El recurrente solicitó la subsanación de una notificación del Ayuntamiento de Gondomar relativa al acceso a planos de caminos públicos, alegando que actuaba en representación de un tercero y no en nombre propio. La Comisión de Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque el error en la notificación no es materia de competencia de dicho órgano.
Puntos clave de la argumentación
1
La competencia de la Comisión de Transparencia de Galicia se limita a resolver reclamaciones sobre el acceso a la información pública según la Ley 1/2016.
2
La función del órgano es determinar si la información es pública y si existen límites legales justificados para denegar o restringir el acceso.
3
En este caso, no existe discrepancia sobre el contenido de la información solicitada, sino un error material en la notificación de la resolución.
4
La Comisión carece de competencias para corregir errores materiales en las notificaciones administrativas, debiendo el interesado solicitar dicha corrección directamente al Ayuntamiento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do
Valedor do Pobo o 27 de setembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada
o día 29 de novembro de 2022, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, con data do 27 de setembro de 2022, unha reclamación ao amparo
da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo
Goberno, contra a resolución da Concellaría de urbanismo do Concello de Gondomar do 20
de setembro de 2022, pola que se lle da acceso os planos do inventario de camiños públicos
onde aparece inventariada unha franxa do camiño pavimentado en Fontenla-Vilaza.
O reclamante indicaba que a solicitude presentada con data do 13 de setembro de 2022, onde
solicitaba copia dos planos do inventario de camiños públicos que reflictan a franxa
inventariada como ben municipal, que consta no expediente XXX a presentou en
representación de XXX e non en nome propio, polo que solicita a subsanación da notificación.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e a acreditación da
representación que ostenta.
Segundo. Con data do 30 de setembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Gondomar para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 4 de outubro de 2022, sen que polo
Concello se remitise copia do expediente de solicitude de acceso á información nin informe
sobre a reclamación presentada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta na documentación presentada polo interesado, a resolución
ditouse con data do 20 de setembro e o interesado presentou a reclamación con data do 27
do mesmo mes, debe admitirse por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou en representación dunha terceira persoa, o acceso aos planos do
inventario de camiños públicos onde aparece inventariada unha franxa de camiño que se
identificou na solicitude e o Concello resolveu sobre o acceso, concedendo este, se ben
notificou a resolución ao reclamante e non á persoa solicitante, representada polo
reclamante.
A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un
órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de
reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28
da mesma Lei.
Nas resolución das reclamacións, a Comisión debe determinar si a información solicitada é ou
non información pública, e no caso de que así sexa, determinar si concorre e está xustificada
a aplicación dalgún dos límites que establecen os artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, en cuxo caso
o acceso á información debe denegarse pola concorrencia do mesmo ou concederse de forma
parcial, previa omisión da información afectada polo límite, ou se concorre e está xustificada
a existencia dalgunha das causas de inadmisión establecidas no artigo 18 da mesma Lei, en
cuxo caso non procede o acceso á mesma.
No presente caso, non existe unha discrepancia do interesado coa información á que se lle da
acceso, senón un erro na notificación da resolución da solicitude, que en lugar de dirixirllo á
persoa representante da solicitante, diríxese ao representante como se a solicitude fose en
nome propio. Non é este erro na resolución, unha materia que poida resolver a Comisión da
Transparencia ao carecer de competencias para iso, debendo o interesado solicitar ao
Concello a corrección do erro material cometido na notificación.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar, a reclamación presentada por XXX, con data do 27 de setembro de 2022,
contra a resolución da Concellaría de urbanismo do Concello de Gondomar do 20 de setembro
de 2022, pola que se lle da acceso os planos do inventario de camiños públicos onde aparece
inventariada unha franxa do camiño pavimentado en Fontenla-Vilaza.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 171.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.