Una ciudadana solicitó a la Consellería do Medio Rural el expediente completo sobre la supresión de un tramo de camino público. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación porque la administración no respondió expresamente ni justificó la denegación parcial de la información, instando a la entrega total de los documentos.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública es de amplio ámbito objetivo y subjetivo, abarcando cualquier documento elaborado o adquirido en el ejercicio de las funciones públicas.
2
La administración tiene la obligación de proporcionar una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
3
Se estima la reclamación debido a que la Consellería no resolvió la solicitud de forma expresa ni justificó la existencia de límites o causas de inadmisión para la información no entregada.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 23 de setembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de novembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 23
de setembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería do Medio Rural con data
2 de xuño de 2022, na que interesaba o acceso ao expediente íntegro relacionado coas
resolucións do Servizo de Infraestruturas Agrarias relativas a dous propietarios dunhas fincas
nun expediente que suprime o tramo final dun camiño público que deixa sen acceso a unha
finca da que XXX e que identifica coa súa referencia catastral.
A reclamante indicaba que solicitou con data do 5 de abril á Dirección Xeral de
Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, unha copia do expediente completo
das actuacións levadas a cabo, por parte da Unidade Administrativa correspondente, de
todo o referente á Resolución que ven recollida nas notificacións emitidas con data 18 de
decembro de 2009, polo Servizo de Infraestruturas Agrarias dirixidas a dous propietarios de
fincas nun expediente no que se eliminou parte dun camiño público e unicamente obtivo as
comunicacións da Resolución e os xustificantes de recepción. Con data do 2 de xuño de
2022, solicitou novamente o expediente íntegro do que derivou dita Resolución do 8 de
outubro de 2009, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e, no caso de non existir, a
certificación do órgano responsable manifestando a inexistencia do mesmo e os motivos e
circunstancias polos que non está dispoñible, dado que a dita Resolución suprime o tramo
final dun camiño público que deixa sen acceso a un predio da que é copropietaria e do que
indica a referencia catastral, sen recibir contestación.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 27 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 29 de setembro de 2022
Terceiro. Con data do 24 de outubro de 2022 a Consellería de Medio Rural contesta a
petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a reclamante solicitou con data do 5 de abril de
2022, copia do expediente completo das actuacións por parte de unidade administrativa
correspondente, de todo o referente á Resolución de 8 de outubro de 2009 e con data do 18
de maio de 2022, se lle remiten oficio e copia das Resolucións comunicadas a dous
interesados propietarios de fincas. Con data do 2 de xuño de 2022, a reclamante reitera a
súa solicitude de que lle sexa entregada unha fotocopia do expediente completo das
actuacións que deron lugar á referida resolución. Indica que este escrito está pendente de
resposta, xa que o único documento a maiores do entregado é un informe técnico interior.
Estableceuse contacto telefónico coa reclamante para explicarlle a situación e intentar
aclarar que de que información se dispón que puidera serlle útil, pero insiste en que quere o
expediente completo.
Indica a Consellería que pola información da que dispón, extraese que existe un conflito
entre os propietarios das parcelas segregadas da finca de reemprazo nunha concentración
parcelaria nos lindes causado polo trazado do camiño que separa as dúas zonas de
concentración.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento
fronte a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Medio Rural non resolveu expresamente a solicitude de acceso á
información, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou acceso completo dun expediente no que se elimina a parte final dun
camiño público, do que se lle remitiu unha parte do solicitado, estando por resolver sobre a
restante documentación, en concreto sobre a remisión dun informe técnico.
O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito
obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública no que o
posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra, é todo contido ou
documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou
elaborado no exercicio das súas funcións.
O obxectivo final da Lei é o escrutinio da acción pública, mediante o coñecemento do
proceso de toma de decisións como medio de rendición de contas dos responsables
públicos.
Os Tribunais de Xustiza pronunciáronse no senso de que o acceso á información debe
recoñecerse con carácter amplo, e así, o Xulgado Central do Contencioso-Administrativo nº 4
de Madrid, en sentenza nº 93/2017, do 17 de xullo de 2017, establece que o artigo 12 da Lei
19/2013 recoñece do dereito de acceso á información pública a todas as persoas, sen
distinción.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública. No presente caso, tal e como recoñece a Consellería no seu informe, non
se lle remitiu a información completa, sen que conste o motivo polo que non se resolveu
expresamente a solicitude, nin xustificación da existencia de límite algún ou causa de
inadmisión da información solicitada, polo que procede estimar a reclamación presentada.
A Consellería de Medio Rural non resolveu a solicitude de acceso á información de forma
expresa, polo que debe lembrárselle que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 23 de setembro de 2022,
contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a
Consellería do Medio Rural de acceso ao expediente completo no que se elimina a parte
final dun camiño público.
Segundo: Instar a Consellería de Medio Rural a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Medio Rural a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío á reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.