que conteña. A autenticación do índice garante a integridade e inmutabilidade do expediente electrónico xerado e permite a súa recuperación sempre que sexa preciso. Os expedientes solicitados, segundo a relación enviada no informe do Concello, salvo erro ou omisión, son dezaoito (con diversa documentación consistente na súa meirande parte en facturas, que pola súa contía deberon ser tramitadas como contratos menores, de conformidade co artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014), e como figura no informe do Concello, de toda a documentación relativa aos Obradoiros de Emprego e Programas Integrados, dotados con financiación autonómica, deuse conta en cada unha das convocatorias correspondentes á Consellería de Emprego da Xunta de Galicia aos efectos de dar cumprimento á preceptiva xustificación dos gastos subvencionados, téndose sometido ademais ás auditorías previstas nas respectivas convocatorias e dos programas financiados con cargo ao Fondo Social Europeo, Vigo polo Emprego da Mocidade e Vigo pola Inserción Laboral, se ten remitido ao órgano intermedio de verificación do Ministerio correspondente, toda a documentación xustificativa das subvencións financiadas con fondos europeos e constan publicados no Portal de Transparencia do Concello de Vigo os datos das contratacións efectuadas, en canto obriga de publicidade activa imposta por mor da normativa de transparencia e bo goberno, polo que non se considera que estea xustificada a denegación por tratarse dunha información voluminosa ou que teña unha complexidade que faga necesario un proceso específico de traballo ou manipulación que paralice o cumprimento do resto das funcións que ten atribuídas a unidade que ten que proporcionar a información, se non mais ben un conxunto de expedientes que non chegan a veintena, e que deben figurar completos en formato electrónico, de acordo coa normativa citada e as súas remisións ás Administracións que os cofinanciaron. Por outra banda, no presente caso non cabe dúbida do interese público no outorgamento da información solicitada por canto é pedida por un concelleiro libremente elixido, no cumprimento do mandato representativo da cidadanía para participar nos asuntos públicos. Respecto da forma de acceso, indica o Concello que para facilitar o acceso aos expedientes electrónicos cómpre efectuar un trámite de visualización electrónica por parte do servizo de Administración Electrónica Municipal, que implica que o Departamento de Desenvolvemento Local e Emprego ten que indicar en que concretos expedientes se autoriza a dita visualización, opción que non parece complexa, por canto no informe remitido polo Concello a esta Comisión, figura un anexo cun índice dos expedientes e os seus trámites e se considera unha opción factible a proposta polo Concello de compartir todos e cada un dos arquivos descargables mediante o servizo de Nube Sede (Servizo de compartición de ficheiros en nube) da Intranet Municipal. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 27 de xullo de 2022, contra a Resolución do concelleiro de Cultura e Emprego do Concello de Vigo do 14 de xuño de 2022, pola que se desestima a súa solicitude presentada na súa condición de concelleiro, de acceso á aos expedientes de Obradoiros de Emprego e Programas Integrados de Emprego dende 2015, expediente Vigo pola Inserción Laboral e Vigo polo emprego da Xuventude financiado polo programa de Garantía Xuvenil. Segundo: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada de acordo coa normativa de réxime local, e no non disposto na mesma, pola na Lei 19/2013. Terceiro: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.