Estimada 29/11/2022 · 63 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo para acceder al texto íntegro de la Axenda enerxética de Galicia 2030 con resultado estimatorio

Se solicitó a la Vicepresidencia Primera y Consellería de Economía, Industria e Innovación el texto íntegro de la 'Axenda enerxética de Galicia 2030'. El solicitante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia estima la reclamación porque la administración no dictó resolución expresa y solo remitió un resumen ejecutivo, instando al organismo a responder formalmente.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante motive su petición.
3 La administración no puede sustituir la resolución expresa de acceso a la información mediante la remisión de un resumen ejecutivo ni la promesa de publicación futura.
4 La Consellería tiene la obligación de dictar una resolución expresa comunicando la fecha de publicación o facilitando el documento solicitado.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 27 de setembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de novembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27 de setembro de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación con data 3 de agosto de 2022, de acceso ao texto íntegro do documento “Axenda enerxética de Galicia 2030” elaborada pola dita Vicepresidencia. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 30 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 5 de outubro de 2022. Terceiro.- Con data do 28 de novembro de 2022, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación remite informe no que fai constar que con data do 25 de novembro de 2022 a xerente do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) emitiu o informe correspondente, que foi remitido ao interesado e no que se lle comunica que a documentación solicitada será feita pública pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en vindeiras datas. Non obstante, e co obxecto de atender á súa solicitude, con data 3 de novembro contestouse á súa solicitude achegándolle Resumo Executivo do documento para que puidera ir dispoñendo da información mentres non se materializara a publicación oficial. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón unha vez que o interesado tiña presentada a reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso ao texto íntegro ao documentación de Axenda enerxética de Galicia 2030 elaborada pola Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, sen ter obtido resposta á súa solicitude. A Vicepresidencia Primeira non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información, comunicando ao interesado que o documento será feito público pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en vindeiras datas, e remitiulle un Resumo Executivo do documento para que puidera ir dispoñendo da información mentres non se materializara a publicación oficial. Debe por tanto a Consellería, ditar resolución expresa sobre a solicitude recibida, comunicando ao interesado a data na que o documento vai publicarse. De acordo co anterior, procede estimar a presente Reclamación. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 27 de setembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación con data 3 de agosto de 2022, de acceso ao texto íntegro do documento “Axenda enerxética de Galicia 2030” elaborada pola dita Vicepresidencia. Segundo: Instar á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.